Xa sabedes os apuntados, o próximo sábado 27 de Novembro, as nove e media da noite no meson-churrasqueria Plaza, atoparémonos para pasalo ben, esquencer o malo da vida e darlle unha aperta a ledicia de sentirnos xuntos. Non esquenzades que a cea foi posible gracias a voluntariedade das nosas colaboradoras Esperanza Alcalde e Mª Dolores Mariño.Os estacazos, se os hai, tamén a elas.
O noso blog ten moitas imaxenes da vida de Jose e Rosa Berride a sua dona. Hoxe e un dia triste para todos, somos un pobo pequeno, un dos seus compoñentes nos deixou pra sempre. Os seus fillos Joaquin, Mara, Urbano, Xoan Carlos e Manuel o noso sentimento pola morte do seu pai, a Tere nosa colaboradora e blogueira, unha aperta.
E agora deixámosvos disfrutando mentras nos vamos escaneando, ainda a pesares de ser domingo. Menos mal que fora da casa está a chover e aquí estase quentiño e non apetece nada sair.
Nesta fotografía publicada pola Voz de Galicia do día 16 de novembro de 2010 podedes ver o cartel que foi feito para a promoción dos Encontros de Embarcacións Tradicionais, que se desenvolverán no Carril entre o 30 de xuñoo e o 3 de xullo e que foron presentados no Salón Náutico de Barcelona.
O cartel mostra unha fotografía do arquivo de O Faiado da Memoria (retocada dixitalmente para a ocasión) no que se ve o xovencísimo donante da mesma, César Díaz de la Jara, apoiado na dorna co seu dono espigado e vendo a praia en percura de giris que levar a dar unha volta e ganarse uns pesos no tempo estival.
A foto orixinal podedes vela en O Carril e realizar alí os comentarios que creades oportunos.
O día 27 de Novembro, sábado, as nove da noite na churrasqueria Praza, no Castro, terceira cena do Faiado. O menu será de entremeses variados, churrasco con patacas e postre. Os que queirades asistir podédevos anotar mandándonos un correo, prazo hasta o día vinte. O precio e de vinte (20) euros por persoa, as xestións da cea leváronas a cabo, Esperanza Alcalde e Maria Dolores Mariño, para elas as grorias alcanzadas. Espéranse felicitacións.
Casi seguro que teremos música, Pilar Garrido confirmou asistencia, polo menos cantarela asegurada.
Acabamos de coñecer a noticia da morte de Carlos Comendador. El foi un dos primeiros donantes de imaxenes pra o Faiado, logo axudounos sempre no que podia, e podia moito porque Carlos Comendador era memoria do pobo, unha verdadeira enciclopedia do saber de Vilagarcia. Non imos decir de El todo o que se merece, non falaremos nin do comerciante nin do deportista que tanto loitou pola millora do deporte do seu pobo, tempo habera pra todo isto, hoxe e dia de sentilo, e dia de sentimentos e pesar.A sua familia os nosos respetos, pra Carlos a nosa lembranza
Outra semana mais e unha nova subida o blog. Son 79 fotografías, boa parte delas dos novos escaneados que estamos a realizar e outras que nos chegan a través de internet.