Non é que estemos vagos, só que estamos bastante liados.
Pero ainda así engadimos vintetres novas fotografías o espazo de "a Vilagarcía de onte". Con iso convírtese no espazo con máis material.
En breve engadiremos novas seccións.
O que estamos a buscar son fotografías de todo tipo (familiares, sociais, deportivas, etc) que estén realizadas ou que evoquen os anos 30. Quenes teñan deste tipo de material rogaría que se puxeran en contacto con nos ben a través do correo electrónico ofaiadodamemoria@hotmail.com ou no teléfono 986 512 600 da Concellería de Cultura dando o recado para o Arquivo Social da Memoria.
Este fin de semana sobrepasamos as duascentas fotografías (200) engadidas o noso (voso) blog no apartado de galerías. Dous novos espazos súmanse os xa esistentes. Son "O Carril" con 12 fotografías e o "De Barrios" con 17.
Ademáis engadíronse 7 novas o espazo de "sempre emigrantes".
Coa colaboración de todos seguimos crecendo este espacio para o coñecemento da nosa historia.
Gracias
A fotografía da esquerda, donada por Pilar Buhigas, mostra a porta de entrada e hall da lembrada casa modernista que a familia Buhigas tiña na rúa Castelao e que forma parte de moitas postais de Vilagarcía e que a especulación inmobiliario fixo desaparecer da nosa vista.
Rematou febreiro, comenza marzo cun novo futuro no noso presente. É a unha e media da madrugada do lunes 2 de marzo. Atrás quedan moitas cousas e unha intensa fin de semana en moitos sentidos.
O máis importante é o esforzo de introdución de material gráfico que fixemos. Abrimos catro espazos novos: vamos de parranda con 13 fotografías, mulleres e traballo con 8, o referendum de 1966 con cinco e un vídeo e a festa da camelia con sete fotografías.
Por outra parte engadimos máis material en espazos xa abertos como, traballando duro con seis novas fotografías, gaudeamos igitur con 9 e a Vilagarcía de onte con 14.
Xa estamos cerca das duascentas fotografías no blog e seguimos avanzando.
Esperamos que este esforzo en aportar máis material a esta exposición virtual do Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía sexa do agrado de vostedes e que compense os momentos nos que non poidamos actualizalo blog coa periocidade que nos mesmos quixéramos.
Seguiremos avanzando. E sigan contantando con nos como asta agora, ben por correo ordinario, electrónico ou telefónico.
Hoxe vamos a saltarnos a orde de artigos para introducir a actualidade. Este fin de semana, do 28 de febreiro a 1 de marzo, celebrouse a exposición da camelia. Con ese motivo o sábado o reportaxe de Serxio en "La Voz de Galicia" versou sobre a exposición dos anos 70 celebrada no antigo Liceo Marítimo.
Aportamos tamén unha selección fotográfica sobre a exposición do 23 de marzo de 1973.
A fotografía de arriba, donada o Arquivo Social da Memoria por Pedro Piñeiro, móstranos unha panorámica da exposición dese ano.
Hoxe, domingo 1 de Marzo de 2009, os galegos están convocados as urnas para renovalo parlamento autonómico. A sombra da abstención planea sobre estes comicios. Pero traemos aquí o recordo de outros momentos onde está práctica democrática non se tiña en conta.
O 14 de decembro de 1966 os Vilagarciáns e o resto de España, estaban convocados a un acto que levaban moito tempo sen practicar: Votar.
Ese día vótabase o referendum da Ley Orgánica do Estado, o que popularmente se daba en chamar "o SI a Franco".
Como, despois do 36, non había a costume da decisión popular a través do voto, había que darlle as indicacións precisas a xente. Así aparecía na prensa da época: "Todos los ciudadanos españoles mayores de veintiún años, sin distinción de sexo, estado o profesión, tienen el derecho y la obligación de tomar parte en la votación del referéndum, emitiendo libremente el sufragio a favor o en contra del proyecto legislativo consultado".
As colas para exercelo "dereito" ó voto, como podedes ver nas fotografías, eran grandes ben grandes. Non se escatimou en publicidade. Nunha soa dirección, claro, éranche outros tempos.
Aquí podedes ver e escoitar a Franco nunha alocución pedindo o SI
Os resultados a favor do SI foron, loxicamene, abrumadores. Houbo algún NO. Pero o que case non chegou a existir foi a abstención.