lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Onte finou Gonzalo Garcia

Onte morreou o penultimo fillo de Balbanera, irman do noso Eduardo querido amigo residente en Compostela pero de corazón é de nacemento, vilagarcian. Balbanera foi unha traballadora infatigable, unha verdadeira madre-coraje.
Gonzalo Garcia Gonzalez, foi un traballador que desde moi noviño exercia como tal, o seu primer traballo atopamolo nunha das ferreterías da Marina posiblemente Sobrino, logo entrou nunha entidade bancaria, como o seu Pai o Señor Jose Garcia que traballaba no Banco da Coruña.A Gonzalo trasladarono para Madrid coa sua familia fixo ali a sua vida, pero onte na sua derradeira viaxe, os seus restos descansaron unhas horas no tanatorio de Arousa. previo a sua incineracion. en Vilagarcia
A nosa despedida a Gonzalo fillo de aquela lembrada Balbanera, irman de Eduardo, tio dos irmans Garcia Mareque, a os que tanto queremos nesta casa, a os que enviamos o noso sentido pésame e sentimento pola morte de Gonzalo Garcia. Non queremos esquencer a os fillos do finado
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-02-2022 17:16
28 de Febreiro do 2022

As subidas estan en TRADICCIOS é ACTOS, ULTRAMARINOS é CENTROS DE TRABALLO, en portada unha imaxen das mozas e mozos de Trabanca Sardiñeira nas suas festas dos principios dos sesenta. Eles participaban das carreiras en bicicleta, elas bordaban unhas cintas pra os que iban ganando.
E luns, derradeira data do mes de Febreiro, procuremos normalidade, bos dias, bo comenzo de seman
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2022 08:17
27 de Febreiro do 2022

No dia de oxe, as subidas atopanse en Vilaxoan, é Os Amigos, en portada Milita, Nai da familia Fernandez Caeiro propietarios do estanco na rua da Marina.A foto é na voda de un dos seus fillos, do brazo o seu consogro, foron padriños.
Pois nada, as noticias poñen as cousas moi dificiles, pero procuraremos ser felices.
Bos Dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2022 07:31
Finou María, de Castroagudín
Na imaxe, María (de pé) xunto a outra veciña
Fai uns anos, como resultado da nosa exposicion sobre as escolas en Vilagarcía, coñecimos a María e ao seu irman Eusebio. Faláronos da súa infancia e María contounos que lembraba un maestro de Castroagudin, Segundo Abal. Lembrábao con moito cariño. Asasinárono na represión porque pertenecía a UGT.
Logo contaríanos moitas cousas máis. María era unha leccion de vida, de amor aos seus, a os que desde eiquí, o Faiado da Memoria exprésalles o seu sentido e respetuoso pesame. Nunca se irá de todo porque a lembraremos.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 26-02-2022 14:11
26 de Febreiro do 2022, sabado

En TEMPO DE ANTROIDO é OS DURANS, atopamos as novas subidas, na portada a familia Vazquez, Ramona, do Carril, as nenas e a sua nai, residentes tamen no barrio dos Durans.
Bos dias, insoportable a realidade do mundo. Non aprendimos nada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2022 08:07
Finou Mari Mouriño

Nacida en Vilaxoan, veciña do Carril desde a sua voda con Chito Boveda, os dous xuntos alcanzaron todo o que se pode soñar no tema da gastronomia ou da restauracion desde un negocio fundado por eles dous, falamos do Restaurante Boveda, Mary non necesitaba ir a internet pra facer comidas de quitarlle o sombreiro, Mary era un hacha en facer pratos dos nosos de sempre. Mary era un corazon aberto, unha persoa prodixiosa que hoxe nos deixa un valeiro importante. Para Chito, pra os fillos e resto da familia o noso cariño pola figura de Mari.
Comentarios (21) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-02-2022 08:44
25 de Febreiro, venres

En OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA é TRABANCA SARDIÑEIRA, aloxanse as subidas de hoxe, en portada, membros da Coral Polifonica de Vilaxoan, celebran unha fiestuki e mentras se retratan, cantan, como non podia ser de outra maneira.
No corazon do noso continente siguen a matar xente, nos cidadans de a pé, familias normais, como as que morren non podemos facer nada.
Bos dias
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2022 07:53
Eduardo Garcia, de cumpreanos

A data é importante, o noso blogueiro Eduardo cumpre noventa anos. Para nos é un honor contar con el como amigo, Eduardo sempre esta ahi. Mirade o que digp, Eduardo esta dotado de unha intelixencia natural, importante. Somentes hai que ver como ca sua idade se conecta a internet e xestiona o seu tempo.
A toda a sua familia, felicitamola por ter ese Pai, ese Abó. Eduardiño, queremoste. Feliz cumpreanos.
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-02-2022 08:28
24 de Febreiro, xoves

As duas subidas de hoxe estan no arquivo de TRABANCA E A TORRE. En portada a rua Alexandre Boveda nos permite ollar un comercio desaparecido xa fai un tempo, BAMBT, propiedade de Rosalia Daponte, a Nena de Fandiño, donde se vendian bolsos e complementos para a muller.
Parece mentira, na Europa "civilizada" esta madrugada comenzou unha guerra, de novo unha guerra, bombas que matan seres humanos, os ineptos, incapaces, mediocres, escuros, que o unico que ven na zona e o gas de Ucrania, para conseguilo utilizan bombas que matan seres humanos, vidas inocentes. Que se pare o mundo, que busquen solucions, as guerras e os guerreros non levan a ningun sitio.
Bos dias a xente do Faiado da Memoria
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2022 08:02
23 de Febreiro do 2022, mercores

En TRABALLANDO, atopamos as subidas de hoxe, na portada vemos un decorado de aqueles que habia nas festas para retratarse, anos trinta mais ou memos entre os amigos, Varela e Perez Troche.
A disfrutar do tempo que temos, bos dias
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-02-2022 08:47
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0