lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Hoxe está de cumpleanos

Hoxe, dia grande na nosa casa, pola tarde proxetamos EU TAMÉN NECESITO AMAR, documental que o Caeiro escomenzou como unha homenaxe a Pura, súa Nai, e, por ende, a tódalas mulleres que naceron arrededor daquela guerra civil que non permitiu que as mulleres crecesen tanto na afectividade como na efectividade. Pero tamén é hoxe que fai (moitos) anos que esa nai pariu a ese fillo. Para non enredarnos, hoxe Antonio esta de cumpleanos. O de proxetar o documental nesta data, foi totalmente casual, era un dos dous días libres que nos ofertou a administración da Concelleria de Cultura, pero tamén é certo que a min gustoume moitísimo a casualidade. Estouna disfrutando, espero que me axudedes a ter un día en positivo que remate co aislamento pandémico.

Brindamos pola cultura, pola unidade da xente do Faiado, polas Mulleres, pola súa liberación de sometementos ancestrais e por Antonio Caeiro, director do documental marabilloso que hoxe estreamos dunha forma oficial, ao marxe de festivais e que estivo medio parado por culpa destes dous anos terribles.

Moitas felicidades, parabéns e moita merda a mans cheas.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-03-2022 07:27
Dia 25 de Marzo, venres

As subidas do dia estan en VILAGARCIA DE ONTE é UNHA HISTORIA EN GONDOMAR, fotografia donde a imaxen son os pais de Antonio, Pura é Antonio. En portada, comunion sin identificar.
Feliz dia para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2022 07:12
Finou Verisimo Redondo

E a sua familia, a sua dona, os seus fillos, en definitiva a sua familia e amigos, o noso sentido pesame.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-03-2022 22:23
Estrea, mañá

Por fin chega o dia, dia de estrea do noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR, traballo amplio e intenso de Antonio Caeiro sobre a vida das mulleres nos anos coarenta e cincoenta. Durante moitisimo tempo, percorreu os camiños de Galicia nunha busqueda que non foi facil, os temas dos que se falaba non eran comodos pra quen se lle colocaba unha camara diante. Non podemos, nin debemos descubrir nada mais. Pero é GRANDE o documental, poucas oportunidades como esta pra achegarnos a realidade dun tempo especial na vida das nosas Nais.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-03-2022 07:56
Dia 24 de Marzo, xoves

En OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, é TENDAS E CENTROS DE TRABALLO, atopanse as nosas subidas de hoxe, en portada traemos unhas mozas e mozos do Carril, a imaxen pode ser datada a finais dos anos vinte ou principios dos trinta, son amigas nun paseo posiblemente na Tomada, entre elas alguén da familia de Leonor Muñiz, as tres irmans Teijeiro Ramos, Carmen, Angelina e Maruja, Emilia Garcia, a ver si ca subida se identifica mais xente.
Bos dias
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2022 07:39
Faltan dous días

Hoxe adicamos o espacio para dalas gracias a todas as que colaborachedes coa vosa participación neste documental, é decir na creacion de EU TAMÉN NECESITO AMAR. Non seria posibel sin a disposición das mulleres que saen no documental, contando as súas vivencias, poñendo en valor a súa memoria.
As que sempre estades preparadas para botar unha man na estrea: Esperanza Alcalde, María Dolores Mariño, María Josefa Falcón e María José Vázquez, Lidia e Pablo Banga de OLLOMOL AUDIOVISUAIS, a parte tecnica pertenecente ao Concello de Vilagarcia, e outros que nos quedan para os próximos días, MOITAS GRACIAS.

As portas do Salón García estarán abertas para a proxeccion a partires das vinte horas (ás 8 da tarde) para que poidades coller sitio de forma tranquila, agradecemos puntualidade, entramos con mascarilla, como non podía ser menos, teremos un photocoll como nos grandes eventos cinematográficos para deixar constancia que Vilagarcía sigue a telo glamour de antaño. No photocoll non ser tímidos, nos paramos, quitamos a mascarilla e o noso productor, Pablo Banga de OLLOMOL, retrataranos, formará parte esa fotografía do arquivo fotográfico de EU TAMÉN NECESITO AMAR. A continuación, colocámonos a mascarilla é nos dirixiremos ao salón de butacas, non hai reserva, cada un séntase donde queira facelo.

A última recomendación, a ultima petición é que unha vez rematado o documental aguantedes nas butacas un ratiño mais, é un dia importante para O FAIADO DA MEMORIA, para Antonio director do documental e para Margarita que é a que vos pide un pouco de paciencia no final do noso traballo.
GRACIAS de corazón, GRACIAS.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 23-03-2022 08:19
Dia 23 de Marzo do 2022, mercores

As subidas de hoxe estan nos arquivos de SOAN CAMPÁS DE VODA é POSANDO.
En portada voda en Barcelona, a noiva é Josefa Ramos, (filla de José, nacido en Cortegada, emigrado a Cataluña donde foi un home importante na estructura da compañia de barcos Transmediterranea)o noivo do Carril, da familia Cardalda, seu abó foi o penultimo alcalde , antes da fusion con Vilagarcia.
Pois nada, a disfrutar o que se poida do inicio da primaveira. Bos dias
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2022 07:38
ESTA CHEGANDO

Con moitisima ilusión vivimos a chegada do próximo venres dia 25 de Marzo, as 20,30, oito e media da tarde estrea de EU TAMEN NECESITO AMAR, estamos casi en vísperas.
Aproveitamos para decir que as portas do Salon Garcia estarán abertas para a proxeccion a partires das vinte horas, agradecemos puntualidade, entramos con mascarilla, como non podía ser menos teremos un photocoll como nos grandes eventos cinematográficos, a ver si se deciden a chamarnos para os Goya, deixar constancia que Vilagarcia sigue a ter o glamour de antaño. No photocoll non ser timidos, nos paramos, quitamos a mascarilla e o noso productor, Pablo Banga de OLLOMOL, nos retratará, formara parte esa fotografía do arquivo fotográfico de EU TAMEN NECESITO AMAR. A continuación, colocamonos a mascarilla é nos dirixiremos a o salón de butacas, non hai reserva, cada un se senta donde queira facelo.
A ultima recomendación, a ultima petición é que unha vez rematado o documental aguantedes nas butacas un ratiño mais, é un dia importante para O FAIADO DA MEMORIA, para Antonio director do documental e para Margarita que é a que vos pide un pouco de paciencia no final do noso traballo.
GRACIAS de corazón, GRACIAS .
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-03-2022 09:06
Dia 22 de Marzo do 2022, martes

No Carril, Feira, Os Amigos aloxanse as subidas do dia.
En portada no centro unha muller GRANDE, Candida Paredes, cando o home co que estaba casada marchou a por tabaco, Candida quedou a cargo dunha chea de fillos, era o que habia, cando deixaban as mulleres no paquete incluian os fillos. Candida foi un monstruo de Nai, de muller, traballou dia e noite pra sacalos adiante.
Bos dias, saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2022 08:04
Dia 21 de Marzo do 2022

Subidas no Carril é en Sobradelo.
Facemos que en portada se anuncie a chegada da primavera ca figura de Ramona, do Carril e residente nos Durans na penultima e ultima etapa da sua vida. Ramona muller exemplar, foi quen de facer da sua vida unha leccion, de sacar adiante tres fillas, sin mais apoios que as suas mans e a sua teson e forza.Un exemplo, Ramona
Deixamos atras a invernada, bos dias, feliz primaveira
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2022 07:36
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0