lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Vaise alguen GRANDE

Falleceu Lolita, Lola Castro, boa filla, boa irman, boa esposa, boa nora,boa nai, boa aboa, boa tia, BOA PERSOA, un ser humano coma un mundo. Negome a que se vaia de todo, sempre, SEMPRE estara un cachiño de Lolita conmigo, no meu corazon.
Mala semana levamos, dias pasados morreu Antonio Paredes, sobriño de Lolita, hoxe sonou o telefono i era Moncho, fillo de Lola, referente de Lola nos seus ultimos anos de vida a darme a noticia da morte da sua Nai. Por certo, fai quince dias que o meu primo e mais eu estivemos a ver a Lola, eu sin sabelo fun a despedirme, o seu fillo iba cada seman.Lola tiña unha edade na que loxicamente chega a morte a ela chegoulle mentras desaiunaba, de maneira feliz, tal cual o merecia, porqué foi unha persoa exemplar, dounos a todos leccions de vida, de valores, de moito cariño, eu non a vou esquencer, porque teño unha chea de lembranzas da sua persoa que me fixeron crecer .
Colocaremos dentro de un ratiño a sua esquela
Comentarios (14) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-11-2022 12:40
8 de Novembro do 2022, martes

A subida de hoxe centralizamola en TERRA DE ARTISTAS, por aquelo de que a musica sempre nos bota unha man pra deixar de ver que ahi fora todo esta oscuro porqué vivimos Novembro.
En portada, boda de Maria Eugenia Cordal con Jaime Garcia na basilica de San Francisco el Grande en Madrid. O padriño, pai da novia, Julio Cordal, fillo de Restina Carus.Era a primavera do 1963
Bos dias, a ser felices
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2022 08:00
O dia once en Compostela


Os amigos e amigas que nos queiran acompañar o próximo día once, na proxección do noso documental REMOVENDO A TERRA no cine Numax de Santiago, pódenno facer gratuitamente, somentes teñen que cumprir un requisito, pedilas entradas/invitacións previamente nos lugares que a organización do CINEUROPA teñen habilitado para elo: na páxina de compostelacultura.gal e nos despachos de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (na Praza de Cervantes), do Teatro Principal e do propio cine Numax. Xa o podedes cando queirades.

Gracias a todas-os
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-11-2022 08:32
7 de Novembro do 2022, luns

Subidas en OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, GUILLAN, SANTA LUCIA é O CASTRO. En portada, dia de carrozas, festas do pobo, palco habilitado para a ocasion.
Bos dias, entramos na segunda seman de Novembro, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2022 08:26
6 de Novembro do 2022, domingo

Subidas en OS AMIGOS, CORNAZO é O CASTRO. En portada, xente de Cornazo, que xa formaba parte do noso blog, pero que sepades que non todo o mundo e quen de acceder a blogoteca, e os moviles son enemigos para busquedas de este tipo.Bos dias, a coidarse.
Toño Ferreiros ,Bautista o Bolico , Josefa a Maura , Angelito o do Piñeiro, Milucha....
donada por pili abalo
Conocí a esas personas de la Casa da
Bolica. Allí se podría hacer una peli
del estilo de Padre Casares. Tenía una
hija llamada Otilia, casada con Angel.
Bautista, hijo de La Bolica y hermano
más joven. El marido hacía un vino que
era un milagro. El Sr. Manolo O Pelado.
Yo lo apreciaba porque era muy bueno.
Vivían en Loureiro-Cornazo, allá por el
año 1950 y antes. Pero el vino parecía
que bajaba del Cielo, de rico que era.
Tenía botellas enterradas que al abrirlas parecía champán. Q.E.P.D.
Cousas de Eduardo 25122012 12.23 h
Todo-los persoaxes que figuran na foto están reconocidos, excepto ese mozo que está ó final da foto. Eu creo que se trata do meu amigo de Cornazo, d-alá
da falda do Monte Lobeira. Chamóuse en vida JAIME FONTENLA GIL (?). Ese rostro non o había na zona de Loreiro, donde vivía o Sr. Manolo "O Pelado". Non me gusta poñer alcumes, pero eiquí non hai máis remedio,porque desconozco o apelido. Pido disculpas polo motivo.

Cando este home, o Sr. Manolo me encontraba cerca da súa casa, non podía faltar a visita á súa bodega de tipo familiar, pero moi grande en cuánto a os feitos. En esa casa había que ter moito coidado porque entrabas na bodega e podías salir cantando por "soleares", como dicen por alá abaixo do mapa. O viño era do millor que había na zona e fora da zona. Non me extraña que a xente non queira vender productos tan ricos. De verdad casi valía a pena "lamber" a taza ó marchar para a casa. Aquelo era moito. Dicen os bós bebedores que o viño bó, non emborracha: pois ten razón o que escribeu esta frase. A mín me daba certo reparo comenzar unha cantarela para celebrar aquela reunión pero a idea nunca me faltóu. Sempre me gustóu detalles como o de ése home de abrir botellas de todo tipo, a cambio de "gracias, señor Manolo. E de hoxe nun ano,e antes de alá, moitas veces". Desde estas terras do noso Apóstolo, deseo expresarlle a miña gratitude polo ben que me recibíu na súa casa, como veciños que fumos moitos anos. E ésos "caldos" caseiros que supo tratar tan ben sempre. ¡Gracias, fenómeno! Descanse en Paz, amigo. ¡Nos vemos! Con esto se demostra que non é necesario usar corbata para ser un caballero galego. A diferencia que vexo entre este home e outros, é que éste era da miña terra...

Este home tiña unhas uvas que eran unha tentación pasar cerca das fincas da súa propiedade, e non botarlle unha man. De cando en vez, cúlpome de collerlle alguhas uvas. ¡Si me chegara a ver...! Eu era un crío. En fin, outro levaría a culpa. Conste que na miña casa, sobraban uvas, pero... Non as había como as do Pelado. ¡Perdón!
É tarde para todo esto, pero esas cousas quedaron ahí. Jamás pensaría o vello que eu, lle iba ás uvas, porque na casa nosa, había moitas. E boas.
Comentario por E. García - 06.03.2013 (06-03-2013 11:38)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2022 08:31
5 de Novembro do 2022, sabado

En Rubians e o Carril estan as subidas de hoxe, en portada a nosa bahia, por suposto antes de asfaltala, de botarlle pedra e cemento enriba do mar, estamos a ver o que hoxe coñecemos como o MacDonald e compañia.
Bos dias, a disfrutar do fin de seman.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2022 08:18
Finou Antonio, fillo de Paca é Tarata


Fagamos memoria: finou Antonio Paredes Romero en Venezuela, donde vivía desde o ano 1961-62.

Antonio era fillo de Antonio Paredes Suárez (Tarata) e Francisca Romero (Paca). Os pais de Antonio emigraron a Venezuela nos anos cincuenta.

daquela, Venezuela, era unha especie de “terra prometida”. Aos poucos foron levando ós fillos, primeiro Antonio, logo Carlos e a última, Beatriz.

Antonio e os seus irmáns quedaron a vivir cos avós maternos, Lola Losada é Ramón Rodríguez, que mais que avós foron pais dos tres nenos, a quenes foron qúen de facer felices. Vivían na que hoxe é rúa Baldosa, perto do barrio do Castro, unha rúa moi pequena, pero con moita miga. As portas e ventanas abertas, os cantos das nais escoitábanse con frecuencia facendo as labores da casa. Os veciños moi ben levados, cando había un cumpreanos celebrabao todo o mundo, cando unha veciña esquencia o azucar ía buscalo a casa da de enfrente.

Lembramos familias do barrio, Luisita Fernandez e os seus fillos, un de eles Tatá, xogador do milloriño do Arousa, Rogelio Vázquez e familia, Fita e Enrique Jiménez, cos seus tres fillos, o Arousán e a súa longa familia, os Moya, a familia Sanmiguel rexentando o bar “Entra y Verás”, Pilar, que a lembramos cunhas gafas de miopía potente e un paraguas aberto tapando o sol en pleno Xullo, a familia Guerrero atendendo a bar “Los Tres Balcones", Giraldina e Serafin co “Bar Jup”, a tenda de Salustiano, o taller de Waldo Cerqueiras, o taller de costura de Lolecha, as pasantías e escola de Candelitas, a Pension Kuki da familia Bazarra… Nese ambiente criarónse Antonio, Carlos e Beatriz.

Na súa casa tamén vivían os seus tíos solteiros, Moncho é Miguel (Chúa) ate que casaron.

Un bo día os país decidiron que había que xuntarse, e, aos poucos, como xa contamos, foron levando aos rapaces, como tiña que ser.

Non imos contar a vida desta familia, que é a nosa, Antonio, por vía paterna, é neto de Esmeralda Suárez, seu pai, Tarata, criouno miña avoa María e a miña tía Antonia, porque Esmeralda tivo que traballar nos barcos da emigración como camarera, xa que quedara viuva con tres fillos ós vinteoito anos.

Esta historia tócanos o corazón, Antonio era o noso curmán, pero o pasado caenos enriba cheo de bos retazos. Lembramos moitísimas cousas, que non se nos esquenzan, Antonio Paredes Romero tampouco esquenceu Vilagarcía e solicitou ser cinza de Vilagarcía. Voltar ao seu fogar, misturarse coa súa terra, as súas raíces, amores de infancia, cachos de vida, memorias de cada un… SEMPRE CON NOS!

Ata sempre primo!
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 04-11-2022 20:39
4 de Novembro do 2022, venres

En Rubians, Vilaxoan, Faxilde é Cornazo, insertamos as subidas do dia, en portada, unha comitiva do lugar de Zamar-Rubians, dirixense xunto a o Alcalde, concelleiros e Octavio del Rio, aparexador municipal a inaugurar o Teleclub de Zamar, na decada dos setenta.
Que sexan bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2022 07:44
3 de Novembro do 2022, xoves

En Os Amigos, Atopando Detalles é S Lucia incluimos as subidas do dia.
En portada, o concelleiro de festas e deportes Elias Penide, acompañado por autoridades militares coloca a primeira pedra do que se convertiria no Campo da Lomba, o 18 de Xullo do 1949.
Bos dias, preparando novo traballo documental. O dia 11 no Cine Europa, de Compostela o noso documental, REMOVENDO A TERRA.
Bos dias, a ser felices
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2022 08:01
Para Divina Fonseca

Porque hoxe esta de cumpreanos, porqué vivir, é marabilloso, si por riba estas rodeada da xente que te quere, mais marabilloso. Eses fillos, eses netos de Divina que tanto activan as suas horas a sua vida, que non se me soliviante Rafa Campos, xa o sei el tamen esta ahi...xa o sei.
Bueno Divina, dame moito gusto atoparte pola rua, pararnos a falar, os piropos que botas a o Faiado, seguidora a diario.
Que o pases ben hoxe, nos adicamoste unha cancion preciosa, a nos nos encanta, queremoste, PARABENS



Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-11-2022 19:10
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0