lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Dia 5 de Novembro |
|
 A subida de hoxe integramola en Tascas e Comercios, tamen en Personas Recordadas, na portada Luis Paz ca sua familia no barrio do San Roque, a dereita a sua cuñada Toñita del Rio, con un bebé no brazo, pode ser o propietario na actualidade do Bar XOXES, o seu fillo.
Pois bos dias, moreas de saude |
|
|
|
Dia 4 de Novembro |
|
 A subida de hoxe esta integrada no arquivo de Tradicions e Festas, na portada os irmans Suarez de Trabanca Sardiñeira, fillos de Manuel Suarez, que en Septembro do 1936 foi sacado da sua casa, de noite, levado a o monte donde dispararonlle repetidas veces e o deixaron tirado e dado por morto. Non foi asi, Manolo arrastrandose, desangrandose alcanzou unha casa donde o auxiliaron,viviu para contalo, sua familia o meteu nun zulo donde tardou anos en sair. Esto pasou en Vilagarcia.
Onte no cementerio municipal buscaronse os restos de dezaoito asesinados, non se atoparon, no dia de hoxe mais do mesmo, continua a busqueda. Cando os asesinaron soterraronos en fosas individuais no chan, nin que decir ten que nunca comunicaron as familias o lugar, nin siquera o feito. As familias acudian a preguntar polos seus seres era enton cando lle decian donde estaban, as veces esa mision de comunicar o facia o propio enterrador da epoca, contaba polo miudo e as agachadas a ubicacion dos corpos. Cando pasaban cinco anos do enterramento, as familias recibian unha carta do Axuntamento donde se esixian vintecinco pesetas por utilizacion da fosa, estamos a falar de principios dos anos coarenta, anos de fame, as mulleres que habian deixado viudas non contaban cos cartos, non podian pagar...enton sacaban os restos e os botaban, disque, na fosa comun.
Cabe a posibilidade que non fose asi, pero un profundo descoñecemento nos invade, non sabemos mais, as familias contan o que lles contaron e os que xestionaron toda esta inxusticia xa non viven.
Por outro lado o cementerio xa non é aquel que habia, hubo unha abondosa construccion de nichos, a fosa menguou, xa non ten a extension primaria.Non sabemos que pasará, somentes que SI os buscamos.Que desde o goberno de España, a Xunta de Galicia. a Universidade de Santiago, e o Faiado da Memoria elaborouse un plan de busqueda dos restos dos defensores da Liberdade e da Republica, un plan que a dia de hoxe continua da man dos Arqueologos e do Antropologo Fernando Serrulla, que ali estaremos a pe de fosa cheos de esperanza, de Xusticia e Dignificacion.
Bos dias |
|
|
|
3 de Novembro data de REPARACION |
|
 Hoxe se inicia no cementerio municipal a apertura da infame fosa comun, hoxe e o dia da Reparacion, do homenaxe da sociedade civil as vitimas do fascismo mais cruel.A intervencion da apertura corre a cargo da Secretaria de Estado da Memoria Democratica, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela. Ali estaremos o Faiado da Memoria autores da investigacion que leva a identificacion dos enterrados e as suas familias.
Temos un sentimento neste momento moi profundo de emocion por todo o que significa o dia e o razonamento que nos leva a pensar que logo de tantos anos pode pasar calquer cousa, que os restos non aparezcan, foron tirados de calquer maneira, sin ataudes, en contacto ca terra mais de oitenta anos.
A subida de hoxe encuadramola en Sobradelo, e Creo en Dios Padre
Na portada Antonio Sayanes, unha das vitimas da fosa comun |
|
|
|
Dia 2 de Novembro Martes |
|
 A subida de hoxe a colocamos en Trabanca Badiña A Torre, a portada corresponde a alumnos do Instituto Laboral.
Escomenzamos seman, bos dias, Saude.
Creo que puedo identificar al grupo: De abajo arriba y de izquierda a derecha,en la fila de abajo están Federico (Fico), Barrios,Oubiña y Vilas,en la siguiente Jesús Berride,Víctor Varela,Lorenzo,Javier Álvarez, Manolo Arca Muñiz y Julio Tuñez,en la siguiente, Seagre, Paco Briones,Andion,
Tato del Río y Barca, y en la última están, J Fernández, Acha Porto,?,Carlos Morales,Carlos Tuñez y Jacobo.
Hay uno que no me acuerdo de su nombre (lleva gafas ?)
La fecha debe ser de los años 1958/59 no estoy muy seguro.
Identificacion de Jesús Berride López |
|
|
|
Pasamento de Fita |
|
 Enterrouse nesta tarde (Non nos enteramos ate de agora)Fita, que en realidade o seu nome era Africa Feijoo, pero nunca nadie a chamou polo seu verdadero nome. Fita é a muller do desaparecido Seso Cuevas, fillo mais vello de Aurora e Pepe do Bar Arrancadeira, familia moi querida e apreciada en aquel outro pobo que pouquiño se parece a este, nin millor nin peor, distinto. Sentimos o pasamento de Fita, o noso sentimento queremolo facer chegar a os seus fillos, noras, netos,irmans, sin esquencer a Suso, Lola e Carlos seus cuñados, supervivientes queridos de aquel bar, de aquela familia.Na memoria de Fita |
|
|
|
Terra de grandes nadadores |
|
 Fotografia de Javier Alvarez, no muelle de pasaxeiros, na corchada que instalaba o Liceo para as competicions que se organizaban. Era Septembro do 1961, foto Nacho. O noso pobo sempre foi lugar de bos nadadores, feito bastante normal nacimos co mar acompañando as nosas vidas.
A subida de hoxe as encuadramos en Gaudeamus e Os Amigos.
Aproveitamos pra darlle a benvida a Novembro, lembrade o ano pasado por estas datas, estabamos moi preocupados polo que estabamos a sufrir.Bos dias para todos
|
|
|
|
|
|
|
|
|