lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

9 de Marzo, mercores

Nesta data subimos a Cornazo é Atopando Detalles, na portada as familias dos irmans Celia e Celso Callon do Freixo, nunha imaxen nas escaleiras da igrexa de Vilaxoan.
Bos dias, a coidarse
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2022 08:34
8 de Marzo, martes

As subidas en MULLERES TRABALLADORAS, é a VILAGARCIA DE ONTE. En portada, Juana, do Carril, nos anos coarenta ingresou nos talleres da RENFE, a traballar, unica muller nun centro de traballo, donde habia mais de douscentos homes. Juana viuda con unha nena tivo que vivir desigualdades inxustas, nunca dou un paso atras, levou o pan a sua casa, a sua nena, muller valiente de esas das que si hai que falar.
Bos dias, GRANDES MULLERES
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2022 08:01
7 de Marzo do 2022, luns

Nas subidas de hoxe creceron os arquivos de OS AMIGOS, RUBIANS. VILAXOAN é TASCAS COMERCIOS E CENTROS DE TRABALLO. En portada Alvarez Solis, ministro secretario general do movemento, nos anos cincoenta inaugura a barriada de casas sociais en Trabanca Sardiñeira, as bautizan co nome do General Yague, autor como ahora Putin de asesinatos masivos contra a poblacion civil, nenos, mulleres e ancianos. O curioso é que sigue co mesmo nome a barriada.
Bos dias, a ter saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2022 08:00
Elena de cumpreanos

Elena Vila Santiso, miña amiga e curman por fora dos canones que marcaban os tempos. Explicome, miña Nai era filla de un tio de Manuela, Lecha, nai de Elena, ese tio, Mariano Alba, nunca recoñeceu a paternidade da miña Nai. O resto da familia SI, familia a que eu sempre estiven tremendamente apegada e encariñada. Elena e mais eu en principio tivemos que esquivar algunhas vallas por parte da miña Nai, quen por certo co paso do tempo quixo profundamente a Elena, tamen a o resto da familia.
Hoxe, por razons que non veñen a conto vou un pouco retrasada nos meus traballos do Faiado, pero desde esta casa non esquencemos a Elena, enviamoslle unha aperta ben grande, grandisima e quedan pendientes os pasteliños. Bo dia Querida.
As subidas do dia en O CARRIL é PRIMEIRAS COMUNIONS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2022 13:33
Ata sempre Eva

Esta é unha nota aberta, unha carta dirixida os nosos amigos Elena e Serafín.
Fai unha chea de anos que viñeron destinados a Vilagarcía, Serafín traballaba en Telefónica, Elena bastante tiña naqueles tempos con levar o día a día dunha casa recén ocupada e dúas nenas.
Todos atopámonos no mundo das AMPAS, alí tratábamos a problemática dos coles, das familias, botábamos man do que podíamos. Serafin participativo, cando o tempo pasou tamén deu o salto a FUNDACIÓN GALEGA CONTRA O NARCOTRÁFICO. Seguimos a traballar codo con codo, as familias formaban parte da nosa amistade, ate que Margarita abandonou o barco e Serafin quedou. Seguía a saber del porque a empatía, o cariño, nunca dimitiu.
Hoxe é un día terrible. Elena e Serafín están a vivir o pesadelo da morte da súa filla Eva, Eva López Tarrío con trinta e tres anos, unha nena, TERRIBLE, non o podemos crer.
Namentras non sepamos mais, decir que os restos de Eva serán velados no tanatorio San Pelayo da Estrada. Alá nos trasladaremos na tarde de hoxe a intentar levar calor donde somentes se sinte frío.
Comentarios (36) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 05-03-2022 14:24
5 de Marzo sabado

Na PRAIA DE COMPOSTELA, é OS DURANS, aloxamos as subidas do dia, en portada o vello Balneario creado por Laureano Salgado, seu propietario nos primeiros tempos. Esta preciosa edificacion que tanta vida cultural i economica dou a Vilagarcia, tamen a deixamos evaporar.
Bos dias, bo fin de seman.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2022 08:07
4 de Marzo do 2022 venres

As subidas do dia estan na LAXE, a portada recolle a Loli Otero de moza, no seu entorno, no barrio do seu nacemento e crianza.
Pois nada, bos dias, aqui traballando fuertemente.Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2022 08:15
Dia 3 de Marzo Xoves

En OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA é FONTECARMOA, estan as subidas de hoxe.
En portada a familia Cordal Carus nos anos cincoenta.
Por las paredes, esta foto fué hecha en el Salón de Baile del Casino de Villagarcia.Logicamente se deduce que fué una entrega de trofeos con baile.
En primer plano, Luís cordal Carús con sus inseparables gafas de sol.En la parte suiperior izquierda,esta ¿Eugenio? Bouzada.
Las dos jovenes de la derecha, en un segundo plano, son una hija del Segundo Comandante de Marina Cayetano Pumariño y la segunda Pilar Reboredo.
El joven de la parte inferior izquierda, era un veraneante habitual en Villagarcia, y era de Madrid.
Comentario por luis (29-04-2009 23:13)
Confirmo que el que está al fondo de la foto a la izquierda es mi hermano Eugenio. El que está sentado a la izquierda de Luis Carús es el Doctor Manuel Barreiro-Meiro Fernández, tío de Jacobo, Nacho, Pedro.... Vivía en Madrid y falleció en el verano de 1975 en Vilagarcía cuando estaba de vacaciones.
Comentario por javier bouzada (24-09-2009 21:11)
El chico de Madrid que está con la mano en la barbilla es Julio Cordal Olano, mi padre.
Detrás está mi abuelo, Julio Cordal Carús.
a la derecha, en primer plano, el tío Luis.
Comentario por Julio Cordal Elviro (04-09-2010 11:49)
El chico que está a la izquierda es Pepe Cordal Olano y el que tiene la mano en la barbilla es Manolo Cordal Olano,hijos de Julio Cordal Carús que está detrás sentado en una silla y con gafas de sol Luis Cordal Carús.
Yo soy Marisa Cordal Olano y tengo un recuerdo maravilloso de los veraneos de la familia en Villagarcia.El "cupable" de meterme en este blog ha sido mi querido sobrino Julio Cordal Elviro.
Comentario por Marisa Cordal Olano (13-09-2010 13:02)
Y el chico que está a la izquierda de todo es Pepito Carús, hermano de Manolito
Comentario por Julio (12-01-2010 23:02)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2022 07:44
Dia 2 de Marzo do 2022

En O CARRIL e VAMOS A RETRATARNOS, aloxamos as fotografias da data de hoxe, en portada un grupo de mozas (Entre elas, terceira pola esquerda Pilar Morales) retratanse con xente maior, posiblemente, no Asilo antiguo de Vilagarcia.
Bos dias, si non vemos a television igual somos mais felices.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2022 08:21
1 de Marzo do 2022, martes

Subidas en CREO EN DIOS PADRE, O CARRIL.
En portada, Pilar Morales, nunha bonita foto no Obelisco.
Escomenza Marzo, o portal da primavera, estamos a traballar forte en varios frentes, un de eles o documental sobre a apertura da fosa no cementerio municipal, buscando a os asesinados polos golpistas.
Tamen estamos co documental de LOLA, co DISQUE, é preparando a estrea de EU TAMEN NECESITO AMAR, o dia 25 de Marzo na Casa da Cultura, Salon Garcia, ou Mercantil, todo é o mesmo lugar.
Bos dias, a ser felices, moita Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2022 07:56
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0