Tamén seguimos adiante no traballo de campo na percura de testemuñas para o documental sobre Vilagarcía "Desde dentro do corazón".
Temos unha serie de temas que vamos a tratar neste traballo como a escuadra inglesa, o mar (acidente do Cabo Razo, emigración, mariñeiros, berberecho,...), o ferrocarril (cos seus accidentes do Ramal ou da Escravitude), a explosión da pirotécnica dos Valladares, etc.
Desexaríamos que as personas que nos poidesen aportar algún testemuño como testigos de algún destes feitos no lo fagan saber, ben a través deste blog, por correo (damemoria@gmail.com) ou ben no espazo de O Faiado da Memoria no segundo andar do auditorio, dentro da Concellería de Cultura de Vilagarcía.
Agradecemos enormemente tódalas participacións por moi pequenas que estas sexan así como a aportación de temas que a un lles gustaría que fosen parte dese documental.
Hoxe subimos esta vídeomontaxe realizado polo Faiado da Memoria
Vai misturando imaxes da Vilagarcía que está desaparecida con outras de lugares que ainda se manteñen en pe para disfrute de todos (que, por desgracia, son as menos).
Hoxe abrimos unha nova galeria adicada o lugar de Rubians con 18 fotos que soio son as primeiras, iremos enchendo pouco a pouco. A subida de hoxe completase con cinco fotografias en "Aqueles traxes de baño. A Laxe ten cinco novas incorporacions. Os Amigos 3, e Posando 13.