lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

MANOLO PÉREZ en "...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS"

Manolo Pérez foi un dos solistas que inauguraban a gala de "...coa axuda dos meus amigos".

E con el unha das súas interpretacións máis emblemáticas: el jinete.

Por la lejana montaña
va cabalgando un jinete
vaga solito en el mundo
y va deseando la muerte

Lleva en su pecho una herida
va con su alma destrozada
quisiera perder la vida
y reunirse con su amada

Soa na voz de Manolo dunha forma especial.

Xunto a el e acompañandoo coa guitarra, José Luis Sanz, integrante dos Ibéricos e de Los Relámpagos (do Ritmo) que tamén vamos a poder contemplalos neste espacio que abrimos para celebrar este aniversario.


El jinete por Manolo
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 05-12-2010 11:15
"...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS" segunda entrega

Continuamos coa Gala de "...coa axuda dos meus amigos". El viu de Brasil co fin de recordarnos aqueles tempos da radio en Vilagarcía de Arousa. Chegou co cincoenta por cento do guitarmonium: a armónica. Con ese simple instrumento, José Manuel Casalderrey encandilou os presentes no Auditorio de Vilagarcía.

Agora podedes contemplalo na interpretación do seu segundo tema: O sitio de Zaragoza.


Sitio de Zaragoza por Casalderrey
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 05-12-2010 00:07
A UN ANO DE "...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS"

Para celebrar de que xa fai un ano daquel festival que organizamos no auditorio de Vilagarcía e que baixo o nome de "...coa axuda dos meus amigos" reunimos a xente e grupos que nos alegraban o oido e a vida alá polos anos sesenta (xa fai cincoenta anos diso, estamos collendo solera) vamos a subir, durante uns días, algunhas das actuacións que tiveron lugar naquel espacio.

Algúns non poidéchedes asistir, uns por que xa non collía mais xente no espacio a petar, outros por que estábades moi lonxe, por iso é o momento de que vos acerquemos nos eses momentos.

Do DVD que se realizou naquel momento coa idea de regalalo a xente (fíxose unha negociación cun diario local para que o regalase pero a cousa non poido seguir adiante, polo que si hai entre os presentes un sponsor que queira facer un bonito regalo de navidad nos pómoslle nas súas mans o traballo completo consistente en dous DVD's ben bonitos), como isto non foi posible xa que so se poido facer unha edición para os artistas e colaboradores, vamos a deixar no blog algúns dos momentos desa gala que fora presentada polo noso amigo Vicente de Souza.

E comenzamos por onde se debe, polo principio. Nos, debido a que o festival ía a ser longo e emotivo, queríamos comenzar a hora xusta, pero non contábamos cun inconvinte: a choiva. A xente ía chegando a chaparróns, por iso fixemos por esperar un pouco por aquelas que tardarían en aparcalo coche nun día de tanto tránsito.

E tras as palabras de Vicente no que, contra todo pronóstico, permitía a xente a facer fotos, gravar en vídeo, aplaudir, cantar, palmear e bailar, daba o paso a introdución da gala e o facían os Strikkers acompañadas de X+( interpretando o tema que daba título xenérico o festival: ...coa axuda dos meus amigos.


INTRO-STRIKKERS
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 04-12-2010 14:08
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0