lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

30 de Novembro do 2022, mercores

Subidas en TASCAS E CENTROS DE TRABALLO, O RAMAL. e A VILAGARCIA DE ONTE. En portada Benigno Cardalda, ultimo Alcalde Constitucional do Axuntamento do Carril, nunha imaxen do fotografo dibuxante Manuel Reguera.
Despedimos Novembro ate o ano que ben.
Bos dias, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2022 08:19
29 de Novembro do 2022, martes

Subidas na data de hoxe en TRABANCA SARDIÑEIRA, O CARRIL, TASCAS, ULTRAMARINOS, COMERCIOS,CENTROS DE TRABALLO é SEMPRE EMIGRANTES.
En portada Rosina Otero, dona de Elpidio Villaverde, primeiro Alcalde da Republica en Vilagarcia, Rosina era da familia dos Otero, mais coñecidos por os de Corbatilla, pasounas moradas cando estallou o golpe e andaban cada noite os falanxistas en busca de ela e dos seus fillos, terrible situacion que non se arranchou ate Decembro do trinta e seis que pudo fuxir nun barco dende Vigo a La Rochelle, cos tres fillos.Este relato sobre a fuxida esta gardado nas entrañas do FAIADO DA MEMORIA, relatado por Rosina Villaverde filla mais vella que viviu con moitisima angustia os acontecementos que marcaron para sempre a toda a familia.
Penultimo dia de Novembro, boa saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2022 08:36
28 de Novembro do 2022, luns

As nosas subidas de hoxe son en Percuras e Investigacions, Posando é A Vilagarcia de Onte.En portada fotografia dos guardias locais a finais dos anos setenta.
Xa entramos na ultima seman do mes de Novembro, saude e a coidarse
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2022 07:36
Finou Jose Doeste

Jose esta casado con Juana Aviles Baltar terceira filla de Joaquina Baltar, da familia dos fundadores de Conservas Baltar.
A toda a familia de Jose, a sua dona, fillos, noras, netos e resto da familia, o noso sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-11-2022 21:09
27 de Novembro do 2022, domingo

Subidas en A LAXE,VILAXOAN, FONTECARMOA E TRABANCA BADIÑA, en portada, un cidadan de Vilagarcia, un veciño a o que lembramos traballando toda a vida.
O noso agradecemento, non saiu nos papeis como "alguen importante" pero non temos duda de que o crecemento do pobo contou ca sua colaboracion. Vai por el.
Bos dias, bó descanso
Comentarios (25) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2022 07:21
26 de Novembro do 2022, sabado

As subidas de hoxe incluimolas nos arquivos de OS DURANS, A LOMBA, POSADOS, SANTA LUCIA E FAMILIA.
En portada rua Arzobispo Lago, en obras como oxe, de aquela no ano 1969, colocaban adoquins, neste momento, puro cemento.
A ser felices o fin de semana, bos dias
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2022 07:53
Josefa Gonzalez

Loitaba pola millora dos seres humanos, a Republica en cada pobo permitiu a moitas mulleres relacionarse con recursos cos que anteriormente nin contaban nin soñaban, Josefa escomenzou a relacionarse cos libros, na sede do Sindicato, ali douse conta que habia que pulirse, ela nacera no Carril, familia obrera con unhas condicions miseras na sua economia, como casi todos en aquel tempo.Pouca escola, por eso cando o Golpe, Josefa botou unha man, pra que aquelo que tanto lle gustaba non desaparecese. Escondiu na sua casa a Urbano un rapaciño moi novo de Rubians o andaban a buscar para matalo.
Non imos contar mais que descubrironos e mataron a os dous, Josefa forma parte de esas mulleres que defenden os avances dos seres humanos. Ela foi avanzada nos soños,singular no seu tempo,avanzada nas esperanzas, na solidaridade e na grandeza de unha muller defensora da Liberdade nunha epoca que axfisiaba, que cortaba o alento e oprimia os corazons.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-11-2022 17:51
Teresa Cuiña

Sempre presente cando se fala de mulleres, coherentemente, sin vestirse con color algun, sin data oficial, cada minuto e cada hora de cada dia Teresa aproveitaba a ocasion pra facer pedagoxia do que non se debe consentir. Nadie e superior, a igualdade debe ser Patrimonio dos seres humanos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 25-11-2022 17:33
25 de Novembro do 2022, venres

As subidas de hoxe estan en Bamio, Os Amigos, Tascas e Centros de Traballo e a Vilagarcia de Onte.
En portada a edificacion que foi residencia de Ramiro Muñiz e a sua familia, esta casa está entre a casa dos Porto e o Xardin de Artime.
Bos dias, xa estamos a finais de Novembro, saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2022 08:13
24 de Novembro do 2022, xoves

Subidas no Ramal, Primeiras Comunions é Os Durans. En portada, a MNSA no Carril, no calexon que daba a praia a o final existia unha fonte, nos anos sesenta a xente iba ali a por agua, non en todas as casas existia a traida.
Bos dias, onte saiu o sol, é decir, sigue existindo.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-11-2022 08:04
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0