lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Mauthausen e o Arquivo Social da Memoria

Dentro das súas actividades ao Arquivo Social da Memoria encomendóuselle a tarefa de buscar datos sobre as familias vilagarciáns que tiveran un familiar nos tristemente celebres campos de concentración nazis.

A cuestión era buscar posibles fillos desas personas que faleceran nos campos e que fosen menores de 21 anos no momento da morte dos seus proxenitores, xa que o goberno francés lles concede unha axuda duns 27.000 ? polos padecementos sufridos polas súas familias.

A falta dos datos que ainda nos ten que aportar o Rexistro Civil da Vila, a día de hoxe (18 de febreiro e 2009), e logo de ter consultados os libros de nacementos das parroquias de Vilaxoán e O Carril, temos identificados a tres dos falecidos dos que, dous deles, temos localizados as súas familias.

Os nomes e datos de vida das cinco personas son:

José García Rodríguez de O Carril
nacido o 12 de abril de 1912
morto en Mauthausen o 15 e outubre de 1941

Antonio Quintáns Romero de O Carril
nacido o 5 de maio de 1909
morto en mauthausen o 19 de marzo de 1942

Francisco Varela Loureiro de (supostamente) Trabanca Sardiñeira (pode ter fallos no nome)
nacido o 15 de novembro de 1896
morto en Mauthausen o 6 de abril de 1941

Ramón Díaz Ribas de Vilaxoán
nacido o 15 de outubro de 1887
morto en Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941

Antonio Lamas Jueguen
de Vilaxoán
nacido 0 9 de agosto de 1912
foi o único que foi liberado do campo de Buchenwald (Alemania)

O día 17 de febreiro celebrouse unha xuntanza entre as dúas familias localizadas e os medios de prensa:

O Faro de Vigo, nun artigo escrito por Juan Fernández, titula, Una historia para los invisibles

No Diario de Arousa, Montse Fajardo escribe, Francia libera los recuerdos de Balbina, na sección de Vilagarcía

E en La Voz de Galicia e firmado por Roi Palmas, dous artigos: Francia salva la memoria arousana del exterminio nazi e Antonio Lamas fue uno de los liberados de Mauthausen.



A marxe dos vilagarciáns, outras personas da comarca sufriron padecemento e/ou morreron neses campos de concentración. Son o caso de,

Ramón Garrido Vial de O Grove (alias León Carrero Mestre) nacido o 24 de maio de 1915 e liberado en Allach 0 30 de abril de 1945

Antolín Rodríguez Abad de Vilanova de Arousa, nacido o 19 de outubre de 1912 e morto en Mauthausen o 10 de xaneiro de 1942

José Callón Peón de Ribeira, nacido o 13 de otubro de 1913 e morto en Mauthausen o 19 de febreiro de 1943.

Silvestre Albite Miranda de Ribeira, nacido o 5 de setembro de 1912 e morto en Mauthausen o 9 de novembro de 1941.

Francisco Caamaño Fernández de A Pobra do Caramiñal, nacido o 3 de decembro de 1907 e morto en Gusen o 3 novembro de 1941.

Juan Cameán San Isidro de A Pobra do Caramiñal, nacido o 1 de novembro de 1910 e morto o 29 de outubro de 1941 en Hartheim.

José Millán Martínez de A Pobra do Caramiñal, nacido o 29 outubro de 1915 e morto o 15 de xaneiro de 1942.

José Mínguez Castro de A Pobra do Caramiñal, nacido o 11 de marzo de 1908 e morto o 10 de xaneiro de 1942.

José Naveiro Couso de A Pobra de O Caramiñal, nacido o 19 de marzo de 1911 e morto en Hartheim o 18 de decembro de 1941.

Marcelino Ríos Outeiral de A Pobra de O Caramiñal, nacido o 7 de novembro de 1914 e liberado o 5 de maio de 1945 de Mauthausen.

Francisco Mendoza Coto de A Pobra de O Caramiñal, nacido o 21 e febreiro de 1912 e do que se descoñece o seu destino.

Na base de datos do Ministerio de Cultura tamén podemos atopar xente de Pontevedra, Boiro, Noia, Corrubedo, Vigo, etc
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 14:34
Perdoen as Molestias

Por motivo da grande cantidade de fotografías recibidas nos últimos días atopámonos ocupados a tempo total no escaneado deste material.

Por iso nos está sendo difícil a actualización do blog de forma diaria tal como era a nosa intención unha vez que comenzamos a preparar este espazo.

Por iso esperamos de que os que nos visitan dunha forma asidua nos poidan perdoar. O vindeiro xoves, 19 de febreiro, esperamos ter actualizado o blog con abundante material para poder compensar esta espera.

Gracias e permañezan atentos a pantalla. Enseguida estamos con vostedes.

O Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2009 00:39
Dando a nota
Texto ainda por colocar


foto donada por Segundo Barcala
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-02-2009 15:23
A praia Compostela

Texto provisional. Só sirve para afianzala fotografía.


foto donada por Fefa
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-02-2009 20:44
O "muelle" de ferro


Gracias a cantidade de fotografías que vostedes están cedendo o Arquivo Social da Memoria, e esperamos que sexan moitas máis, podemos realizar espacios monográficos adicados a distintas localizacións de Vilagarcía. Distintos puntos de vista dun mesmo lugar.

Vamos a comenzar por un dos lugares emblemáticos da Vila. Aquel do que todos falan e que uns poucos poden decir hoxe que o viron e que o disfrutaron.

Un lugar que serviu para recibir a moitos visitantes ilustres e viaxeiros camiño da cidade Santiaguesa, que despediu a moitos camiño dun porvir máis alá do mar.

Estamos a falar do "muelle" de ferro. Esa extensión de Vilagarcía que se abría catrocentos metros sobre o mar. Parecía que invitaba a xente a pasar. Que servía tamén para realizar un paseo dominical. Contemplar unha posta de sol. "Ir a velos barcos" que chegaban.

A mediados dos sesenta este, que xa era un emblema de Vilagarcía, desaparece "en ben do progreso". Pouco a pouco Vilagarcía, a pesar de nacer e crecer desde o mar e co mar, comenzaba a alonxarse del.

Quédannos hoxe, para o recordo, aquelas imaxes que gardaron os fotógrafos, que serviron para imprimir centos de postais, que recolleron cámaras de aficionados que ían a "retratarse" a ese peirao, o "muelle" de ferro.


foto donada por Teresa Briones


Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 11-02-2009 20:09
Os trompos en Vilagarcía

Como unha parte do proxecto de o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía tamén está a recollida de material documental e das testemuñas orais. En canto as segundas temos, a mes de febreiro de 2009, un total de 20 horas gravadas. Pero estas testemuñas tamén poden vir en forma de escrita. Este é o caso do traballo que presentamos hoxe e que pode ser baixado pulsando aquí.

O traballo moi elaborado e ben documentado foi realizado por Pepe Prego Carregal desde o "seu retiro" coruñés.

O traballo é tan válido para o que queira coñecer e lembrar aquelas partidas de "trucalperde" xogadas polas rúas de Vilagarcía, como para os que estén a realizar traballos sobre a etnografía do xogo popular. Que conste que eu nunca escoitara o nome deste xogo de trompo por iso, para nos, o fai ainda máis interesante
Comentarios (1) - Categoría: Zona de DESCARGAS - Publicado o 09-02-2009 23:15
Personas inesquencibles
Neste pobo, como en todos, quedaron gravadas na nosa memoria moitos persoeiros. Homes e mulleres que conviviron con nos, e que fai tempo que se foron para sempre. Imposible recollelos aqui a todos, pero seguro que os poucos que recollemos, faranos agrandar as retinas.

Como exemplo traemos na portada deste artigo a Don Xosé Moreira Casal. Sempre temos que decir o mesmo, o médico dos pobres, o amigo dos máis humildes, por vocación e tamén por convición.

Cando se facía unha recollida oral, sobre a etapa da Segunda República e se lle preguntaba a xente "¿Teu pai en que partido estaba?" Eles sempre respostaban o mesmo: "Meu pai non era político, meu pai era de Don José Moreira".

Co seu cabalo blanco, Lucero, recorría as corredoiras polas aldeas máis intransitables, a calquera hora do día ou da noite. Visitando enfermos, sen cobrar, a veces deixando cartos nas casas mais humildes que non podian costear as mediciñas.

Don José tivo o enterro máis grande coñecido neste pobo. Saltáronse todas as normas e protocolos dos enterros porque foi levado a hombros hasta o mesmo cimeterio. Logo hubo multas e inclusive detencións. A xente deulle igual. Queríanlle e demostráronllo.

A foto foi donada pola súa filla Maruxa.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-02-2009 19:49
Vamos a retratarnos
Antes da invención da fotografía só as personas cunha notable disposición económica podía ter colgada na parede o seu retrato. Eles eran quen de poder pagar a un pintores de máis ou menos renome, dependía do Din que tivese o Don.
Pero cando chega a fotografía, incluso antes co daguerrotipo, o retrato comenzou a democratizarse. Por outro lado xa non eran aqueles longos días posando sen poder moverte nin un pelo. Ainda que ó principio da fotografía tamén resultaba incómodo ter que estar un rato teso como un garabullo por que senón "saia movida".
Todos comenzaban a ter acceso a esa nova arte. Os fotógrafos eran os focos de atención alí onde ían cos seus bártulos ó lombo. A xente xuntábase en grupos para que lle realizasen a foto. Cantos máis mellor. Era bo para o fotógrafo, xa que podería vender máis fotos e era bo para o fotografiado posto que podería sairlle máis barato.
Despois estaban os "estudios". Alí xa ibas de bonito. O retrato era algo para a posteridade, era o recordo que ibas a deixar. Para moita xente era a única foto que iba a facerse na súa vida. Era unha inversión, tanto económica como emocional. E polo tanto tiñas que quedar ben. Se facía falta pedir un traxe de prestado, pois pedíase. O importante iba a ser o comentario que iba a quedar tras velo retrato: "está como un pincel", "guapo, guapo", "está mellor que o natural".
Os estudios tamén foron cambiando, os fondos pasaron de ser dunha soa cor (negro ou blanco, xa que as fotos non reflexan outra cor) a ser pintados con distintos temas decorativos e a escena foi enchéndose de elementos de atrezzo como sillas, diváns, columnas, bicicletas, carricoches, monecos,... Pouco a pouco o estudio comenzou a convertirse nun almacen.
Isto ocurre, claro, nunha vila grande como Vilagarcía. O fotógrafo de pobo tiña que contentarse con desplegar a sábana blanca, a veces con remendos de tanto ser usada, contra a parede e confiar na iluminación que lle brindaba o sol para poder impresionar os negativos e ós
clientes.
Balbino Costa, Martín, Gato, Porriño, Nacho, Soto, Ferrazo, Leal, Rañó,...son algúns dos estudios que comenzan a nacer na vila. Tamén atopamos fotógrafos itinerantes como foto Albacete, ou foto Maño que estaba (e sigue estando) en Caldas de Reis, ou mesmo Pasarín, ainda que este é paseante pero denro da popia Vilagarcía.
Dentro doutra sección deste blog vamos a intentar dar unha mostra dos distintos fotógrafos que tivo esta vila dunha forma monográfica, ainda que a colaboración dos fotógrafos vivos, ou dos seus herdeiros, co Arquivo Social da Memoria, hasta o de agora, é máis ben mínimo, esperamos vencer pronto esta situación.
Agora vamos a dar paso a esta exposición de retratos dalgúns dos veciños de Vilagarcía.

Neste artigo acompáñanos unha fotografía donada por Margarita Teijeiro e que nos mostra a Carmen Alba Quintana nacida en Rubiáns alá polo alborear do século vinte. Carmen era irmán de Mariano, recoñecido contratista Vilagarcían entre cuias obras destaca a igrexa dos padres claretianos en Santa Lucía, que comenzou a construir no ano 1931 e rematou no 33. Tamén foi a nai de José Santiso Alba tamén continuador da labor do seu tío alá polos sesenta.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 08-02-2009 11:17
Os deportes chegaron coa escuadra
De toda a vida ós de Vilagarcía chamáronnos ?os ingleses?. De toda a vida, incluindo a día de hoxe, a escuadra inglesa recalou nesta Vila. Comenzou a vir desde mediados do século XIX e está claro de que, ademáis do diñeiro e algunha cousa máis, deixáronnos o futbol, ?el juego de la pelota? como ven expresado na prensa da época. Ese deporte que os británicos inventaran e que logo foron difundindo alí por onde pasaban.

O ?Faiado da Memoria? atopamos na ?Gaceta de Galicia? do 27de febreiro de 1883, unha reseña do ?Faro de Vigo? onde se fala de cómo os mariños ingleses estaban a ?xogar a pelota? no malecón e de cómo a xente do pobo acudía a velos.

Cando os ingleses recuncaban na vila non era extraño que a prensa local, como ?Galicia Nueva?, escribese: ?todos estes pasados días han jugado al football y hokey los oficiales y marinería francos de servicio...?

Desta relación ingleses-futbol-Vilagarcia podemos darnos conta cando, uns anos despois, se constitue unha directiva de futbol. O equipo chamaríase o ?Villagarcía foot ball Club?, sendo o seu presidente Renaldo Cameron Walter, cónsul inglés en Vilagarcía e como vicepresidente a Charles Lessner.

Explicao moi ben, no ano 50, Luis Bouza Trillo cando relata a historia do futbol local nun artigo publicado en ?el Pueblo Gallego? sobre a ?historia y antecedentes del Arosa S.C.?.

Tamén nunca ?croniquilla? escrita por un tal V. Klé onde fai referencia as relacións dos ingleses e Vilagarcía e o ?esport? que os primeiros traian e que alborotaban a ría.

E de ?esports? e do que vai tratar esta galería fotográfica que iniciamos baixo este título xenérico de "os deportes chegaron coa escuadra".

Na foto da esquerda vemos ó consul inglés en Vilagarcía, Cameron Walker. Renaldo, casado con María Austroberta, tivo varios fillos, entre os que destaca Carmen, máis coñecida por Cachúmbala. Vivía nunha casa do barrio da Prosperidade (hoxe sigue ali) e que da a praia da Concha e que a xente lle daba por chamar "a praia de Cachúmbala"
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-02-2009 22:25
A illa de Cortegada
Roque Ramos naceu na illa de Cortegada. Alí tiña a súa casa, as súas fincas, o seu barco. Transcurrido o tempo casouse cunha veciña súa que, só un ano despois da voda, morría a consecuencia dun parto. Contan que Roque criou a nena, nacida daquel fatal alumbramento, metendoa nun forno de pedra que tiñan na casa.

Volveuse a casar con Dolores Cea, coa que tivo varios fillos. Roque morreu por causa dunha caida do cabalo na illa. Os fillos fóronse casando e marchando do lugar. Só quedou Pepa, a súa filla máis pequena que, en 1900, casouse con José, un veciño do Carril. A voda foi en Cortegada e cóntase de que os pasteles do convite encargáronllos a pastelería de Poyán, en Vilagarcía, e que, enriba, estaban malos e que a consecuencia daquelo moitos tiveron que utilizar a flora da illa da illa para limpar os efectos do que o corpo lle pedía desaloxar.

A parexa quédase a vivir en Cortegada, na casa de sempre. José vaise embarcado na compañía Transmediterránea, onde o irmán maior de Pepa tiña un cargo importante.

O 15 de agosto de 1905 recibe un telegrama no barco co remite da súa muller. Acababa de ter un fillo. E como eran moi ?orixinais? puxéronlle de nome, José.

Pouco tardaron en chegar pola illa os rumores das ideas dun ?grupo de notables? de Vilagarcía e contorna de que querían regalarlle a illa ó rei. E, claro, regaláronlla.

A Pepa déronlle unha casa no Carril preciosa. Polas mañás abría as contras e Cortegada estaba enfrente. Pero ela estaba na orela contraria. Era como sentirse dentro dun espello. Agora era parte da paisaxe que levaba ollando toda a súa vida desde a ?súa casa?. Nunca sentiu súa esta outra casa, nunca lle gustou. Tamén, como compensación a expropiación forzosa, déronlle unha cantidade de diñeiro coa recomendación de que o ingresase na ?banca Deza? propiedade dun daqueles notables que ofreceron o regalo. O pouco de ingresalo diñeiro na ?Deza? esta creba, quedándose con todo o diñeiro dos illanos que confiaran nos seus consellos. Agora xa estamos sen terras nen diñeiros.

Pero esta historia non podería rematar mal, pero como isto non é un conto nin unha película, senón que é un feito verdadeiro, as cousas acaban ben para quen non son os nosos protagonistas: os herdeiros da ?banca Deza? volveron a abrir outro banco en Santiago anos despois.

Na parte superior temos unha fotografía donada por Paca Berride, onde vemos a un grupo de mariscadoras traballando nos viveiros coa illa de Cortegada o fondo. Desde a dereita a esquerda temos a Carmen, Xefa e Paca Berride Teijeiro. A súa beira o seu home, González. Paca, que estaba embarazada de Chicho Berride, deu a luz o día seguinte de sacar esta fotografía.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-02-2009 16:00
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0