lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Remata Abril

Que no tema sanitario estase a portar moito millor, non esquencer que temos que vacunarnos, as vacunas saen da ciencia, da investigacion, son o millor que nos pode pasar.
Pois nada mañan escomenzamos o Maio, dia para celebrar os traballadores do mundo enteiro, a ver si o ano que ben deixamos a mascarilla na casa e reivindicamos sin tapamentos de boca, en LIBERDADE.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2021 12:40
DIARIO DE AROUSA


Por Anton Xil no Diario de Arousa

Antón Xil
Desde o faiado da memoria...

Moitos foron e son as persoas que en Vilagarcía de Arousa fixeron e fan un esforzo ímprobo por recuperar e manter activos moitos dos recordos individuais e colectivos que conforman o noso acervo sociocultural e forman parte da nosa historia contemporánea. Pero tan importante como recopilar ese material, estudialo e interpretalo é tamén poñelo en valor e divulgalo. E aquí quen se leva a palma é, ao meu modesto entender, O Faiado da Memoria, entidade que dirixe un tándem excepcional como é o conformado por Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro, tanto monta, monta tanto?
O seu traballo aprol do rescate do esquecemento de persoas, historias, figuras, xestos, heroicidades silenciosas, a cotidianidade do pasado ou a nosa intrahistoria fan desta entidade un elemento en si mesmo digno de toda loubanza e apoio por parte da cidadanía arousá.
Agora están con outra ?historia?, a protagonizada pola memoria individual e colectivas de tres persoas que teñen moito que dicir e que contar de Vilagarcía de Arousa como son José Recuna, Cándido Castro e Enrique Vidal (a orde en que vostedes os poñan dame o mesmo porque neste caso a orde dos factores non altera o produto senón todo o contrario, o resultado é fantástico).
O proceso de catarse vai ter lugar este xoves, unha catarsis transversal da Vilagarcía do século pasado con confidencias relatadas polos seus protagonistas que farán que viaxemos no tempo e na imaxinación da man de José Recuna ata as derradeiras veces en que a escuadra inglesa poñía pé no peirado da localidade e protagonizaba aqueles míticos partidos de balompé. Tamén poderemos rememorar aquel vello voo do zeppelin que mantivo a vista de toda a cidade fixa no ceo facendo un seguemento olliplático do paso ralentizado dese inxenio humano que podía flotar no aire ante a admiración dos veciños e veciñas da capital arousá.
Tamén se poderán revivir momentos tristes e complicados e tamén a dor estará presenta no repaso da nosa memoria con Cándido Castro e o propio comisario Enrique León que se mergullarán en acontecementos luctuosos como a explosión da pirotécnica Valladares ou o negro mundo do narcotráfico na Ría de Arousa.
En fin, que sin o traballo, o esforzo e a constancia de Margarita Teijeiro e Antonio Caeiro e o concurso do Faiado da Memoria e o coñecemento de transmisión oral que atesouran persoas como Recuna, Castro ou León quizais o acontecer de Vilagarcía sería, por desgraza, outra historia, ou non?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2021 12:11
Foise Maria Dolores Comendador Callon

A os que somos de Vilagarcia de sempre, decir que e filla de Lolita Callon e Monchete Comendador, familia coñecida e querida de este pobo no que cada vez somos menos os de sempre, afortunadamente ven xente a renovar a integrar a facer crecer en todolos sentidos.
Dia triste pois neste pobo que participa do dolor que hoxe sinte esta familia querida que despide a Maria Dolores.
A o seu Marido Fillos, Nai, Irmans, o noso sentido pésame.
Comentarios (26) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-04-2021 12:43
Catro anos sin el

Hoxe fai catro anos de aquel desconsuelo que sentimos no ultimo viaxe de Antonio. Sigue a estar a diario na nosa Memoria e no noso corazon. Para sempre

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-04-2021 08:25
Vive en mi
Disco de Maria Jesus Garrido, Cutus, filla do noso lembrado Daniel Garrido que precisamente pon a letra neste bonito traballo de nome AMOR MARIÑEIRO.

Noraboa Cutus, sigue a musica na familia Garrido.

Comentarios (2) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-04-2021 10:08
Finou Eva Barreiro

Tres dias mais tarde que a sua nai. Non o podemos crer, as veces a vida e un continuo torbellino de horrores. Como sabedes Rosario Garcia filla de Rosa Dominguez e Tucho Garcia,nos deixou para sempre fai tres dias. Rosa tiña unha tienda no Castro, agora mesmo cheganos a triste noticia que hoxe finou Eva a querida filla de Rosario e Jose Luis, a o que desde aqui enviamoslle o noso sentimento de pesar, a toda esa querida familia a que tanto queremos.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 23-04-2021 22:51
Non cambeamos de casa

Anunciamos que tal e como se pensaba tiñamos que cambear todo o da casa nova, pois ben chegamos a un acordo e quedamos tal e como estamos, somentes quitamos a marca de Photticc e quedamos como Faiado da Memoria, o dominio e noso e non hai que facer a mudanza dos mobles e decir facer un volcado de fotografias que a dia de hoxe serian once mil trescentas vinte imaxenes. Daba mediño. Bueno ahi queda eso, bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2021 08:06
Se foi Rosarito

Acabamos de enterarnos que fai dous días falleceu Rosario Garcia Dominguez, Rosarito, filla de Rosa e Tucho. Rosarito formara parte sempre das lembranzas da nosa infancia e adolescencia, formaba parte da miña segunda familia, a sua prima pequena Esperanzita era a miña amiga da alma, a nai de Esperanzita e a nai de Rosarito eran irmans, pero non calquera irman, eran únicas, non podían vivir unha sin a outra.
Eu Margarita desde moi pequena formaba parte de ese circulo, de esa familia. O pasamento de Rosarito deixame un sabor amargo, un valeiro na miña memoria, Rosario era unha boa persoa. A que eu quería, ainda que non nos viramos. A sua familia un abrazo cheo de sentimento.
Ata sempre Rosarito
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-04-2021 08:36
Vivindo Abril

O mes de Abril estase a portar moi ben no tempo, no solito como diria a Patiño, eso axuda a todo o mundo para ter unha vision mais optimista da vida. Queremos deciros a todos que botamosvos de menos, soñamos aquelas xuntanzas de cada ano, dia en Catoira, Ons, San Simon, Salvora, Cortegada...en fin esta epoca e dificil, extravagante, atipica, nunca pensamos vivir esto. Animo para todos, bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2021 07:59
En Maio

Gracias a o Diario de Pontevedra e a Fernando Salgado por a reportaxe
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 18-04-2021 09:21
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0