Gracias, de novo a Pepe Prego, pola súa aportación ó Arquivo Social de Vilagarcía. Esta vez trátase de dous fabulosos libriños datados en 1916 e 1924. Son dous apropositos escritos, o primeiro, por Ricardo Urioste e Román Fernández e titulado "El dios Momo Diputado o Arremángate que hay lama" e o segundo "Fantasías de Severo ó Contra todo y contra nadie" escrito nesta ocasión por Manuel Rey Posse e J. Buhigas Olavarrieta, con incrustacións de Román Fernández Gil. Ambalasduas editadas na imprenta de "Galicia Nueva".
En breves días teremos dixitalizados os dous libriños (dunhas cincuenta páxinas cada un) e colocarémolos para que todos vostedes os poidan baixar e disfrutar.
A iso vamos a engadir os textos escritos polo propio Pepe Prego a quen lle estaremos agradecidos por todas as aportacións que nos fai.
Na foto da esquerda unha foto donada por Chocolate donde está el, vestido de Cardenal, na celebración dun enterro da sardiña de Vilaxoán no remate da década dos setenta.
Vamos a ter que pedir continuamente perdón polos paros entre subida e subida fotográfica para o blog. Pero as veces hai cuestións que nos superan como o é a da dixitalización de novos arquivos. E isto oblíganos a realizar paróns que non desexariamos. Pero en algún momento temos que facer algún descanso xa que a nosa espalda nolo pide dunha maneira doorosa. Doorosa para nos claro.
Por iso vamos a deixalos fins de semanas para adicalos a subir a maior cantidade posible de material e así que poidan vostedes disfrutar durante a semana do noso Arquivo. E xa estamos nela.
Hoxe, sábado de reflexión autonómica, adicámonos a ampliar os espazos de "A Vilagarcía de onte" e "Gaudeamos Igitur". Novos/vellos lugares de Vilagarcía de Arousa así como as escolas, como os interiores do colexio León XIII e as excursións felipenses engádense as xa existentes.
Tamén vamos a abrir espacios novos como un adicado ás parroquias, as tradicións ou ós amores.
Pero isto irémolo contando así como as vaiamos colocando.
Na foto da esquerda, donada por Mari Cruz, vemos a un adolescente Luis Carús (tería catorce anos nesta instantanea) preparándose para un choque futbolístico.
Falando da familia Carús aconsellámovos que baixedes este artigo do xefe de comunicación do concello vilagarcián, Manu Villaronga, que coidamos sumamente interesante
O Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía tamén colabora coa produción audiovisual.
Nesta ocasión trátase do programa para Televisión de Galicia, "Salitre". O tema central deste formato televisivo son os portos é a súa relación coa sociedade que a rodea.
O Arquivo Social aportou os contactos coa xente, mariñeiros, pescantinas, club de mar, etc así como no aporte de material gráfico e audiovisual sacado do seu fondo documental.
A gravación levouse a cabo durante dous días en mar e terra.
O resultado saberémolo en breve.
Na fotografía que acompaña a este artigo vemos ó equipo de realización, a cuio frente estaba Rivadulla Corcón, entrevistando a Belarmina Ordóñez tranquilamente sentados na praia de Compostela, comenzando cun agarimoso ronroneo musical..."teño un amor en Rianxo, e outro en Vilagarcía".
Comenzamos agora un novo espazo onde vamos a ir colocando vídeos, ben gravados e realizados polo Arquivo Social da Memoria, ou de outras personas ou productoras e que teñen relación con Vilagarcía e o seu contorno.
O que inicia este espazo é un fragmento dun traballo do "taller de edicións J.A. Durán", dirixido e guionizado por J. A. Durán e realizado por Jorge Durán.
Trata sobre o Señor da Golpelleira, López Ballesteros, nacido o 21 de xullo de 1782 no pazo da Golpelleira. Foi un dos artífices do levantamento de Vilagarcía contra a invasión Francesa. O documental leva por título, Luís López Ballesteros: El estratega de la Revolución "legal"
Se no artigo anterior Rosa e José, movíanse por terras extrañas en busca dun futuro neste e Antonio quen navega terra adentro nesa mesma percura.
Antonio Alejandre é unha persona na que se amosa que os efectos daquela Guerra Incivil que asolou este país nos anos trinta, non rematou, para algúns, con aquel "cautivo y desarmado el ejército rojo...". No. Cando Antonio sae da cadea vaise a atopar a imposibilidade de poder traballar no seu pobo. E comenza un periplo que o vai levar de salto en salto. Non e que se poña a dar brincos para poder gañarse a vida senón que vai a traballar en boa parte das presas que se fixeron neste país.
Logo da guerra, logo de catro anos preso, Antonio quixo marchar de España. Non o deixaron, e a súa vida foi sementar pantanos do País Vasco a Andalucía
Escribo isto mentres escoito unha versión do "come together" dos beatles. Rosa e José non creo que tiveran tempo de cruzarse con eles alá polas illas británicas. Tiñan o tempo demasiado ocupado co traballo.
Pero hai unha cousa, o velas súas fotografías da emigración, e era ese coche co que posa José nesta foto da dereita e que no artigo de Serxio é Rosa a que está retratada con el.
Os que temos algo máis de trinta anos (bastantes mais) lembrámonos de cando os emigrantes chegaban o noso pobo con aqueles cochazos que daban ganas de collela maleta e sair escopetados a buscar ese lugar onde debía brotalo maná no medio dos campos de millo. Non como aquí que neses campos só había espantallos, homes do saco e sacauntos. Aquilo si que era un efecto chamada.
Cumplindo o prometido, xa estamos aquí.
Para comenzar tres espacios novos: Os toros en Vilagarcía, unha rareza, as obras, esa historia de nunca rematar e o comenzo de Fexdega. decenove fotografías que ilustran eses espacios da memoria. A amplia recollida de material gráfico destes días permítenos abrir novos espacios e/ou aumentar os xa existentes. De momento apostamos por abrir ventás antes de aumentar os contidos das xa existentes.
De tódalas formas sería importante a opinión de vostedes por se lles gustaría reforzar algún dos apartados xa existentes. Todo se informaría no apartado principal. De momento disfruten destes novos espazos.