lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
43 novas fotos |
|
 Na recta final da exposición XENTE NOSA, xa que remata esta semana no auditorio pasando os paneis a unha xira polos centros de ensino de secundaria, damos paso a unha nova serie de fotografías.
O total desta mañán de martes (non te cases nen te embarques) é de 43 fotografías repartidas nos seguintes espazos: 15 en A Vilagarcía de onte, 11 en Os deportes chegaron..., 5 en Os Amigos, 4 fotografías escolares en Gaudeamos Igitur e 3 en Soan campás de Voda. Logo abrimos un espazo novo, que é Familia con 5 fotografías.
Qe disfruten e sigan engadindo comentarios que nos van servindo para ampliar a nosa base de datos sociais.
|
|
|
|
De visita a exposición XENTE NOSA |
|
 Cun lixeiro retraso informamos da visita dos alumnos do IES do Carril a exposición XENTE NOSA.
Como sempre a iniciativa parte da profesora do devandito instituto, Esther, que coas súas explicacións sobre a historia da vila, a partires das exposicións fai deste coñecemento algo mais ameno.
A exposición, unha vez rematada o seu tempo, o día 30, comenzará un periplo polos centros universitarios.
O primeiro será, precisamente, o do Carril e a continuación o Bouza Brey.
Tamén realizará unha xira a exposición VILAGARCÍA, IMAXES DA MEMORIA polos distintos centros socioculturais de Vilagarcía. En breve daremos unha relacións dos lugares e datas polos que vai pasar. |
|
|
|
TRADICIÓNS, un comenzo |
|
Abrimos un espazo novo: Tradicións nosas. Nel vamos a ir colocando as fotografías que, sobre os distintos xogos ou tradicións, vaiamos atopando ou que xa teñamos con nos e necesitamos mostrar.
Comenzamos cunhas poucas que iremos facendocrecer en días vindeiros.
Que disfrutedes. |
|
|
|
Máis FOTOS nas galerías |
|
Como hoxe é domingo, pois temos algo de tempo para poder subir algún material ó blog.
Esta vez decidimos ampliar espazos xa esistentes. Así que nos puxemos a buscar e agrandamos o espazo de Terra de Artistas con 5 novas fotos, Vamos de Parranda con 6 e Soan Campás de Voda con 16.
E como ainda son as once e media da mañán, horario peninsular, ainda é posible que se introduzan algunha mais.
Non deixen de seguir prestándolle atención a súa pantalla (da computadora, claro). |
|
|
|
Reposición da exposición VILAGARCÍA, IMAXES DA MEMORIA |
|

Para as personas que non tiveron o querían volver a vela, estamos repoñendo os paneis da exposición VILAGARCÍA, IMAXES DA MEMORIA, no segundo piso do Auditorio de Vilagarcía, xusto a entrada da Concellería de Cultura.
A exposición estivera o ano pasado na sala de exposicións Antón Rivas Briones e a partires da súa finalización estivo polos diferentes institutos da Vila. Unha vez rematado este ciclo e antes de comenzar un novo que é polos distintos centros socioculturais, exhíbese como complemento e recordatorio da exposición do primeiro piso XENTE NOSA.
Este enclave no que se atopa permítenos ver, a través dos ventanais do auditorio, a exposición e, o mesmo tempo, os espazos reais que se mostran en eles, ou polo menos a lembranza de onde estaban.
O horario é o mesmo, xa saben, de oito da mañán e de forma ininterrumpida asta as 10 da noite e de luns a sábado.
Que a disfruten. |
|
|
|
Domesticando espazos |
|

Pasamos a primeira semana da exposición de XENTE NOSA no auditorio.
Foi un momento difícil xa que para nos o espazo do auditorio é unha praza que, a pesar de que non podemos estar descontentos pola asistenza de público a nosa exposición, sempre consideramos difícil.
Dificil por moitas circunstancias. Especialmente polo baleiro de material humano que hai polas súas salas.
A xente de Vilagarcía parece que ten reparo pisar ese lugar. Como si o ter estado alí o mar lle producese algún reparo especial. Ou quizais polo descoñecemento do que alí se mostra. Ou por que algunha persona descoñece ese lugar. O que si é certo é de que resulta difícil ver por alí algunha persona que non vaia expresamente a realizar algunha función administrativa, a concellería de cultura, ou a algunha actuación de música ou teatro (ainda que tampouco na cantidade que se podía esperar dunha cidade como esta que tampouco está tan sobrada de celebracións cultuais). Fora diso é extraño que pisen ese lugar.
E sen embargo hai máis vida. Nestes momentos aparte da nosa mostra, conviven entre esas paredes tres mostras mais: unha sobre a segunda república, outra sobre a censura e outra dos alumnos de bacharelato artístico do IES do Carril. Pero é que ademais é o lugar de ensaios dos grupos musicais de Vilagarcía ou a impartición de clases do conservatorio. Suficente para que o lugar fora un foco de concentración de xente. Outros pobos, con mais caudal humano que o noso lle é complexo atopar tanto en tan pouco espazo...e sen embargo desprézase. Gustaríanos saber as razóns, o porqué. É un momento para opinar. Un momento para dar un xiro. |
|
|
|
E seguimos engadindo fotos |
|
E xa vamos en 326 fotos engadidas as galerías.
Esta semana abrimos dúas novas que veñen a ser continuación de outras dúas xa esistentes pero que quixemos diferenciar pondoas como novos espazos.
Son Posando e Personas recordadas.
Esperamos que disfruten destas novas secións como nos o facemos mostrandoas.
|
|
|
|
a XENTE NOSA xa está aquí! |
|
 Despois dunha semana santa intensa onde non puidemos ter descanso para rematalos flecos da exposición, o luns comenzamos moi de amañecida os preparativos para a súa montaxe.
Coa colaboración dos traballadores de obras e de Paco do Auditorio fumos instalando tódalos paneis e vitrinas nos seus espazos correspondentes.
Aquí os ofrecemos unha galería de fotos (imaxes para unha exposición) onde mostramos parte deste proceso e da inauguración.
Tamén poden ver noticias relacionadas con este evento no Faro de Vigo, Telesalnés e o Diario de Arousa na súa última páxina.
E agora, que estamos mais descansados, xa volveremos a subir material o blog de forma mais asidua.
Que disfruten. |
|
|
|
Preparando a exposición... e engadindo fotos |
|
Ainda que vamos como tolos para que o luns trece esté todo preparado para que a exposición poida abrirse plenamente, non nos esquencemos de engadir algunha foto.
Ainda que son poucas por que o corpo non nos permite realizar moitos excesos.
De momento abrimos dous novos espazos. Son Amores e Lobos de Mar, con cinco e catro fotos respetivamente. Despois engadimos tres máis ó espazo personas inesquencibles. Son fotografías que formaban parte do principio do Arquivo e que nos resistíamos a meter, pero Daniel Garrido nos enviou estas mesmas por internet e entón decidimos tomar impulso e metelas.
Esperamos que as disfruten e o próximo luns vémonos no Auditorio donde este espazo virtual se transformará en real. |
|
|
|
Vilaxoán desde México |
|
Roxelio Diz, desde Mexico, envíanos unha serie de fotos que non podemos resistirnos a incluilas directamente no blog. En especial por que tratan de Vilaxoán, lugar este que, de momento, témolo pouco traballado.
Esperamos que siga compartindo con todos nos estes momentos para a memoria.
Son nove fotografías que nos transportan os anos sesenta. Con mensaxes con reminescencias jipis como ese "paz e amor" que se lé na pancarta de nadal nunha das fotos.
O espazo, na galería de fotos, leva por título un simple "Vilaxoán".
Gustaríanos que outros se animasen a utilizar o mesmo sistema de envío, como tamén o fixo Daniel Garrido e cuxa foto engadimos a galería de Gaudeamos Igitur, para seguir aumentado o proxecto. Só nos gustaría indicar que as fotografías tivesen un mínimo de resolución para que poidesen ser utilizadas para outros fins e non só a distribución pola internet. (a resolución adecuada sería de 300 ppp ou máis. Se alguen tivese problemas de envío que se poña en contacto con nos previamente e indicaríamoslle formas de envío pola rede en grandes paquetes de hasta 600 megas. Gracias)
|
|
|
|
|
|
|
|
|