lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Dia 15 do Marzal do 2022

Na Vilagarcia de Onte,Fexdega é Gaudeamus Igitur atopamos as subidas do dia, en portada o Teleclub de Zamar na data da sua inauguracion, a principios dos anos setenta.
Na data de hoxe cumprimos ca metade do mes de Marzo, a piques de rematar o inverno. Eso marca optimismo, luz, dias mais grandes...VIDA.
Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2022 08:38
Dia 14 de Marzo do 2022

Na Illa de Cortegada, é na Lomba atopamos as subidas de hoxe, en portada Mary Alvarez, casada con Guillermo Poyan, nai da familia Poyan Alvarez, Mary é unha persoa moi lembrada, porque a o longo da sua vida supo botar unha man, cando un veciño, por exemplo no barrio da Lomba, estaba enfermo pois Mary ofreciase a poñer as inyeccions que fixera falla. De aquela habia no pobo dous ou tres practicantes (hoxe ATS)moi buscados, moita xente sin traballo e os que o tiñan cobrando sueldos miserables. Mary Alvarez quedou na memoria e nas lembranzas dos seus veciños para sempre.
Bos dias, arrancamos a seman.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2022 08:03
VOLVEMOS AO MICE DE SANTIAGO

Cesteiros, pastores e a memoria de Vilagarcía, nos filmes galegos que encabezan a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

A 17ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico celebrarase entre o 28 de marzo e o 2 de abril no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Tres filmes galegos participarán na sección oficial. Os títulos, escollidos entre máis de mil candidaturas chegadas de todo o mundo, son Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, El último de Arganeo, de David Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo.

As proxeccións da mostra, que conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Agadic, terán lugar tamén en Numax, no CSC de Conxo e no Teatro Principal. A MICE recupera este ano a presencialidade de todas as seccións e actividades. Malia a todo, esta décimo séptima edición do festival contará tamén con programación específica para a rede.


Os tres filmes galegos na sección oficial, escollidos entre máis de mil candidaturas chegadas de todo o mundo, son Resonancias do pasado, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, El último de Arganeo, de David Vázquez, e Notas sobre os cesteiros de Mondariz, de Fon Cortizo

Resonancias do pasado é o novo filme de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, que forman parte de O faiado da memoria, a asociación arousana que recupera a memoria de Vilagarcía. Neste filme reconstrúen a vida da vila a partir de vellas películas domésticas gardadas pola veciñanza, que van dos anos 20 aos 80 do pasado século

Notas sobre os cesteiros de Mondariz fálanos dunha tradición artesá de gran valor sociocultural que pervive na memoria colectiva deste concello do Sur da provincia de Pontevedra. A tradición que encarna Enrique Táboas, o último cesteiro de Mondariz, conéctase no filme coa proposta innovadora de Idoia Cuesta.

El último de Arganeo trae de novo á MICE a Dávid Vázquez. O chantadino xa estivera no festival en 2017 con O Moredo. A resistencia do Entroido ribeirao. Nesta ocasión, o director rodou en León para contar a historia de Edilberto Rodríguez, un mozo de 24 anos que o deixa todo para ser pastor na terra dos seus avós.

'Impropias', unha viaxe pola antiga URSS
A sección Impropias estará protagonizada por directoras do leste de Europa. A crítica e programadora de cinema búlgara, búlgara, Mariana Hristova, será a encargada de comisariala. A súa selección fai un percorrido polas antigas terras soviéticas a través de catro realizadoras

Ademais, destaca a sección Impropias, que estará protagonizada por directoras do leste de Europa. A crítica e programadora de cinema búlgara, búlgara, Mariana Hristova, será a encargada de comisariar esta sección paralela.

A súa selección fai un percorrido polas antigas terras soviéticas que, actualmente en contextos e fronteiras diferentes, aínda están conectadas por un pasado común que definiu a vida social, laboral e persoal dos seus habitantes e que, como vemos precisamente cos tristes acontecementos destes días, segue tendo un peso fundamental. As películas que se proxectarán dentro de Impropias son: Transnistra, da cineasta sueca Ana Eborn, Sunny/Mziuri da directora xeorxiana Keti Machavariani, Vacacións, da directora rusa Maria Razbezhkina, The Hope Factory, da tamén creadora rusa Natalia Meshchaninova, e Heat Singers, da ucraína Nadia Parfam.


Lindes é outra das seccións paralelas, un punto de encontro ao redor dos procesos creativos e de documentación de filmes con interese etnográfico, no que a muller volve ter protagonismo

Outra das seccións do festival, Trazas, na que a MICE colabora co Cineclube de Compostela, ten como coordinador, este ano, a Vicente Vázquez Peleteiro. Como convidado especial estará o cineasta catalán Ferrán Llagostera, co filme “El mar de los peces. Notas sobre el Gran Sol”.

Lindes é outra das seccións paralelas desta 17 edición da MICE. Un punto de encontro ao redor dos procesos creativos e de documentación de filmes con interese etnográfico, no que a muller volve ter protagonismo. Proxectaranse Nación, de Margarita Ledo, A virxe roxa, de Marcos Nine e Cadernas de Olloboi, un documental sobre o cine nas aulas galegas nos últimos 10 anos.

Formación, mesas de debate e Olloboi
Entre as actividades presenciais destacan os talleres de formación e as mesas de debate. O antropólogo e fotógrafo Jorge Moreno Andrés e a tamén antropóloga e cineasta Adriana Vila son os docentes do obradoiro desta edición. Son 12 horas de formación especializada baixo o título Anversos e reversos: metodoloxía etnográfica dos procesos creativos. As mesas de debate profesional, artelladas en colaboración con PROXECTA, a coordinadora galega de festivais de cinema, e con CREA, a asociación dos e das profesionais da realización, xirarán entorno aos procesos de creación e divulgación de proxectos de difusión do cinema documental.

Entre as actividades presenciais destacan os talleres de formación e as mesas de debate

Tamén haberá actividades para os centros escolares e para familias na sección MICE Petís. Este ano o Olloboi, festival audiovisual de curtametraxes feitas no ámbito escolar que naceu en 2009 en Boiro, é o coordinador da proposta da MICE para o público máis novo. O programa consta dunha selección de curtas recentes promovidas desde este festival e que constituirán sesións presenciais en horario matinal no Museo do Pobo Galego para o alumnado de escolas e institutos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-03-2022 17:55
Na despedida a Guadalupe Hierro

Fotografia da Nena e de Juan Carlos Gonzalez Berride, fillos de Paca Berride, na escola da profe Guadalupe Hierro no Carril, homenaxe a persoa que fixo moito ben no pobo nuns tempos dificiles.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-03-2022 13:15
Finou Guadalupe

Guadalupe Hierro Najarro, chegara a o Carril ca sua familia procedente dos arredores de Compostela nos inicios dos anos coarenta, seu Pai ca axuda dos fillos varons creou unha industria con materiales para a construccion, obreros por suposto do Carril, de Trabanca, Bamio. Guadalupe, mais tarde creou unha escoliña donde ela era a profesora, muller de fortes conviccions relixiosas.
A os irmans, é sobriños enviamoslle o noso pesame polo pasamento de Guadalupe
Comentarios (10) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-03-2022 09:22
Dia 13 do Marzal do 2022

En BAILANDO é ATOPANDO DETALLES temos as subidas no dia de hoxe, na portada a tenda de Rosa, situada no Castro, forma parte das nosas lembranzas infantiles e tamen de adolescencia, na fotografia vemos na parte traseira os alimentos que se vendian entre eles unha rista de chourizos, era o cumpreanos de Gloria, filla mais pequena de Rosa é Tucho, a sostén sua irman Rosarito, tras elas os fillos de Fita, irman de Rosa, Javier e Pepa Jimenez, atras de todo Maria Dolores Rivas, unica filla de Rivas Briones o pintor que vivia arriba da tenda e por ultimo miña amiga Esperanzita, filla de Carmucha, irman inseparable de Fita e Rosa. Aquelo foi un exemplo de familia unida, pura armonia que celebramos no dia de hoxe, vispera da data en que se nos confinou a todos fai dous anos, escomenzabamos a vivir unha situacion inesperada, nova e grave.
Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2022 08:51
12 de Marzo do 2022 sabado

En SOAN CAMPAS DE VODA, GAUDEAMUS IGITUR, O CARRIL E FAMILIA, estan as subidas do dia.
As fotografias de hoxe son un pequeno homenaxe que desde O Faiado da Memoria facemos a figura do noso querido Amigo e compañeiro durante anos da nosa forma de facer, de xestionar, cultura. A desaparicion de Jose Carlos, antes a da sua dona Marivi, foi un pau impresionante na nosa asociacion, na nosa casa, é nas nosas vidas.O dia dez de Marzo, Jose Carlos Dasilva estivo de cumpleanos, canto sentimos non poder abrazalo.
Bos dias, boa fin de seman
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2022 08:16
11 de Marzo, venres

Nesta data subimos duas fotografias no arquivo de Vilaxoan.
En portada, fotografia da rua Castelao na actualidade. Vemos a esquerda un cacho de balconada de aquela preciosa edificacion que era o Casino, logo a casa que albergaba unha entidade de aforro, a continuacion edificio propiedade de Segundo Abalo é Estrella a sua dona, unica que sigue en pé, das que saen na imaxen.
Bos dias, NON QUEREMOS GUERRA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2022 08:02
10 de Marzo do 2022

O noso pensamento e lembranza. O 10 de marzo de 1972, a policía franquista segaba en Ferrol a vida de dous traballadores do estaleiro Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, no decurso dunha manifestación sindical, na que houbo ademais varias ducias de feridos.
Na subida de hoxe, integrase nos arquivos de FAMILIA, CREO EN DIOS PADRE,é en portada primeira comunion, de Vilaxoan.
Ala, boa data, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2022 07:29
Mañan pola tardiña

Quedades todos invitados a o Faiado da Memoria, presentase un libro e isto sempre e cousa grande. Reanudemos a vida normal, esperamosvos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-03-2022 09:15
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0