lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Hoxe tocame a min

Desde este espacio que xestiono todo o ano no que se fala das nosas xentes hoxe tocame a min fago sesenta e sete anos...????(IMPOSIBLE)este dia na medida que podo e unha data feliz.
Son propietaria de un patrimonio infantil, familiar que non o cambearia por nadie. o amor a os meus Pais por coidarme a tope, en aquela casa era unha traxedia un catarro, dia e noite a o pe da cama co termometro na man, sentirse querida e moi importante pra un ser humano, os valores enseñados, a educacion, a unidade familiar...todo ese bagaxe o levei conmigo toda a vida, por eso no dia de hoxe o que mais lembro o que mais agradezco e a figura dos meus Pais.
Bos dias, moita Saude e gracias a todos por estar ahi.
Comentarios (63) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-02-2021 08:23
Sin dubida unha historia de amor

Hoxe fai 49 anos do casamento de dous mociños moi novos, Chiruca Santiago e Javier Plaza, ainda que non falamos do tempo dos romanos, de verdade que a principios dos setenta, gozábamos no país de un monumental atraso en casi todo.
Ese amor tivo que loitar moito para chegar a o dia vinteseis de Febreiro do mil novecentos setenta e dous.
Chegou o dia, precioso dia, e logo miles e miles mais de días, os fillos, os netos, ahí siguen, sempre xuntos, sempre unidos, con uns lazos irrompibles que no dia de hoxe celebran lembrando cousas que somentes eles dous saben.
Moitas felicidades parexa, falta moi pouco para esas bodas de ouro que nos estaremos encantados de anunciar e celebrar.Ate o ano que ben, moita Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 26-02-2021 08:57
Estamos a espera

Estamos a espera de que nos cheguen os libros promocionados polo Faiado e creados polo folklorista, gaiteiro, etnógrafo, CARLOS REY, co análisis musical por parte de CRISTIAN SILVA, un gaiteiro co aire e cheiro do Carril.

Calculamos que pode chegar a remesa dos libros esta semana, polo tanto a presentación podería ser o fin de semana no Faiado da Memoria... que ninguén se espante, cun aforo limitado e as debidas precaucións, mascarilla, gel e distancia correspondente.

O libro, marabilloso libro, chámase, OS ENCANTIÑOS DO UMIA, historia dos gaiteiros de Godos, creados no ano 1948 por Francisco Santalla e Manuel Jamardo , ameno como Carlos sabe facer. O traballo contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Non é fácil xestionar todo esto, polo tanto agradecese o voso apoio.

Gracias, Saude e Bos Días
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-02-2021 08:33
Animo seguro que todo ira a millor

Somentes falta unha seman pra rematar Febrero, en pouco tempo notaremos os dias mais grandes, os campos rabiosamente verdes e a chegada da primaveira. Tamen a vacuna, esto sera o millor para tranquilizar a nosa ansiedade que fai tanto dano a moitos de nosoutros. Mentras hai que coidarse, sair o imprescindible e non facer relacions sociais. Xa faltou mais, paciencia, saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 20-02-2021 07:57
Morreu Chanito

Hoxe desaparece un ser querido por todos, un patrimonio sentimental de Vilagarcia a o que todos lembramos desde sempre, tataraneto de Salvador Buhigas, non imos facer historia que daria para moito, o noso de hoxe é escomenzar desde xa a botar de menos a figura de Chano. Con seus Pais e irmans criouse na casa Buhigas Rasilla tan preciosa na que hoxe e Rua Castelao, tiña duas entradas, a outra por Arzobispo Lago. Fillo de Lolita Albarran e Luciano Buhigas, consignatario importante en outras epocas.
Chano, tierno, alegre, amante del cine, del buen comer, de su familia, nunca o esquenceremos, é de todos un pouco, Patrimonio de Vilagarcia. o noso respeto para sempre, no seu ultimo viaxe. O pesame emocionado para a sua familia.
Comentarios (62) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-02-2021 13:16
Non o temos craro

Si estamos ou non a vivir o antroido. Desde logo e o carnaval mais extraño das nosas vidas, non nos queixemos porque polo medio ahi xente que quedou atras, tristemente atras.
Que pasedes tranquilamente este domingo de Febreiro, primeira quincena de mes, a seguir millorando todo con moita responsabikidad e formalidade que boa falta nos fai
Boas tardes, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2021 18:39
Nos deixou Trinidad Martiñan

Con todo o respeto participamos o noso sentido pesame a sua familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-02-2021 06:40
Pasa a vida, avanzando no mes.

Non mentimos nada si decimos que xa van alá dez dias de Febreiro, que o inverno vai un pouco vello xa, que pra o mes que ben...entra a primavera, somentes queda que avanzemos de cara as vacunas, que nos pinchen, que Europa sirva para algo mais que para mandar sobre nosoutros, a xestion das vacunas por parte da Union Europea e un desastre.É os laboratorios que as venden un fato de mercenarios, e os cidadans no medio ca boca aberta esperando.
Bueno nos seguimos a subir fotos celebrando as dez mil na casa nova, estade a o loro, moitas gracias por estar ahi cada dia
A imaxen de Maria Luisa Mareque e o seu amor e compañeiro de vida Eduardo Garcia nun viaxe a Astorga.
SAUDE
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 09-02-2021 18:31
Finou Jose Abalo Garanjer

Era moi novo, sentimos a sua perdida, o seu ultimo viaxe, enviamoslle a sua familia o noso sentido pesame
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-02-2021 20:57
Estamos todos cheos

Porque logo de un importante numero de anos,traballo de a diario, por suposto lento, eso si organizadamente constante, chegamos na casa nova as dez mil fotografias, loxicamente xa é unha cifra importante, mais nesta casa vella na blogoteca temos cerca das quince mil, pero tamen escomenzamos moito antes.
Que sepades que Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro que somos os xestores do FAIADO DA MEMORIA, adicanvos este traballo de recopilacion visual, por certo non é o unico que facemos a diario seguimos a escanear fotografias e arquivandoas, tamen esto chegara a ser importante en Galicia cando pase un tempo.
Vai por vos, os nosos apoios, os nosos amigos, bos dias, Saude
Comentarios (14) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-02-2021 09:13
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0