Unha foto tomada en Vilaza (Gondomar) o 25 de abril de 1959 é o punto de partida do documental "Eu tamén necesito amar". Na instantanea participan os asistentes á voda de Antonio e Pura, os pais do realizador gondomareño Antonio Caeiro e foi tomada á saida da igrexa logo da cerimonia. Entre os familiares da parella hai tamén unha nena de seis anos, irmá do realizador, que nacera cando a sua nai estaba solteira. Esta historia persoal é a que levou a Antonio Caeiro, autor de documentais como "A Volta dos Nove" Aillados e "A memoria nos tempos do volfram"a mergullarse na historia real de 17 mulleres que como a súa nai falecida hai tres meses sin contar a sua historia diante das cámaras, viviron unha época de ditadura e represión na que amosar sentimentos e afectos non estaba permitido.
O Centro Cultural de Mañufe acolle este sábado a presentación do proxecto que conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra. No acto, presentado por Ollomol Audiovisual de Gondomar e a Asociación cultural O Faiado da Memoria de Vilagarcía ofrecerá aos asistentes as claves do por qué deste proyecto , un documentar de máis de 60 minutos de duración que se estrenará na primaveira de 2017.
Na cinta so aparecen as vivencias de personaxes femininas "porque teñen moito máis percorrido e moito máis que dicir neste tema que os homes", dixo Caeiro.
Na cinta, as protagonistas narran o seu paso de nenas a mozas, as primeiras conversas cos mozos, os primeiros encontros nos salóns de baile que había en Mañufe e Mordagans ou en Nigrán.
Ademáis do seu traballo como realizador, director e guionista de documentais, Antonio Caeiro é a cabeza visible de O Faiado da Memoria, un proxecto de recuperación da memoria histórica e do patrimonio audiovisual, a través do cine e fotografía antigas en Vilagarcía de Arousa.
Caeiro ten traballado en videoclips, documentais e publicidade. No mundo da video arte ten feito intervencións multimedia coa Escola de Danza Universitaria da Universidade de Santiago entre as que destaca ?O museo?. Como guionista de televisión realizou a serie documental ?Os ríos? e o programa concurso ?A noite meiga?.
Interesado na historia do presos na illa de San Simón no 1936 foi co-escritor dun libro e director dun documental ?Aillados? na memoria dos presos do 36 na illa de San Simón.n
DESDE DENTRO DO CORAZON e o primer documental que se fixo sobor Vilagarcia son duas horas de imaxenes con información e maravillosas fotografías dun povo precioso donde o mar formaba parte das nosas vidas, si o queredes mercar, poñedevos en contacto con nos, será outro bonito agasallo para obsequiar nas próximas datas
nON ESQUENCER...¡Duas horas¡ Entre outras cousas contamos o afundimento do Cabo Razo, historias de berberechos no Carril, pura memoria oral cos mariñeiros do pobo, a Escuadra Inglesa e a Vilagarcia que chegaba o mar as portas. Avala o documental O FAIADO DA MEMORIA.
Un bonito agasallo pra o Nadal
Enton os do Faiado temos o noso libro de PEDALEANDO POR VILAGARCIA que pode ser un agasallo perfeto pra quedar ben ca familia, cas persoas que queres, cos amigos...
Podese mercar en calquer libreria Nobel, libreria Pampin e en Make Notes, nos na casa tamen temos algun, nos chamades e sin problema, e un bo libro con fotos que nos falan de aquelas bicicletas nos que recorriamos mundos estranos sin sair de Vilagarcia. Bos dias, moita saude
Hoxe fai 80 anos do asesinato de cinco personas de Vilagarcía, nun pobo pequeniño, no que as xentes de ben arrepiaron e tremeron cando viviron, todas, estas crueldades.
No día de hoxe, catro de decembro, pero de 1936, quitáronlle a vida na Caeira, en Poio - Pontevedra, a Manuel Oubiña, Ángel Navia, Román Mondragón, José Otero e Luís Pando.
Ao carón do monumento ROSAS ROTAS, no parque Miguel Hernández, a Iniciativa Cidadán pola Memoria Histórica convoca un acto de recoñecemento, será as trece horas, a unha do mediodia, e alí tamén están convocadas ás xentes de ben, co fin de honrar a esas outras xentes de ben.
Que che ten de todo pero marca o tempo que xa levamos tres meses de Outono, que chega o inverno pero imos entrar nun ano novo, este e o ultimo do vello, superando etapas a ver si hai saude para todos e imos comenzar con musica de Andre Rieu relaxante e adicada a Eduardo porque compartimos o gusto polo que fai Andre. Bos dias e saude