lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A DIA DE HOXE TEMOS NO BLOG 7301 FOTOS |
|

Andamos con prisa hoxe, por un acontecemento familiar que realmente, co corazón, fainos ilusión, tamen emoción... bueno, unha chea de sentimentos.
Xa veredes no facebook de Margarita algunhas fotos do día de hoxe... si todo vai ben. Pero non adiantemos acontecementos e vamos ao que vamos que para iso nos temos levantado ben cediño esta mañán: A subida de fotos.
Esta semán vades a poder disfrutar coas fotografías que se engadiron as seguintes galerías:
A Vilagarcía de Onte (17)
Posando (15)
Vilaxoán (2)
Queremos informar que desde China mándanse mensaxes ao noso blog de publicidade en forma de spam, nos vámolas eliminando pero pode quedar algunha, si por favor vedes algo mandade un correo. Graciñas blogueiros, e a pasalo ben. |
|
|
|
PENÚLTIMA DE ABRIL |
|

Logo de voltar do Madrid (da gusto sair de vez en cando, da gusto voltar sempre), da proxeccion de Arde Madrid (vala a redundancia)retomamos as nosas subidas.
Hoxe na Galería de Gaudeamus Igitur colocamos 6 novas fotografías e na de Tradicions nosas, Actos e Festas, 15
Cada vez é mais cercano o día de remate do documental Desde Dentro Do Corazón que resulta ser un brindis por Vilagarcía, un orgullo de ser, de sentirse, cerca do pasado esplendoroso dun pobo que se merecía ser millor tratado do que foi. Non é nostalxia, é unha consecuencia de repasar as hemerotecas, de revisar a nosa memoria visual... Chegáronnos a comparar con San Sebastián e Biarritz ¿Quen da mais? O noso documental fala como un libro aberto. O noso documental esta casi a rematar ainda que... (xa vos contaremos). |
|
|
|
O alto é Haro-Tecglen |
|
 Que é un dos protagonistas do documental feito por Antonio Caeiro e que se estrenou antesdonte, martes dezasete de maio, na Universidade Complutense de Madrid. Como sabedes o novo rector da universidade é Jose Carrillo, fillo do vello político comunista. Agradecemos a Universidade a súa acollida e colaboracion.
ARDE MADRID é un documental que trata da angustia e da agonía dos nenos nun Madrid asediado.
Para que podades ver unha selección de fotografías do acto celebrado en Madrid podedes visitar o blog de O Paseante onde están colocadas.
Con un pouco de humor o Antonio colocou no seu facebook outras fotografías que incluen a viaxe hasta Madrid que, loxicamente, non ten so un punto de saida (Vilagarcía) e un punto de chegada (Madrid) e volta, senón numerosos puntos intermedios. Por iso botaron 27 horas en cubrir todo o traieto. Como se foran en dilixencia. Podedes velo premendo aquí e leelos textos de cada foto que vos dan unha indicación de por onde andaban.
Disfrutade. |
|
|
|
Subida semanal |
|

Logo dunha semana un tanto triste, triste no sentido de que morreu xente do pobo e iso sempre doe, por moita xente que naza ou veña nova, nunca se poderá sustituir a xente que perdemos. Nunca.
Neste fin de semana, que nos despide do noso ámbito local e nos dispoñemos a recorrela meseta como fixeron os nosos antergos, ainda que nos non vamos a recollelo trigo nin de emigrantes (isto último pode ser que teñamos que facelo o paso que vamos) senón a presentalo documental do faiado, Arde Madrid a capital do reino, deixamos unha subidiña para que estedes entretidos e non nos votedes en falla demasiado.
As fotografías novas están colocadas nas seguintes Galerías:
Familia (17)
A Festa da Camelia e do Marisco (7)
Trabanca Sardiñeira (7)
Que chege dunha vez a primavera dos sentimentos, que abandonemos a tristura e luza o corazón no noso ser.
Disfrutade Amigos e Amigas que os días son cortos e hai que enchelos de ilusións e soños realizados. |
|
|
|
Mercedes López... deixóunos |
|
 Fai un tempo que estaba maliña, loitou contra o cancro... como ela sabia facelo todo, con pasión, con forza, porque Mercedes toda a vida foi unha loitadora, unha nai coraxe das de verdade.
A o final non hai forma, a morte e así... levouna.
Nos sentímolo de verdade, íamos ir a visitala, non hubo tempo... ¡Magoa¡ Queríamoslle a Mercedes, a toda a familia. Os seus fillos estiveron coidandoa hasta o final, tal e como súa nai merecía.
A Isabel, a Jesús, a Ernesto e Angelito, o seu irmán, un abrazo cheo de emoción. Non queremos esquencer nunca a Mercedes, a Tecelana, os seus ollos cheos de complicidade, o seu xenio cando algo se facía mal, tamén cos do Faiado, a quen donou todas as súas fotos, ela e os seus fillos.
Mercedes botarémoste de menos.
Os actos do enterro escomenzaran as cinco e media da tarde. |
|
|
|
Un dos nosos |
|
 Salvador falleceu dias pasados, o Faiado non se enterou, pero varias chamadas e un correo fixonos despertar, era unha persoa moi querida, sobor de todo en Trabanca Sardiñeira e Bamio.
ARTICULO DO DIARIO DE AROUSA
Fallece tras una larga enfermedad el expresidente de la entidad, Salvador Abalo
La familia de Cáritas Interparroquial de Arousa lloraba ayer la pérdida de Salvador Abalo Cores, un hombre entregado a la causa de los servicios sociales y de ayuda al prójimo que presidió la entidad benéfica y que falleció tras una larga enfermedad a los 58 años de edad.
Salvador Abalo fue nombrado presidente de Cáritas de Arousa en el año 2003 y fruto de su gestión se llevaron a cabo proyectos de relevancia como, por ejemplo, una apuesta por una mayor coordinación entre la entidad benéfica y los Servizos Sociais que se dispesan desde las administraciones tanto local como autonómica.
De la gestión de Salvador Abalo también surgieron iniciativas como la puesta en marcha de un proyecto agrícola para la inserción laboral de personas indigentes. Ya en un momento en el que no había crisis económica y en la que el número de personas necesitadas no era tan descabellado como ahora.
Salvador Abalo era considerado por todos como un ?gran hombre siempre dispuesto a ayudar a los demás?.
Ayer fueron muchísimas las personas que se acercaron hasta el Tanatorio de Rubiáns para velar su cuerpo dado que era muy conocido por toda la localidad y, especialmente, en Sobradelo.
Está previsto que el cortejo fúnebre salga hoy a las cinco de la tarde del tanatorio para dirigirse justo a continuación a la iglesia parroquial de Sobradelo donde se va a celebrar el funeral a cuerpo presente rodeado por familiares y amigos que quieran darle su último adios
O Faiado unese as mostras de respeto e pesame dirixidas a familia de Salvador |
|
|
|
SAUDE ÁS ÁRBORES DA PRAIA COMPOSTELA |
|

Porque lles debemos unha lembranza, onte taláronos, xa non están a beira da praia Compostela como o estiveron toda a vida, a beira da estrada que viron crecer e transformar e que ao final, como un Saturno de asfalto, acabou devorándoos.
Seguimos a lamentarnos pero os da poltrona nin caso, a poltrona imprime caracter e anula a debilidade.
Pensábamos que os bancos de Ravella sería o punto mais álxido da destrución do noso Patrimonio emocional-sentimental, pero ainda non acabamos de sorprendernos. Alguén virá que nos deixará abraiado.
Pois, saude ás arbores da Praia Compostela e pola nosa saude como Vilagarcianos e Vilagarcianas (si, con maiúsculas, e porque non?).
Na súa honra, como un homenaxe dos nenos e nenas que xogamos a súa beira, na Galería da A Festa da Camelia e do Marisco fixemos unha subida de sete fotos.
Disfrutade e non choredes por eles, por que iso vos impidirá realizalos comentarios comodamente.
Dentro de poucas horas continuaremos coa subida. Isto só é un adianto. |
|
|
|
DEIXOUNOS ELISA LOPEZ |
|

Elisa quedou viuda moi noviña de Eduardo Troche un dos queridos fillos da Sra Mercedes a Carrachaza, de aquela boa xente, de aqueles bos veciños cando en Vilagarcia eramos a cuarta parte do que somos agora, na actualidade. Elisa era sobor de todo unha persoa discreta, unha gran nai sempre pendiente do que necesitaban de ela, nunca do que ela necesitaba.
A Elisita e Eduardo os seus fillos, a sua nora Elsa e seu xenro Jose Manuel, os seus netos, irmans e a toda a familia en xeral, o noso sentimento de pesame e respeto polo pasamento de Elisa, unha veciña exemplar
O enterro sera hoxe xoves dia 12 as catro e cuarto da tarde, primeiro acto na parroquial e logo o cementerio de Vilagarcia
|
|
|
|
FINOU MOISES |
|

Hoxe para os do Faiado é un día triste... moi triste. As cinco da tarde enterrouse no Carril a Moisés Saavedra, o home de Pichuca Araujo, pai de Ángeles e Moisés.
Enterámonos un cuarto de hora antes do seu enterro que morrera. El era unha persona boa, desas que deixan marca. Ángeles, a súa filla, e mais eu, Margarita a do Faiado, íamos de nenas xuntas para as Filipenses. Con nos ían Milucha Iglesias, Natividad Rodríguez, María Josefa González... penso que desde aquela non voltamos a vernos.
Moises foise para Porriño a traballar e como é lóxico levou a súa familia.
Ángeles casou pasado o tempo e tivo unha única filla, Tania. En realidade era Tania Vergano Saavedra, unha rapaza de trinta e cinco anos, que faleceu o pasado día catro deste mes de abril, unha semana despois, so unha semana, finou seu avó Moises. Hoxe se nos dixo que morreu de pena.
A vida as veces é dura como un cardo. Esta xente, esta boa xente, non se merece esto. Eles non. Ángeles, a nosa amiga-nena, ten o corazon totalmente roto, nunha semana enterrou a súa única filla e a seu pai. Ángeles era neta de Ramiro Araujo, o Ferreiro, e de Asunción.
Menos mal que Ramiro e Asunción non viviron para ver outras traxedias vividas polos seus fillos.
Nunhos dias en Trabanca Sardiñeira faremos unha subida de homenaxe a familia Saavedra-Araujo |
|
|
|
IMOS A MADRID |
|
 Como tantas veces a asociacion AMESDE, coa colaboracion da Universidade Complutense de Madrid, volven a solicitar os traballos de Antonio Caeiro.
Neste caso, ademáis, fala deles, dos madrileños, dos seus Pais e Avós, do que viviron, do que sufriron no medio das bombas que cairon naquela salvaxe e cruel guerra que durou tres anos.
O martes, 17 de abril de 2012, as 18:30, no Salón de Actos da Biblioteca Marqués de Valdecillas, na rúa Noviciado, 3 de Madrid, proxectaremos ARDE MADRID.
ARDE MADRID é un documental realizado por O Faiado producións sobre a vida dos nenos no medio dos cascallos dunha cidade sitiada durante os tres anos da Guerra Civil española.
Nel interveñen Concha Carretero, Eduardo Haro Tecglen, Ángeles García-Madrid, Vicente Ibáñez, Manuel Sánchez, Carmen Ortiz, Maruja Borrel, Martín Blanco, Felisa Trampal, Carlos Sánchez, Nieves Torres, Cristobal Yagüe, Jesusa Martín e Julia Redondo que van relatando os seus medos, as súas ilusións, a súa fame en fin, as súas vidas durante eses días e os meses posteriores ao fin do conflito armado.
Artigo publicado en El País sobre a súa estrea en Galicia:
http://elpais.com/diario/2011/04/16/galicia/1302949099_850215.html
Quedan todos/as invitados ao pase no Salón de actos da biblioteca Marqués de Valdecillas da U.C.M.
|
|
|
|
|
|
|
|
|