Primeira parte da subida de fin de ano. A primeira consta de 30 fotografías e realízase antes de que o ano remate e mentras todos estades nas cociñas, recorrendo a casa, que cheira enormemente a marisco (o que o poida comprar nestas épocas), par colocar tódolos detalles na mesa.
Nos aquí, xa vedes, subindo fotografías como se fose calquera día do ano.
E mañán, primeiro día do ano, segunda parte desta subida.
A última do ano ten as fotografías colocadas nas seguintes Galerías:
Isto que se comenzou a escribir no 2010, rematouse no 2011. E dentro de pouco chegará a nova fornada de fotografías do novo ano. Permanezan atentos a esta a súa pantalla.
Desde o ano 1929 formaron parte da nosa Vilagarcia, viron crecer unha chea de xeneracions do pobo, formaron parte dos nosos xogos e risas, era paisaxe comun para todos e fondo para moitos dos nosos recordos. Na Voz de Galicia de hoxe cóntannos que os quitan, pois tamén era do pouco que quedaba.
Moitos de vos, o velas fotografías que se atopan neste blog, queixádesvos de tódalas desfeitas que teñen feito en Vilagarcía para sustituilo por un mamotreto que non ten nome. Esta vai a ser a próxima desfeita. Non sei se alguén está a tempo de paralo pero desde aquí queremos facer un chamamento para o indulto deste mobiliario urbán que forma parte do noso patrimonio sentimental.
Nunca coidamos que o feito de "xestionalo patrimonio" era demolelo o pouco que quedaba. Nos xa notábamos que os bancos necesitaban un amaño pero o igual cos cabalos de carreiras, parece ser que cando se dañan o mellor é sacrificalos. Nunca o entendimos nin nunca o entenderemos.
Estamos a un tris de entrar nesas datas onde a xente se reune en familia entre outras cousas, e case sobre todas elas, para comer... coma galegos.
Pero como o espíritu do home (e da muller) nos pide outras cousas, aquí estamos nos para subir unhas cantas fotos e unha postal de nadal (ao noso estilo).
As Galerías onde colocamos estas cantas novedades son:
E tras ver esta subida xa nos podemos lanzar sobre tódalas viandas e lamberetadas que, de aquí hasta pasados reis, podades ser capaces de comer. Acordarvos do colesterol, ácido úrico, tensión, diabetes e outras maldades que os médicos teñen a mal meteros na cabeza para quedarse, en verdade, eles con tódos eses productos marabillosos.
E lembrar que a gula, aparte de ser un exceso na comida e na bebida, para os católicos é un pecado capital. Por iso se lles encarece reiteradamente a estes que, en prevención de evitalo castigo eterno, repartan os mariscos, turróns e champáns (cavas para a clase media, e sidra achampanada para os menos pudentes) entre aqueles que non o son, a nosa direción é...
Hoxe, 14 de decembro, fai cuarenta e nove anos que Gelina Bouzas e Manolo Porto tiñan o seu terceiro fillo, non parecía que a cousa fose moi importante....¡Ja¡ ¡O era¡ Aquela cousa rara que naceu, naceu....ESPECIAL, naceulles... ARTISTA!!.
Naceu JUAN CARLOS PORTO. Neste dia queremos facerlle chegar a nosa felicitación, a nosa admiración pero sobre todo o noso cariño.
O momento de comenzar a segunda parte da gala era para a emoción. Coa música, composta por Juan Carlos Porto e interpretada por el e amigos, vaia a servirnos para lembrar a moitos dos compañeiros daqueles anos que foron quedando polos camiño.
Posiblemente non estén todos os que eran pero no sentimento noso estaban os que poidemos atopar. Sería bo que se engadisen os nomes dos que notedes que faltan para continuar a homenaxe.
Os Strikkers, que realizaron a introdución a gala, volven, na primeira parte da gala, a realizar unha interpretación a partires de temas dos anos que nos ocupan.
A voz de Jorge Allegue, co seu inglispoken guachinei, encandilou a audiencia.
Antes de rematar a primeira parte do espectáculo aparecían en escena Los Ibéricos, o grupo que arrasou alá polos sesenta e que estivera presente no programa daquela recén estreada TVE, salto a la fama.
Logo dun primeiro tema introductorio chamaban a un dos seus cantantes históricos: Manolo del Río, o elvis vilagarcían por excelencia.
No tengo edad,no tengo edad,
para amarte
y no está bien que salgamos
solos los dos.
No sé que más, no sé que más
puedo decirte,
tú sabes ya
muchas más cosas que yo.
Deja que viva,
este amor tan romántico
deja que llegue el día soñado
más ahora no.
No tengo edad, no tengo edad,
para amarte
y no está bien que salgamos
solos los dos.
Tal vez querrás,
tal vez querrás esperarte
que sea mayor
y pueda darte mi amor.
Deja que viva,
este amor tan romántico
deja que llegue el día soñado
más ahora no.
No tengo edad,no tengo edad,
para amarte
y no está bien
que salgamos
solos los dos.
Tal vez querrás,
tal vez querrás esperarte
que sea mayor
y pueda darte mi amor.
Esta letra e este tema recórdanme a foto de Alicia Valladares no banquete da súa voda, cantando este tema o seu marido.
Aquí, Marita Gómez, que no seu día cantou algún tema co grupo, interpreta o tema que popularizou Gigliola Cinquetti.
Agora podedes seguir disfrutando desta ponte (en Galicia e España) sen ter problemas cos controladores aereos. Tranquilamente na casa, quentiños, vendo esta pantalla que, como a de telecinco, é amiga.