lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Presentacion do libro SEIQUE

Onte a vilagarcian Susana Sanchez Arins presentou na sede do Faiado da Memoria a sua obra "SEIQUE". Nela repasa a vida do seu tio abo Manuel, das suas correrias e maldades.Un libro interesantisimo que Susana describe apaixonadamente, un libro que retrata a un personaxe que a ultima parte da sua vida viviu no edificio Dorna, e ali falleceu, Manuel Garcia Sampayo foi un ser repugnante que utilizou a sua vida pra facer mal.
A Susana moitas gracias foi un honor tela con nos, presentada por Castro Raton que non defraudou. Gracias a os dous
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-03-2020 18:11
Hoxe no Faiado

Este xoves, día 5 de Marzo, presentación no local de O Faiado Da Memoria do libro SEIQUE de susana sanches aríns.
Unha historia que transcurre no Salnés e remata en Vilagarcía.
Como sempre, será ás 20 00 horas en Ravella27.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2020 08:16
AS COUSAS PENDIENTES

Logo da investigación feita para coñecer a quen se asasiñara en Vilagarcía démonos conta que habia que reunir ás familias, pero antes de nada había que atopalas, para ver si procedía recoller esto nun monumento, nunha homenaxe do pobo, dunha homenaxe colectiva a aquela xente que non somentes lle quitaron a vida, senón que lle sacaran a súa familia, a oportunidade que temos todos de coñecer e criar ós fillos, ós netos...

Entre eles mataron a Josefa, unha moza de vintecinco anos con dous fillos, Julio e Valentín. Tralo seu asasiñato nos Martices, o seu home, José Tobio, trasladouse a Francia, logo de pasar cos fillos uns anos en Pasajes, tras ser posto en liberdade.

O traslado a Francia permitíalle poder vivir en paz e refacela vida. Os fillos de Josefa nunca mais voltaron a Vilagarcía.

O martes pasado chegou onde a nós Valery, neta de Josefa, filla de Valentín... ¡Foi tan bonito¡... Despachamos é xestionamos as emocións como quixemos, choramos a mares, fumos a visitar a súa aboa, os seus restos, a fosa común do cemiterio de Rubiáns, fumos a ver o roteiro que indica o lugar donde lle quitaron a vida, a casa donde a sacaron do lugar da Torre...

Valery veu acompañada de Maria José, neta tamén do seu avó José. As duas hoxe emprenden viaxe para os seus destinos respectivos: París e Granada, e a nos quédanos o corazón mais cheo, preparando outra visita nova a este seu pobo, a esta súa casa.
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-03-2020 08:11
Entra Marzo

Un mes tremendamente movido no FAIADO DA MEMORIA, proxeccions en Vigo, Nigran, Oia, San Sadurniño, actos de presentacions de libros na nosa sede do Faiado, en fin presentanse datas moi movidas neste mes, estade alerta, Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-03-2020 08:26
Sentida e marabillosa Exposicion

De Jorge Moreno onte inaugurouse
no Museo do Pobo Galego a exposición ?As pequenas cousas?, impulsada pola iniciativa Mapas de Memoria, que poderá verse por primeira vez en Galicia no marco da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). A exposición componse de obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas e represaliadas polo franquismo.
Esta mostra,creada por Jorge Moreno, incorpora grazas a coordinación técnica de persoal do Museo do Pobo Galego novas achegas procedentes das familias de presos e fusilados galegos, para o que conta coa colaboración de particulares e entidades como O Faiado da Memoria entre outras, levounos onte a sua inauguracion.
Asi remata Febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-03-2020 08:30
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0