lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Xornadas en Vilaxoán

O próximo fin de semana no salón da Cofradía celébranse unhas xornadas moi interesantes a debatir, vaise falar entre outras cousas da defensa dos valores da liberdade, da man de Anxo Doval e Maria Jose Costa.

Deixamos o programa porque nos parece de moitísimo interés no eido de aprender o que non sabemos:

VILA MARIÑEIRA 18, 19 e 20 de decembro. Salón da Confraría de Vilaxoán.

VENRES 18 19:00 Acto de apertura.
Unha vida pola liberdade: Luís Costa García” Maria Xosé Costa Alcalde. Docente

"A loita pola liberdade do rural de Vilaxoán. 1936”Xose Anxo Doval Rey. Historiador

SÁBADO 19 18:00
A realidade lingüística dunha vila de Arousa” Manuel Portas Fernández. Sociolingüísta

19:30 “Vilaxoán no seu contexto urbanístico” Conversas con Daniel Pino Vicente

DOMINGO 20 12:30
A singularidade musical de Vilaxoán” Mesa redonda con:
Luis Cardalda. Director Comparsa “Marajota e media”
Carlos Rey. Folclorísta
Modesta Domínguez.Directora da Coral “Máximo Patiño”
Álvaro Cardalda. Director de Vilaxoán Canta.

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-12-2020 09:31
Hoxe a metade do mes

Xa e dia quince, é nesta data partimos o mes, un mes importante para non facer demasiadas parvadas que influian na expansion do virus. O importante e chegar sin demasiados problemas a vacuna.
Por favor teñamos sentido comun, navidades hai moitas, vida unha soa.
Bos dias, primeiro a saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-12-2020 08:49
Finou Ana Morquecho

Moi coñecida no pobo, foi profesora de Ximnasia no Colexio Filipense, moi relacionada ca Seccion Femenina, Ana logo de todo esto se trasladou a vivir a Barcelona, non fai moito que retornou a o seu pobo a Vilagarcia.
A o seu home, a os seus irmans e resto da familia noso sentido pesame.
Comentarios (32) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-12-2020 07:07
2021 EN POSITIVO

Polo que podedes ver non foi un ano vacio, non, quizás poderíamos decir que foi un ano en que non poidemos facer todo o que quixéramos, pero adaptámonos. Iso debe ser por que estamos curtidos en moitas crisis.Esperamos que todas e todos estedes ben, quizás non disfrutando o que quixéramos, pero nada é para sempre,polo tanto para todos os nosos amigos, para todos aqueles que teñen que deixar a sua terra para poder sobrevivir que o ano que ben traia xusticia social, que boa falta fai.
Saude, memoria, xustiza e solidaridade no 2021
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-12-2020 19:19
A ver, imos contar


Pois xa sabedes que temos dúas casas virtuais: a Blogoteca e a casa nova ou Phottic. Ben, pois a última os seus propietarios cambiaron e van transformar as líneas dos seus traballos. Entón estamos nese momento en que primeiro abres a boca e tardas en pechala. ¡Mi madriña, as miñas horas, os meus días empregados en amoblar as duas casas!…

En fin, as fotografías son nosas, primeiro, gozan de boa saude dentro dos nosos arquivos, as que subimos, as que están na paxina cos seus comentarios, van a sufrir un volcado e nolo envían todo.

Serán memorias recuperables para un novo solar, si pero….quédanos un regusto amargo, hai que empezar de novo a aprender técnicas que as veces chocan coas ganas que temos de traballar.

Paréceme que xa é bastante promocionar o Faiado subindo unhas cuantas fotos ao día. Si ainda por riba entramos en tempos de pedagoxia…. en fin, xa iremos contando, o que si de esta vez imos procurar que a casa sexa nosa de verdade. Xa está ben, inaugurámola o doce de Agosto do 2013, fixo sete anos. Temos nela 9.745 fotografias.. que doen. Antes de subilas transformámolas, cambiamos tipo de arquivos, recortamolas, poñemos letra….

Seguiremos contando, bos días e que sobre SAUDE e MEMORIA que contar.
Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-12-2020 09:09
Pasou a primeira seman

De Decembro, a os poucos rematara este ano, traxico de verdade, mortos a centos, sobor de todo entre os nosos maiores que a administracion tiña que coidar millor. Atipico ano, nos enfrentamos a un enemigo descoñecido, a nivel mundial, é coidadiño todos mentras non chege a vacuna, polo menos nesta casa a estamos a esperar, nos somos racionalistas de raciocinio, o dos negacionistas a ciencia nin o entendemos nin o asumimos, pero hai xente para todo.
Bos dias, coidadevos, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-12-2020 08:17
Onte na TVG

No programa ZIG-ZAG, da Television de Galicia, o programa esta presentado por Pilar G Rego, un programa cultural, que xa leva dez anos a diario en antena. Nos encantou a profesionalidade da presentadora, coñecia a o dedillo o documental.Por algo e o espacio mais galardonado no ambito audiovisual, ten cinco Mestres Mateo.
O noso documental non ten a promocion que deberia, o Covid nos impide a sua proxeccion por ahi fora, o 2020 non esta para os temas da cultura, como non está para outros, supoñemos que ira pasando, si tedes oportunidade quedadevos co titulo: EU TAMEN NECESITO AMAR. E a historia das mulleres no franquismo, a traxedia de nacer muller en aqueles tempos.
Bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-12-2020 07:54
Ahi temos, Decembro

Cando a miña xeneracion eramos pequerrechos Decembro significaba un mes feliz e especial, para min primeiro as vacacions a partir do dia vinte, é decir non habia que ir a escola, quedaba na casa, rodeada de contos e xoguetes, meu irman e mais eu tiñamos a miña Tia Esmeralda principal animadora da nosa infancia, sempre a nosa disposicion. A rua non se podia ir moito, chovia sempre, dia e noite. Nestas datas lembro a Checa, ou Alfonso Arines que na parte de arriba do Bar Arrancadeira, vivenda dos seus sogros poñia unha cortina e nos facia felices con sesions de rococos, uns muñecos de madeira preciosos...¡Cantas horas de carcajadas¡Gracias Checa, sempre formaras parte das miñas lembranzas de infancia.
Bueno logo o Nadal, ibamos a o Monte Patiño a buscar musgo pra construir o belen, de aquela o nacemento, por certo o noso era precioso, cas suas figuras, ovellas, pastores, lavandeiras...a noite de Noiteboa era a unica do ano que nos permitian cear cos maiores...¡Que ilusion¡¡ Mais tarde a noite do cinco a o seis os Reises, aquelo era un sinvivir..¡Quen dormia? A o dia seguinte veña a casa da Mama Pepa a o Carril que nos estaban a esperar para deixarnos ca boca aberta cas aventuras de Melchor Gaspar e Baltasar.A miña avoa solia ser moi pragmatica nos regalos, non habia xoguetes, as cousas eran uns metros de tela, un paraguas...cousas que servian pra a vida cotidia, Pepa o dos xogos non o entendia moi ben.
Todo desde o principio a o final formaba parte de un conto. a historia sagrada, o catolicismo da epoca movia os peons, pero eso forma parte de outra circunstancia que non é pra analizar nin debatir no Faiado.
Feliz Decembro, bos dias, moita SAUDE
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2020 08:28
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0