lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Un viaxe moi soñado

Por parte da sua nai Luisa Perez, Luis Carlos Penide ten unha chea de primos na Arxentina. E hasta ala se foi o noso blogueiro cheo de emocion, emocion porque levaba anos ansiando coñecer a familia, porque quen ten corazon sinte a chamada das raices, e o noso Carlos ten un corazon que se lle sale polo peito. Nos os do Faiado que o queremos sentimonos felices pola viaxe, agora fai un pouco fomos ver os visitantes do noso blog e aparte de Estados Unidos, Venezuela, Luxemburgo, Holanda, Francia España, entraron catro de Arxentina, dous de Mar del Plata, onde esta a chegar o noso blogueiro, enton foi cando tivemos a urxente necesidade de saudalo, non soio a el, tamen a seus primos descendentes das nosas xentes, polas que temos o mais infinito respeto. Saudamos pois a todolos galegos emigrantes na Arxentina, ainda que nunca viñeran a galicia...eles naceron ala porque os seus pais foron a buscar unha estabilidade que o seu pais non foi capaz de darlle polo mesmo son....dos nosos
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2012 21:37
O Sabado Ingles

O 29 de Xaneiro de 1921 Clifford Secly, de 17 anos, natural de Bristol e aprendiz de mariñeiro, faleceu en Vilagarcía a consecuencia dun golpe nun partido de futbol entre os ingleses e a nosa xente.

Xa poden vir os de Riotinto decindo que o futbol en España naceu en Huelva... pois non, naceu en Vilagarcia de Arousa (e as hemerotecas nos remitimos), enseñáronnos a xogar os inventores... os ingleses.

Amplio é o enraizamento que deixaron entre nós, tamén morrían con nos, por iso contamos cun cemiterio inglés a beira do noso, na estrada que nos leva a Rubiáns.

Os dos pobos de arredor aos de Vilagarcía chámannos...¡Ingleses!. Pois levan razon... temos un punto moi british.

Durante mais de sesenta anos viviron entre nós, divertíronse e choraron entre nós...

Hoxe celebramos en Vilagarcía o final do antroido... ¿E como se chama?: ¡SÁBADO INGLÉS¡
Non o podemos remediar... Lembrade que estamos a facer un documental que recollerá aquelas visitas dos acorazados, torpedeiros, destructores, ? que sementaban de barcos a nosa ría e de vida e cartos a unha Vilagarcía con vitalidade, que impulsaban a economía do noso pobo e das nosas xentes.

A fotografia recolle outro dos antroidos vividos no noso pobo, onde os nosos veciños mantiñan o humor en tempos dificiles, onde os disfraces non costaban unha perra, onde primaba a fantasía e imaxinación, onde se buscaba divertir e pasalo ben, tíñamos verdadeiros expertos como a familia dos Pitilleros, Dito e Pepito, Enrique Campos e os seus fillos, Marina Casabella e Lola a churrera, Pasarin,... vestidos de choqueiros con roupa vella tíñanos a rir unha semana enteira. O noso agradecemento
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 17:08
Levou Vilagarcia polo mundo

Seu pai foi consul de Uruguay en aquel pobo noso que tiña de todo, Leopoldo Novoa pasou a infancia en Vilagarcia, de vez en cando volvia...o xoves pasado finou en Paris...a Susana a sua dona un abrazo moi forte. Leopoldo foi un pintor recoñecido no mundo enteiro.

Do seu paso por Vilagarcia e a sua relacion co pobo temos en Terra de Artistas unha foto sua con Seso Giraldez amigo seu de verdade
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 25-02-2012 10:07
LAVADOIRO EN CORNAZO

Agustín Romero García, natural de Cornazo, emigrara ao Uruguai no 1854. Amasou fortuna invertindo na compraventa de terreos e noutras empresas o que gañara nos negocios agrícolas.

Gracias o diñeiro conseguido realiza unha serie de obras filantrópicas na súa parroquia como a escola no lugar de San Pedro de Cornazo. Era unha escola para alumnas exclusivamente. Deste xeito o ensinante era unha mestra (a primeira foi a profesora Bouza Trillo) á que se lle dispuso unhas estancias no mesmo edificio da escola.

Según se pon de manifesto nas actas de entrega de edificios e demáis material para a escola de nenas en Cornazo, Agustín Romero mandou levantar un edificio ? por amor a su patria y muy especialmente a los vecinos de esta parroquia en que ha nacido y en el vehemente deseo de combatir el analfabetismo?.

En Vida Gallega explicábase a intención de ensinar ás nenas a ler e escribir ?y otros conocimientos superiores, aquellos niños que antes estaban condenados a perpetua ignorancia o al sacrificio de un largo viaje? cara a emigración.

No ano 1928 Agustín Romero cedeu o local da escola ao concello de Vilagarcía, máis unha renda anual de 100 pesetas.

Hoxe xa non se conserva o debandito edificio.

Este lavadoiro é outra das obras que mandou facer. Data, como podemos ver na placa, do ano 1921.

Así celebramos os do Faiado a subida semanal, e tamén nos permite celebrar a inclusión da foto 700 na Galería de A Vilagarcia de onte.

A Vilagarcia de Onte (8)

O Carril (1)

Os Amigos (4)

Posando (1)

Tempo de Antroido (2)

Soan Campás de Voda (1)

Disfrutade desta subida e que teñades unha boa semana.

Nota: Partes do texto anterior están extraidos da Enciclopedia da Emigración Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-02-2012 06:42
Morreu Mary

Ela era Mary Fernández, filla de José María e Laura. Chamounos Charo Chirinos, a súa única filla, Charo e blogueira e colaboradora, decimos que nos chamou rota de emoción para comunicarnos a morte da súa nai.

Mary naceu un 25 de Febreiro e celebrábase o entroido. Finou o 17 de Febreiro a punto de explosionar o entroido do 2012...como ela tería desexado, porque Mary era unha entusiasta do carnaval, Mary era alegría, Mary era vitalidade... Mary era unha filla de Vilagarcía, coñecida por todos e é así como tal a sentimos...

O Faiado manda o seu abrazo virtual a Charo, José Manuel e Pablo pola perdida de Mary.


donada por charo chirinos fernández
Comentarios (5) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-02-2012 17:27
SENTIMOS O PASAMENTO DE LOURDES


Finou Lourdes Lores Melio, ela era a viuda de Santiago Melio Vidal que fora barbeiro de toda a vida no barrio de San Roque. Fai pouco tempo os do Faiado pasamos o día na Residencia Valle Inclán, nas Sinas. Alí gravamos entrevistas, para o documental, a varias personas, e alí, ese mismo día, coñecimos a Lourdes. E nos enamoramos de Lourdes. Nos decía aquilo de "como me gustaría ir a cociña a enseñar a estas a facer empanadas". E botaba unhas gargalladas como mundos...

Toda alegría, pero... tiña moitos anos, noventa e catro... foi un privilexio e un honor coñecela.

A nosa blogueira e colaboradora, Lourdes Melio, o noso abrazo, a aos seus irmáns Santiago e Ricardo, as súas noras, netos e resto da familia o noso pésame mais sincero.

O enterro sera mañá luns, 20 de febreiro, as cinco e media da tarde.

Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-02-2012 20:46
Pasen....chega o antroido.


E imos na procura de disfrutalo.

Porque os pobos, a xente que traballa (os que traballamos sin cobrar xa somos a última carta da baraxa, a que se descarta) merecemos ser felices. Non pode ser que se nos trate tan mal, todo o que se lee.... todo... na radio, na television, na prensa, e triste a rabiar... e non o merecemos, non. Por iso como remedio para as cabeciñas e os corazóns... ¡VIVA O ANTROIDO!

Tamén aproveitamos para saudar as boas personas de Cea e Castrogudín que hoxe estrean carpeta.

A subida de hoxe son 34 fotografias repartidas polas seguintes Galerías:

Atopando detalles (3)

Cea-Castrogudín (7)

O Carril (9)

Tempo de Antroido
(15)

Saude e Alegría... e a disfrutar.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 17-02-2012 18:57
SUBINDO COARENTA E CATRO FOTOS E VAN...


¡CELEBRANDO AS SETE MIL!


Non é fácil... é un sentimento, gústanos, pero tamén é unha especie de disciplina... que as veces... píllanos cansos. Pero apelamos a responsabilidade... a seriedade... e ahí vamos.

Empezamos case onte e temos sete mil fotos subidas ao blog (na recámara do arquivo ainda quedan setenta mil), é un fondo incalculable, pero, bueno, deixémonos de presumir.

Hoxe subimos nas Galerías de:

A Vilagarcía de Onte (9)

O Carril (11)

Personas Recordadas (2)

Trabanca e a Torre (12)

Vilaxoán (9)

Xentes e Lugares (1)

E agora disfrutar desta subida entre fin de semanas.
Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-02-2012 19:36
Deixounos... Carmen Rey


Mais coñecida como Carmiña Comendador. Estivo casada con Carlos Comendador toda a vida. formaron unha familia con cinco fillos, aos que nos hoxe mandámoslle un sentimento de respeto pola memoria da sua nai.

A Carmiña sempre a lembraremos como unha muller chea de dozura, lembrámola fai un tempo na súa casa cando Carlos nos contaba como era Vilagarcía fai anos, moitos anos...

Carmiña era filla de Manolo Rey que, xunto con Urioste e Juanito Buhigas, marcaron a cultura de Vilagarcía por décadas.

Gracias a Carmiña por formar parte do noso pobo e da nosa memoria.

Carmiña, nesa composición fotográfica dunha entrega de premios, é a cuarta pola esquerda con traxe escuro.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-02-2012 14:07
Finou José Piñeiro

Hoxe enterrouse a José Piñeiro, Seso, para a súa familia, veciños e amigos.

Seso era fillo de Matilde, a Minanta, e do seu home, un dos Rubios da Torre, traballadores e grandes personas que deixaron boas lembranzas entre os seus veciños.

Seso traballou media vida en muebles Saavedra, era moi coñecido, por medio mundo.

Na fotografía o vemos no bar de Victoria, a Garabana, facéndolle unha homenaxe a un veciño da Torre que chegaba de Asturias.

Tucho Caeiro, Chito, o señor Antonio, José Piñeiro (Seso), Julio, fillo do señor Antonio, Tino, Pino Chorén, Manolo, o Pericoto.... memoria viva da Torre.

Hoxe lembramos como non podía ser doutra maneira a José Piñeiro


fotografía donada pola familia Abad Sabarís
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-02-2012 20:32
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0