O Faiado da Memoria cumpriu 10 anos neste 2018 que está a piques de rematar. Para esta despedida e entrada no novo ano, realizamos este pequeno vídeo en homenaxe a base e mantemento deste espazo de Memoria: os seus amigos e amigas que compartiron as actividades dentro do local de Ravella27 e as que organizamos (ou colaboramos) fora dela.
Esperamos que o 2019 veña cargadiño de mais Memoria e Cultura, que boa falta fai. E que sigades estando aquí, a nosa beira, e mais que vos podedes arrimar.
Esto levamolo como podemos, referimonos as festas e a todo o que as rodea, estamos a rematar Diciembre e non serei eu a que o sinta...que a os que lle gusten as disfruten, as que non que lle sean o mais soportables posibles, para todos moita saude,
Hoxe dia vinteseis e xa como remate de ano comenzamos unha exposicion co titulo de ROSTROS. O momento da saida sera a o poñerse o sol, porque a espoxicion somentes se podra ver a trasluz da venta do Faiado as noites, de hoxe hasta o quince de Xaneiro, son cento quince fotografias, que co paso dos dias iran aumentando de numero, que nos utilizamos como homenaxe a todos aqueles colaboradores e donantes. Si hoxe sobre as sete da tarde, queredes acompañarnos, coma sempre as portas abertas. Bos dias, moita saude.
No mundo cristiano, na relixion catolica, na que nos criaron e educaron, os do Faiado non celebramos esto, pero son festas que sin duda te envolven porque todo xira en torno a elas. Polo tanto, moitas felicidades e bo ano.
Hoxe no FAIADODAMEMORIA.ORG subimos a fotografia 6.900, unidas as 11.814 da Blogoteca fan un total de dezaoito mil setecentas catorce imaxenes subidas a pulso en dez anos que levamos.Non esta mal. Bos dias, saude,a disfrutar.
Foi a particular loteria que chegou as vidas de Luisa Perez e Marcelino Penide fai hoxe, uns poucos anos. Sua nai o pariu na sua casa, como antes eran as cousas, na Praza de Ravella, donde tiñan aparte da vivenda un bar, logo foi o Bar Campos, é na actualidade O Faiado da Memoria.
A o que imos, Luis Carlos Penide Perez, os pasteis non os perdoamos, bo dia, parabens, felic cumpleanos, un aperta importante especial, desde esta casa
Onte no Faiado da Memoria Gaspar Gonzalez fixo unha ponencia sobre a Fundacion de Vilagarcia. Aportou unha data distinta a de Fermin Bouza, o fixo desde o respeto que lle inspira a figura do intelectual arousá. Traemos aqui o artigo do FARO DE VIGO de Maria Lopez sobre o evento de onte,
Artigo de Fatima Frieiro no DIARIO DE AROUSA
Fotografia de Monica Ferreiros
A historia do nacemento de Vilagarcía cobrou onte vida no local do Faiado da Memoria. Fíxoo na voz do licenciado en Filoloxía e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, que foi o encargado de ler un documento cuxa única edición data do 1965 e é obra do ilustre Fermín Bouza Brey.
O certo é que moito se ten especulado sobre cal foi a data exacta da fundación de Vilagarcía como tal e incluso moitos historiadores apostan por unha ou outra data. Gaspar González Somoza explicaba onte durante a súa intervención no Faiado que o documento, escrito en galego, non deixa lugar a ningunha dúbida. A súa lectura di que Vilagarcía se fundou no ano 1471 e que foi a partir daí cando este enclave arousán empezou a coñecerse como tal.
O documento, a única edición que se conserva, foi doada ao Concello de Vilagarcía no ano 1996 pola viúva de Fermín Bouza Brey. Sumerxirse neste documento escrito a man é unha forma única de adentrarse nas arterias de Vilagarcía e, a partir daí, ir tirando do fío. Foi precisamente iso o que se fixo onte no local do Faiado no que se agochan historias de diferentes épocas da capital arousá e donde se segue a traballar na recuperación da memoria viva e oral.
A ?Carta Puebla? foi onte a protagonista da xornada de recordo e de divulgación e unha ocasión perfecta para os amantes da historia para coñecer de preto cales son os orixes de Vilagarcía.
A carta FUNDACIONAL DE VILAGARCIA, foi leida hoxe na sede de O Faiado da Memoria polo licenciado en filoloxia galega, Gaspar González Somoza.
Leida públicamente, seguramente, por primeira vez, explicada pormenorizadamente e datada en Maio de 1471.
Foi un gustazo escoitar a lección do profesor, preciosa lección, emocionado reencontró co noso pasado. Ese documento vive no noso concello, como debe ser, quizás sexa o documento mais importante que temos os vilagarciáns, e somentes aspiramos a que este ben tratado, ben coidado, porque é patrimonio de TODAS E TODOS.
Gracias Gaspar.
" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Isabel Torres Fernández
(Vda. de D. José María Sánchez Pérez)
Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 89 años de edad.
D.E.P.
Sus hijos, Isabel y José Antonio Sánchez Torres; nietas, Andrea, Noa, Marta y Nuria; sobrinos, primos y demás familia.
Ruegan a sus amistades y personas piadosas la tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA VIERNES, a las ONCE de la MAÑANA, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Cementerio Parroquial, favores por los que les anticipan gracias.
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 2
Vilagarcía de Arousa, 20 de diciembre de 2018
Desde esta casa, desde o Faiado da Memoria, mostramos o noso pesar a familia, en especial a sua filla Isabel, amiga nosa e colaboradora do Faiado.
O día 20 de decembro, ás 20:30 horas, Gaspar Antonio González Somoza, licenciado en Filoloxía Galega, fará lectura no local de O Faiado Da Memoria (Ravella, 27) do documento de fundación de Vilagarcía.
Abrindo as mentes ao coñecemento.
Para nos é un honor ter a Gaspar Gonzalez leendo a CARTA PUEBLA. Non perder a ocasion fala da nosa historia, do nacemento de Vilagarcia