|
|
Ahi ven o maio |
|
 En outros tempos maio florido, maio da virxen, mi madriña canto levamos vivido...non imos poñernos pesimistas porque o que queremos facer e todo o contrario, dar esperanza de que entramos en outro mes o mes de Maio anteporta do vran, do sol da luz, do optimismo, algun dia iremos todos a millor, ese e o desexo do Faiado da Memoria para todos
|
|
|
|
Ten moito que ver con nos |
|
 Esto e unha cronica do diario El Mundo, xa sabedes que o Real Madrid xogou co Bayern de Munich, pois ben un dos encargados da seguridade do campo e do equipo aleman e Carlos Ocaña, sobriño do noso blogueiro Roberto...¡Aupa Vilagarcia¡ Sempre en vanguardia, a nai de Carlos a filla mais vella de Melala, emigrou a Alemania...¡buff¡ fai unha chea de anos.Carlos e un ciudadano aleman Nos publicamos esto porque e un orgullo para o noso pobo ter un Carlos Ocaña con unha responsabilidade importante nunha cidade alemana. Leede o artigo porfa:
|
|
|
|
Recuperando MEMORIA |
|
 Na nosa tarefa por recuperar a Memoria Visual de Vilagarcía dentro do proxecto O FAIADO DA MEMORIA está a de dixitalizar tódalas películas domésticas que poidamos.
Hoxe entregámoslle a Merchy e Marcelino unha copia da súa voda que dixitalizamos e sonorizamos a partires do seu orixinal en Super 8 mm. Alí atopamos uns músicos na voda comandados polo noso blogueiro Roberto Ocaña.
Dentro duns días entregarémos outro material en Carril onde se pode ver a farsa cun xoven Longa rendíndolle homenaxe ao señor José, o Gato, quen tantos anos estivo ao frente dela. Ou cando se inaugurou a escultura a Secundino García Ramos.
Ti tamén podes ser donante de Memoria gráfica. Ponte en contacto con nos a través dos facebook, do blog ou da páxina web. Contamos con todos e todas. |
|
|
|
Periplo de Amor e Mar |
|
 Bueno hoxe escribe Margarita a do Faiado pero tamen Margarita a nai de Olalla e Gonzalo Bouza. Os meus fillos recibiron do seu pai cando finou un D.N.I. e un pendrive, no que atoparon unhos cuantos poemas, hoxe que Gonzalo cumpliria sesenta e dous anos os fillos editan o libro cas derradeiras poesias como homenaxe a figura do seu pai.Se vende na direccion de internet que poñemos a o final de este texto, o libro costa sete euros como vedes se trata mais que nada de cubrir os gastos que non son nada baratos. Os que queirades comprar o libro e teñades problemas ca paxina, chamadenos xa sabedes que estamos para descomplicar as cousas. Gracias por leernos, por ser amigos, por eso tiñamos que compartir esto con vosoutros
Repetimos a nosa filla Olalla ten a venda o libro de poemas editado na memoria do seu pai. O seu costo para tempos de crisis, sete euros
O podedes pedir no seguinte link.
libro |
|
|
|
Finou Carmiña Fresco |
|
 Dias pasados, concretamente o vintedous de Abril deixounos Carmiña Fresco, que vivira os ultimos sesenta anos na rua coñecida hoxe en dia como de S Lucia, nos anos cincuenta era unha rua sin saida, o final as hortas e un rio donde as mulleres lavaban a roupa. Sentimos a morte de Carmiña, algunhas das suas sobriñas son donantes do Faiado e Carmiña era unha persoa de Vilagarcia de sempre. Que a terra lle sexa leve e o noso pesame para a sua familia |
|
|
|
Para Juana Maria Martinez |
|

Juana sempre foi unha muller afortunada, tiña unha nai que valia por catro a lembrada Virocha, desde nena un veciño Manolito Morgade o levaban da man a todos os eventos romerias procesions e festas as que acudian Juana e sua nai, facian esto porque os pais de Morgade tiñan unha panaderia no Carril, de aquela os panadeiros non tiñan vida propia...Juana e Manolo compartiron todo eso e logo se enamoraron, hoxe en dia da gusto como se miran, esto ben a conto porque hoxe Juana Maria Martinez esta de cumpleanos, e nos que a queremos e moito desexamoslle que a vida lle continue coma sempre...feliz. O merece
|
|
|
|
Para Montse Fajardo |
|
 Tamen queremos felicitar a nosa amiga e colaboradora Montse Fajardo, anda moi atareada ca promocion e venta do seu libro Matriarcas pero hoxe e un dia especial porque esta de cumpleanos, iso requiere parada, reflexion e pasalo ben, polo tanto, nena moitas felicidades e...A por el mar.
|
|
|
|
Un tiburon |
|
 Un tiburon en Vilaxoan e como non podia ser menos pescarono, soio a el se lle ocurreu pasar por ali. caeu nas redes de Antonio Duran Tarrio mais coñecido en Vilaxoan por Chatarra. Por certo tamen lle dou tempo a Antonio a retratarse co elemento. Pois moitas gracias veciño, porque non e nada bo ter pola ria unha cousa semexante, esto pasou fai unha chea de anos |
|
|
|
A Volta dos Nove |
|
Poñemos eiqui o primeiro trailer do documental A VOLTA DOS NOVE
|
|
|
|
Querida Chelo bo dia |
|
 Os domingos a tarde os do Faiado temos unha cita con uns amigos no Alboio de Cornazo, o Alboio e propiedade da familia Prego Cancelo, de Chelo e Antonio, os do Faiado somos novos no Alboio pero o Alboio ten solera moito antes que Margarita e Antonio se acercasen por ali. Hoxe Chelo Cancelo a nosa anfitriona do Alboio esta de cumpleanos e nos..¡Non faltaria mais¡ adicamoslle un bolero para que Antonio e mais ela boten un baile. Chelo tiveches a fortuna de atoparte con Antonio, de ter tres fillas maravillosas, de ir vivindo a vida con exito e saude
¿Que imos pedir? Pois de hoxe nun ano amiga, moitas felicidades
|
|
|
|
|
|
|