Edicións Positivas presenta hoxe xoves, día 19, ás 20 horas da tarde, no local de O Faiado da Memoria en Ravella27, a obra Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) da que é autor o editor grovense e veciño de Vilagarcía, Antón Mascato. Na presentación participan Patricia Arias Chachero, profesora; Carlos Meixome, historiador e o autor da obra.
Atila no Grove é a crónica política do período mais convulso da vila do Salnés. Un lugar no que se deron todas as tipoloxías do que aconteceu arredor de 1936: perseguidos, inmolados con nocturnidade e á luz do día, asasinados e sobreviventes do seu propio asasinato, sacas colectivas de mozos para seren paseados, requisas e roubos no patrimonio familiar, listas negras, consellos de guerra, detencións e encarceramentos, condenados a cadea perpetua, fusilamentos, resistencia armada e guerrilleiros no monte, presos en campos de concentración, torturas e malos tratos físicos, abusos sexuais, rapina en sede xudicial, fuxidas colectivas en barco, agochos no monte e no mar, redadas, motín militares, asasinatos en aplicación da inexistente Lei de fugas, desercións do exército sublevado, exiliados... toda a maldade posible tivo lugar no territorio da vila mariñeira do Grove. Vintecinco asasinados entre 1936 e 1939, cento cincuenta encarcerados, ducias de exiliados... unha masacre.
En palabras do seu autor, Antón Mascato, Atila no Grove, é tamén unha historia política que comeza nos anos anteriores á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e que chaga ata 1948, ?porque se dan nese ano tres acontecementos moi graves cando semellaba que o pesadelo xa rematara: a detención, tortura e cárcere de trece veciños militantes do Partido Comunista; o asasinato de Enrique Ferreirós, guerrilleiro da partida de Manuel Ponte e o asasinato de Francisco García Moldes, o dirixente do Partido Galeguista, abatido dun disparo no café Bolero mentres lía un xornal. Tres episodios que puxeron fin as ansias de normalización democrática das forzas políticas que aínda actuaban na clandestinidade?.
O papel da curia local, as prácticas violentas de someténs, cívicos e falanxistas, as arbitrariedades de gardas e militares, a espiral de violencia que se foi apoderando da vida pública, a denuncia das maneiras violentas que empregaron os perpetradores complétase nesta obra coa relación das trescentas vítimas directas e os feitos polos que foron violentadas e a referencia dos seus verdugos.
Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948) é un traballo inxente, denso e documentado, que refire un periodo da historia marcado pola violencia utilizada como arma de depuración política, unha obra que sen dúbida non vai deixar indiferente a quen se achegue a ela.
Antón Mascato naceu no Grove. Estudou Filoloxía galego-portuguesa, desenvolvendo toda a súa vida laboral no mundo da edición, sendo director de Edicións do Cumio e da corporación Novagalicia. Ocupou varios cargos de representación profesional, sendo secretario da Asociación Galega de Editores e directivo do Gremio de Editores de España. Colaborador de prensa sobre temáticas culturais e históricas. Foi concelleiro no Grove, adscrito ao BNG, nos períodos de 1982-1986 e de 2007-2011; sendo concelleiro de cultura. Foi tamén presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove e membro do Arquivo sonoro do Consello da Cultura Galega.
Ten publicas varias obras entre as que destacan Paco del Riego. Unha historia da restauración cultural de Galicia; A ruta do mar de Arousa, editada en varios idiomas, pola que o concello do Grove lle concedeu a Centola de ouro no ano 2005; As colareiras do Grove, en colaboración con Patricia Arias; As nosas chatas. Dicionario dos alcumes do Grove, tamén en coautoría; Xosé Conde Corbal. Obra Gráfica, que mereceu o recoñecemento de mellor libro editado no ano 2012 da Asociación Galega de Editores; ou recentemente Anduriña. Cen anos de paixón.
Ao Grove tenlle dedicado os seus mellores esforzos como documentalista e investigador, sendo responsable do sitio web As historias das comparsas, ou o Censo do Patrimonio marítimo construido.
Despois de vintecinco anos de traballos de investigación en arquivos militares e xudiciais, hemerotecas, entrevistas persoais, expedientes de prisión e outras fontes de difícil acceso publica Atila no Grove. Crónica política e Memoria da Masacre (1923-1948), onde se recollen arredor de trescentas persoas que no Grove padeceron as represalias da sublevación militar de 1936.
O día 19 de decembro,mañan, xoves, presentación do libro de Anton Mascato, ATILA NO GROVE.
Con Patricia Arias, profesora no IES Bouza Brei; Carlos Méixome, historiador e Antón Mascato, autor.
Unha obra que constitúe unha homenaxe ao vitimario, ás mais de trescentas vítimas directas da represión política no Grove arredor de 1936, e unha denuncia dos verdugos, dos perpetradores e os seus métodos...
Xa sabedes, o 19 as oito da tarde no local de O Faiado Da Memoria. Non faltedes. Bo dia
Da parroquia de Rubians vivia fai unha chea de anos na rua Pedral en Barbeitos parroquia de Rubians. Carmen era unha muller con unha intelixencia natural que daba gusto escoitala contando a vida, na sua infancia. Unha Nai nunca ten idade pra deixarnos, pra morrer. A Maria do Carmen a sua filla, a que coidaba a Carmen, mandamoslle unha aperta, extensible a toda a familia, especialmente a Carlos Cuevas o seu xenro, o meu amiguiño da infancia.O noso sentido e respetuoso pesame.
" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Carmen García González
" Carmen a Conexa "
(Vda. de D. Severino Paulos Vilanova)
Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 95 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Edelmiro, Severino (?) y María del Carmen; hijos políticos, Wenche, María Jesús y Carlos; nietos, Heinie, Catarina, Miguel, María Jesús, María Dolores, Severino, Paloma, Sonia y Rocío; nietos políticos, bisnietos, sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MARTES, a las CUATRO MENOS CUARTO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. María de Rubianes, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio Parroquial, favores por los que les anticipan gracias.
Saldrá un ómnibus a las 14:45 h., desde Rubianes (Zamar), pasando por Iglesia, Estudiante y Churrasco, para la asistencia al sepelio y regreso.
T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 3
Rubianes, 16 de diciembre de 2019
O día 19 de decembro, xoves, presentación do libro de Anton Mascato, ATILA NO GROVE.
Con Patricia Arias, profesora no IES Bouza Brei; Carlos Méixome, historiador e Antón Mascato, autor.
Unha obra que constitúe unha homenaxe ao vitimario, ás mais de trescentas vítimas directas da represión política no Grove arredor de 1936, e unha denuncia dos verdugos, dos perpetradores e os seus métodos...
Xa sabedes, o 19 as oito da tarde no local de O Faiado Da Memoria. Non faltedes. Bo dia
Era filla de Fita Rodríguez e de Juan Antonio Dios, o meu amigo Juan Antonio Dios, morto tamén nun cruel e inxusto accidente de tráfico que el non provocou.
Juan Antonio, socialista con maiuscula, formou parte da primeira lexislatura da democracia en Vilagarcía, por suposto polo seu Partido o PSOE.
Juan Antonio Dios foi invendible, íntegro, honesto e xusto. Tiña dúas fillas, a primeira, Berta. Con ela, sufriu o seu Pai a sua enfermidade e morte.
Punto e aparte merece a resignación de Fita, ela viviu o pasamento das súas dúas únicas fillas e a súbita morte do seu home.
Poucas veces sentimos tanto dor cando falamos dunha desaparición, a Fita e a Fanny, o noso cariño e respeto.
" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. María Rosa Dios Rodríguez
"Churry"
Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 55 años de edad.
D.E.P.
Sus padres, Juan Antonio Dios Quintáns(?) y Josefa Rodríguez Cardalda; hermana, Berta(?); hermano político, Cándido Iglesias Catoira(?); Sobrina, Fanny Iglesias Dios; tíos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las CUATRO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Santiago de Carril, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio Municipal, favores por los que les anticipan gracias.
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Carril, 14 de diciembre de 2019
De Decembro, a mitade do mes, vai fora, dias cortos, moita choiva, rematando Otoño que na nosa zona e inverno puro e duro, dias cortos, sempre e noite. Pra non parecer asi como moi negativos ide pensando que o proximo xoves dia dezanove temos charla no Faiado, Anton Mascato nos falara do que aconteceu no Grove desde o ano mil novecentos vintetres a o mil novecentos cuarenta e oito, presentacion do seu libro ATILA NO GROVE. Non faltedes ¿eH? Mascato leva moitos anos investigando os feitos que nos presentara o dia dezanove, xoves as vinte horas.
Bps dias, saude
Que nadie pense que temos nostalxia de aqueles tempos, a nosa infancia de portas para fora reflexaba un pais triste que todo o prohibia, gris escuro, o que queremos contar que o dia dez de Decembro en Vilagarcia era festivo, celebrabase Santa Eulalia de Arealonga, o que tiña de bo para nos, os rapaces e que non habia colexio...que tempos, non habia mais que santos.
O día 19 de decembro, xoves, presentación do libro de Anton Mascato, ATILA NO GROVE.
Con Patricia Arias, profesora no IES Bouza Brei; Carlos Méixome, historiador e Antón Mascato, autor.
Unha obra que constitúe unha homenaxe ao vitimario, ás mais de trescentas vítimas directas da represión política no Grove arredor de 1936, e unha denuncia dos verdugos, dos perpetradores e os seus métodos...