lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Adeus a o Abril

Que nos seus remates nos deixou abraiados, cheos de dor e deseperanza, despedimos a unha persoa a que queriamos infinitamente, a partir de onte aprendendo a vivir sin el.
A fotografia e Antonio na sua etapa do servicio militar, no cabaliño facian os recados para a sua unidade, suas irmans lembran velo pasar por Oia na percura de patacas.Bos dias, moitas gracias e moita saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-04-2017 08:11
Tristura na casa

Foi onte pola tarde/noite cando sonou o teléfono para decirnos que acababa de morrer Antonio.

A diario íamos a Vigo a facer guardias con outros familiares (gravado nos nosos corazóns o cariño do seu sobriño, Juan). Onte Antonio tivo que viaxar a Coruña e non fumos, pois onte tirou a toalla da vida, non o veremos mais, foise, estamos desolados.

Antonio sempre vivirá en nós, porque o queremos moito, pero non nos queda outra que despedirnos del, é duro, moi duro.

Gracias por vivir, e por darnos un exemplo de persona digna, traballadora, honesta e cabal, un verdadeiro exemplo de vida e de honradez que pervivirá para sempre no noso corazón e na nosa MEMORIA.



Gracias a todos e todas os que estivéchedes con nos na despedida ao meu pai, Antonio. Vaia isto como lembranza do seu paso pola vida.

Gracias, especialmente a xente de Vilagarcía e a comunidade de O Faiado da Memoria que estivéchedes presente, tanto no tanatorio como no sepelio. Gracias aos que tivéchedes un momento para escribir unhas palabras de alento neste momento que, ainda que esperado, non deixa de ser dooroso para nós.
Comentarios (10) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-04-2017 08:00
Agasallo para o Dia da Nai


Documental DESDE DENTRO DO CORAZON

DESDE DENTRO DO CORAZON e o primer documental que se fixo sobor Vilagarcia son duas horas de imaxenes con información e maravillosas fotografías dun povo precioso donde o mar formaba parte das nosas vidas, si o queredes mercar, poñedevos en contacto con nos, será outro bonito agasallo para obsequiar nas próximas datas
nON ESQUENCER...¡Duas horas¡ Entre outras cousas contamos o afundimento do Cabo Razo, historias de berberechos no Carril, pura memoria oral cos mariñeiros do pobo, a Escuadra Inglesa e a Vilagarcia que chegaba o mar as portas. Avala o documental O FAIADO DA MEMORIA.
Un bonito agasallo pra o DIA DA NAI
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-04-2017 20:56
Ata sempre Marivi

Falamos de Marivi Villaverde, filla de Rosina Otero e Elpidio Villaverde, primeiro Alcalde da Republica en Vilagarcia, Marivi era a filla do medio, levaballe dous anos a Paco o seu irman pequeño, e logo estaba Rosina a mais vella que era catro anos maior que Marivi. Marivi todo hai que decilo casou con Ramon Valenzuela ilustre militante da esquerda primeiro no Partido Galeguista e logo militante no Partido Comunista de Galicia, partido no que tamen militaba Marivi no seu dia.
Ela foise onta pola noite en silencio asi como era ela,, no mes de Xuño habera un acto para despedila en Adigna organizado por Jose Ramon e Fernando os seus fillos, a os que desde eiqui mandamoslle outra aperta sentida, moi sentida.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-04-2017 16:51
Imos falar de Ons

Esta imaxen e do pasado ano, na data na que visitamos Salvora, a volta nos sacamos esta fotografia no peirado de Vilanova. Este ano imos moitisima xente mais e pra ser organizados xa sabedes que temos unha conta aberta na sucursal de ABANCA na que hai que pagar a viaxe, quince euros persoa, moitos de vos xa o fixechedes, agora hai que empezar a ingresar os cartos, non queremos estar a ultima hora pendientes de este tema, o ingreso dos cartos sera o billete de embarque. O viaxe do FAIADO DA MEMORIA a Ons sera o dez de Xuño, sabado, a hora de ir entrando no barco sera as dez da mañan e o comenzo do viaxe as dez trinta. Lembrade que nenos hasta doce anos non pagan. Bos dias, moita saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2017 08:20
Día de la Bicicleta

La celebración del Día de la Bicicleta tuvo su origen en DeKalb, una ciudad estadounidense del estado de Illinois, en 1985. Thomas B. Roberts,6 por entonces profesor de la Universidad del Norte de Illinois ?hoy, profesor emérito de esa casa de estudios?, creó el nombre de «Día de la Bicicleta»; fue en su propio hogar donde tuvo lugar la primera celebración de este día. Varios años después, envió un anuncio confeccionado por uno de sus estudiantes a amigos y listas de internet para difundir la idea y su fecha de celebración.
Informacion de Wilkipedia.
Aproveitamos pra mostrar o escaparate de MAKE NOTES en Vilagarcia na rua Rúa Ramón e Cajal, 6, na exposicion do escaparate todo nos fala de bicicletas e...¿Como non? Tamen o noso libro PEDALEANDO POR VILAGARCIA que esta a venta na libreria Nobel, Pampin e a propia Make Notes, non deixedes de pasar por ali o escaparate merece a pena e o libro...tamen.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2017 17:33
Vades quedar de pelicula

Acércase o día da Nai é andas con dúbidas de que regalarlle?
Non o penses dúas veces, faille un agasallo con memoria, sentimento, ternura, agarimo: o documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN.
Xa sabes que, en Vilagarcía, poderás atopalo nas librerías NOBEL, PAMPÍN e MAKE NOTES.
Tamén o podes solicitar en calqueira tenda da cadena NOBEL de España. Non o terán a man, pero cho piden.
Cinco historias están esperando por espectadoras como as vosas nais... e ti tamén poderás acompañalas nesa viaxe a lembranza.
Foto: Acércase o día da Nai é andas con dúbidas de que regalarlle? Non o penses dúas veces, faille un agasallo con memoria, sentimento, ternura, agarimo: o documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN. Xa sabes que, en Vilagarcía, poderás atopalo nas librerías NOBEL, PAMPÍN e MAKE NOTES Tamén o podes solicitar en calqueira tenda da cadena NOBEL de España. Non o terán a man, pero cho piden.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2017 08:29
Xa temos horario de saida

De saida rumbo a Illa de Ons.Non protestedes, o horario marcao calquera menos nos, o armador do barco tense que plegar as ordenes de Parques Nacionais que son quen impoñen as normas, asi que o dez de Xuño sairemos do porto de Vilanova, as dez e media da mañan, polo tanto de dez a dez e media embarcamos. Pregase puntualidade, o patrón do Cormoran ten un tempo determinado para entrar a atracar en Ons, xa sabedes?.¡Puntualidade¡ Seria bo que me chamarades e me pasarades o voso móvil para calquer cousa que poida surxir. E non esquencer de ir pagar o viaxe, o xustificante de pago será o billete do barco.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2017 19:00
Estes son mis poderes

E unha carreira moi fertil a de Antonio Caeiro, o vemos na fotografia cos documentais creados por el e pasamos de puntillas polas creacions expositivas, en total catorce e polos traballos audiovisuais que leva feito, polos libros que ten no mercado, os cortos...na actualidade esta a traballar en dous documentais que penso poden ser verdadeiras xoias dentro do mundo audiovisual galego. Por certo decir que estes traballos xunto a o do libro PEDALEANDO estan a venta e agora que se acerca tempo de lecer como as proximas vacacions, ou o dia da madre e unha boa ocasion pra mercar os nosos traballos. Bos dias, moitas gracias
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-04-2017 08:28
Chegou Abril

Pois si xa levamos catro dias de Abril ese mes que sempre nos anunciaba aguas mil, desde logo, o seu comenzó non ten nada que ver co refrán pero ainda queda moito mes. A ver si o tempo e razonable e o cuarenta de Maio nos deixa quitar o saio e disfrutar da Praia do sol e dos paseos en Ons, Bos días, benvido Abril e moita saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-04-2017 07:54
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0