lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Morreu o Antroido

Pero non por eso queremos deixar de darlle un "Viva o Antroido" porque é unha epoca saudable e un tempo de lecer de cantar de bailar e un tempo de liberdade. Aproveitamos para mostrar esta bonita foto feita en Vilaxoan, son tres donantes do Faiado, tres queridos donantes, Maria Jose filla de Pepete, o lembrado Pepete, os Nachos, Verino e Manolo Diz do Carril que en torno as suas vidas xira o noso documental "Desde Dentro do Corazon. Hasta o antroido do ano que ben, saude.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2014 16:52
Felicidades Mari Celi

A nosa veciña en Santa Lucia e no Obelisco Mari Celi Jimenez, esta hoxe de cumpleanos, pois nos nos queda mais que intentar arreglar un pouco o dia adicandolle unha cancion de cando eramos unhas rapaciñas soñadoras, tamen por suposto ca indicacion de que nunca nos falten os soños. Felicidades amiga


Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-03-2014 07:50
Para Mercedes Paz

Imoslle adicar a sua cancion preferida, Anduriña de Juan e Junior, a verdade é preciosa. Mercedes esta hoxe de cumpreanos, cando nos damos conta de que nos estamos a facer maiores e cando pensamos no numero na cifra dos anos que cumplimos. Nada amiga que es vida vivida, a por otros tantos y que seas tan feliz como mereces






Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-03-2014 08:04
Finou Lola

Mañán as cinco da tarde no cementerio de Carril enterrarán a Lola Quiñoy, a nai das irmáns Rita, Concha, Marilú e Mariló Mouriño Quiñoy, residentes e criadas nas casas da Renfe porque o seu pai era un traballador dos talleres.

Sentimos a dor que está a vivir no día de hoxe a súa familia.

Lola xa non desfai nada co seu pasamento, pero Lola foi unha muller que traballou moito para criar os seus fillos, e eles somentes tiveron esa nai.

O Faiado da Memoria expresa o seu respeto e pesar polo pasamento de Lola Quiñoy a toda a sua familia.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 21-03-2014 23:36
Para Marite nas suas vodas de ouro

Tal dia como hoxe fai cincoenta anos casaron Marite e Gelos, a nosa Marite Montesinos e o amor da sua vida, o seu marido, o pai dos seus fillos, o home que sigue a botar de menos inmensamente Marite. Hoxe esta de aniversario de voda, aquel dia que escomenzou unha primaveira nas suas vidas. Sempre lle decimos a Marite que foi unha privilexiada por sentir ese amor, ese amor que dura hasta a eternidade. Animo Marite que poidas conseguir un bo dia. Queremoste
Escoita o noso regalo

Comentarios (8) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 20-03-2014 07:45
No I.E.S de Curtis

Fumos a bendita terra de Curtis, a terra que pariu fillos ilustres como Isabel Rios ou Foucellas. Invitáronnos a proxectar "Arde Madrid" na Semana Cultural do centro de Ensino Secundario.

Da gusto ver aquel centro e aquelas persoas que compoñen o profesorado, o dinamismo cultural que imprimen, o respeto dos rapaces. Durante a proxeción aquilo non parecía un colexio... de verdade!. Viñemos moi satisfeitos, moi felices de ver que, a pesar dos pesares, a educación pública, o ensino, funciona porque esta nas mans de xente preparada, da gusto. Pola nosa parte moitas gracias a todas e todos.

Foi un verdadeiro placer

A partir deste enlace poderedes ver algunhas fotos do acto.
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-03-2014 22:09
Felicidades a Lidya Corujo

Lidia Corujo esta de cumpleanos, pero a vida que se porta moi ben con ela porque o merece fixolle un regaliño esta a celebrar en Valencia as Fallas. Esta a punto de vivir a explosion da Nit del Foc , que o pases ben amiga que o disfrutes e cando voltes xa nun feito mais intimo escoitaras o noso regalo Felicidades Lidia

Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-03-2014 21:53
Antonia Seoane

E Tucha a nai de Mari Carmen e Nito Cambre, fai unhos dias que desapareceu das nosas vidas, da sua familia do carril. Non queremos deixar pasar mais tempo, para insertala con letras de ouro na nosa casa. Ela representa a eses milleiros de mulleres que foron o timon na sua casa, tamen no bar Juanito no Carril, no criar dos fillos , aquelas mulleres que soio entendian de sacrificio e poucas festas. esa era Antonia, reflexo de toda unha xeneracion. Nos con todo o respeto a insertamos en Persoas Recordadas na casa nova.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2014 08:29
Para Mari Carmen Somoza

Mari Carmen Somoza Nuñez, esta hoxe de cumpleanos, e imos reivindicar un feito que co tempo vai quedar no esquencemento. Mari Carmen chegou da Alemania da emigracion galega ca sua familia, mercou un piso no barrio do Piñeiriño e foi matricular os seus nenos na escola do barrio. ese foi o primer flipe que lle dou o seu Pais logo de estar unhos anos fora. A escola do Piñeiriño eran uns barracons estacionados nunha calle morta, e decir por donde estaba prohibido todo tipo de vehiculos, cando entrabas nos barracons, abrias os ollos como platos estamos a falar dos anos oitenta, o chan tiña buratos tapados con lonetas, aquelo habia que velo. Mari Carmen con moi pouquiña xente, entre eles a que esto escribe, nos metimos na aventura de construccion de dous colexios en Vilagarcia, (Eramos das Apas movementos dos pais e nais na escola publica) bravas como cañotos, se conseguiron, eso lle debe o barrio do Piñeiriño a Mari Carmen Somoza que non se esquenza. Felicidades Mari Carmen,por ser como eres, e polo teu cumpleanos adicamosche unha cancion.





Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-03-2014 08:40
Finou a dona de Juan Cambre (Bar Juanito)

La Señora
DOÑA ANTONIA SEOANE GARCÍA
"Tucha Canabal"


Falleció hoy jueves, día 13 de Marzo de 2014, a los 94 años de edad confortada con los Santos Sacramentos.

Su esposo Juan Cambre Portela; hijos, Juan Antonio y Maria del Carmen Cambre Seoane; hijos politicos, Charo Feijoo Baltar y Fernando Nuñez Pombo; nietos, Juan Antonio, Javier y Beatriz Cambre Feijoo, Iria Nuñez Cambre; nietos politicos Carmen Culebras Vazquez, Veronica Lopez Quian, Ramon Berdiales Fraga y Jose Manuel Ayude Diaz; biznietos Paula Cambre Lopez ; Mencia y Sofia Cambre Culebras y Cristina Berdiales Cambre.Hermanos Luis (+) Carmen (+) Guillermo, Leonor (+) Vicenta (+)y Moncho (+). hermanos politicos Jesus (+) Carmiña (+) Manuel (+) Monecha, Lourdes, Pepiño (+) Manuela (+) Pepe, Mercedes, Esteban (+) Verino y Asuncion (+) sobrinos primos y demas familia.

Ruegan oracion por el eterno descanso de su alma y la asistencia a la conduccion del cadaver, que se celebrara mañana viernes con salida del tanatorio Villagarcia a las cinco menos cuarto de la tarde, hasta la Iglesia Parroquial de Santiago Apostol de Carril donde se celebrara el funeral de cuerpo presente y posteriormente se procedera a la inhumacion de sus restos mortales en el cementerio municipal de Carril favores por los cuales les anticipan gracias.

Sala- Velatoria Tanatorio Villagarcia (carretera de Cea o Vento) sala numero 1. Telefono 986 566 606.

Carril 13 de Marzo de 2014
Salida de un autocar a las cuatro de la tarde desde Carril (rotonda) a tanatorio, iglesia, cementerio y regreso



Os do Faiado acabamos de chegar do tanatorio de darlle un abrazo a familia Cambre Seoane. Hoxe finou súa nai, Antonia, coñecida no Carril como Tucha Canabal. E certo que xa tiña unha idade, pero Maria del Carmen e Nito non tiveron outra nai, era súa nai e a dór da morte de unha nai non se pode controlar, hasta doe o corazón.

Nos expresómoslle a familia o noso respeto e sentimento, voltamos a facelo desde esta páxina na que o seu fillo Nito é un blogueiro dos mais antigos, tamen e colaborador donante e patrocinador dos nosos traballos. Nito é especial para o Faiado da Memoria.

Na memoria de Antonia estreamos a foto da praza vella do Carril, que a gardábamos como ouro en pano para unha situación especial, pois aquí está, vai pola memoria da nosa veciña Antonia Seoane.

Comentarios (15) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-03-2014 21:11
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0