lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Dia dezasete de confinamento


Adeus a Marzo, imolo despedir como merece, dandolle unha boa pitada, nunca tal pensamos, e iso que a xente normal do Pais, os traballadores temos que sentir que non hubo dubidas pra o confinamento por parte da nosa administracion politica, o Reino Unido, Alemania, Estados Unidos, Brasil resistironse a tomar medidas por aquelo de non resentir a economia. A dereita e os cartos. Si o goberno español tomase no seu dia ese camiño, non sei donde chegarian os mortos.
O mes de Abril, o mes das Letras chega mañan, esperamos que sexa bó, que se porte ben e nos deixe sacar de enriba as angustias do anterior.
Bos dias saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2020 09:16
Dia dezaseis

Estamos a metade do camiño en canto as datas que se baraxan, podemos aguantar o que nos boten si xogamos ca vida da comunidade, dos nosos seres queridos, tamen ca nosa propia vida. O que nos boten.
As cousas viraran para ben, viviremos de novo tempos de ruas, de sol, de cheiro a mar. Nos vemos no mundo normal, bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-03-2020 08:24
Dia quince de confinamento

Tamen ultimo domingo de este Marzo tan enrabietado que nos tocou vivir. Imos enfocar a proxima seman con esperanza e con aptitudes positivas, non todo e malo, estamos xuntos, pobos unidos, xente responsable en situacions moi especiais
Non esquencer que ahi fora brilla o sol, que e primavera, que en outros lugares do mundo tamen se sufre.
Bos dias, saude
Comentarios (5) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-03-2020 09:28
O dia catorce de confinamento.

Vivimos nunha situacion extraña, pero os que nacemos e criamos no franquismo sabemos perfectamente o que pasa con estados de excepcion, toques de queda é outros medos vividos anteriormente. O ser human non naceu pra vivir sometido,calado,con medo, sin liberdade.
Esto de ahora e unha situacion de prevencion, estamos absolutamente de acordo co confinamento, é unha medida que nos protexe, animo, pasara, o tempo corre a favor. Bos dias, todos con saude.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-03-2020 08:27
Dia trece de confinamento

Si Amancio Ortega se publicita, penso que O FAIADO DA MEMORIA, tantos anos entretendo gratuitamente, de balde mostrando o noso material, os nosos documentais, empleando un tempo importante a o servicio da nosa xente, non ten menos merito que o home mais rico do mundo.
O confinamento non se leva tan mal, o pior é perder vidas, a ver si esto pasa pronto e irganizamos algo pra vernos, porque vivimos catro dias.
Boa data, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-03-2020 08:21
Hoxe cumprese a data doce de confinamento

Tamen esta a rematar Marzo, na nosa vida pensamos que ibamolo a vivir de tal maneira, non vos quepa duda que este Pais coma todos ira dando pasos e superando os problemas. Crisis de saude na etapa contemporanea hubo unha chea de elas, a gripe do dezaoito, a tuberculosis, o SIDA, as infeccions cando non existian os antibioticos, a poliomielitis...o que desde logo ai que adicar mais cartos a sanidade publica e tamen a investigacion, temos moito traballo por diante, pero o caso e vivir. Bos dias, moita saude

Na imaxen de outros tempos a familia Caeiro de Oia.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-03-2020 08:59
A nosa colaboracion ca nosa xente
Outro documental de O Faiado da Memoria que liberamos para estes tempos de pandemia e confinamento. Trátase dun traballo "de rebote", feito cando realmente íamos a facer outro.

Tratase de EL RUIDO Y EL SILENCIO, sí, en castelán.

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra óllase o fenómeno tanto do punto de vista dos que profesan fe como dos que viven a Semana Santa como un evento social mais.

Un lamento sonoro de morte e resurección para uns e unha tradición sen crencias para outros. Unha sinal de identidade como pobo, en cada caso.

O ruido xúntase co silencio das procesións, imaxes e cofrades, co recendo da primavera

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra...Outro documental de O Faiado da Memoria que liberamos para estes tempos de pandemia e confinamento. Trátase dun traballo "de rebote", feito cando realmente íamos a facer outro.

Tratase de EL RUIDO Y EL SILENCIO, sí, en castelán.

Na Semana Santa de Andorra (Teruel) toda a vila sae a rúa a tocalos tambores. Os viciños que participan, non todos o fan por motivos relixiosos, e nesta obra óllase o fenómeno tanto do punto de vista dos que profesan fe como dos que viven a Semana Santa como un evento social mais.

Un lamento sonoro de morte e resurección para uns e unha tradición sen crencias para outros. Unha sinal de identidade como pobo, en cada caso.

O ruido xúntase co silencio das procesións, imaxes e cofrades, co recendo da primavera



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 26-03-2020 08:40
Compartir sentimentos

Pois hoxe a noticia do Faiado e que Antonio esta de cumpleanos, un cumpleanos moi sintomático, entra na década da madurez plena, dos que acollen a vida con unha media sonrisa, sesenta anos, pois? moi bo dia .
O 2020 vai ser o ano do triunfo do teu documental homenaxe a tua Nai e tamen a teu pai, donde se proxecta ten o éxito asegurado, tiñamos unha chea de presentacions que se foron a o traste polo confinamento, pero abrirase a veda en calquer momento.
Tamen estrearemos LOLA un traballo que tanto ten que ver co teu mundo de creador e tamen na nosa relación de home e muller. A xente ten que ver ese traballo, impresionante.
Tocounos a vivir esta tempada uns tempos distintos, especiais, un pouco difíciles. O facemos XUNTOS como tantas cousas que vivimos desde o ano 2007 en que decidimos coller o mesmo camino. Hoxe na casa pois e festa, lastima que non poidamos invitar a nadie pero viran moitas luas para estar ca xente querida.
Mentras tanto facemos un brindis por todos os que estades aí.
Pois bueno, feliz data, feliz mes, feliz ano, feliz década?.feliz vida Un bico.
Comentarios (74) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-03-2020 08:00
Haro Tecglen en ARDE MADRID
Pois documental de fai unha chea de anos creado por Antonio con unha recollida de testimonios orais a os que eran nenos no Madrid sitiado, acosado, o Madrid do no pasaran. Os nenos que tantas miserias e fames pasaron falan no noso documental que desde hoxe podedes visionar na paxina do Faiado. Octavo dia de confinamento, moita paciencia, saude, boas noites



Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 21-03-2020 22:03
Septimo dia de Confinamento
Aproveitade para ver este traballo encadenado e creado por Antonio con peliculas de Super-8. O seu titulo é RESONANCIAS DO PASADO. Non o perdades, clickear e aproveitade pra ver unha Vilagarcia descoñecida, marabillosa.
Hoxe abandoamos a invernada e abrazamos a primaveira, boa falta nos fai, a todos. Feliz nova estacion, moitisimo animo e saude. Bos dias



Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-03-2020 08:10
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0