lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Máis artistas

Como xa adiantábamos onte aquí van 24 novas fotografías para a galería de Dando a nota.

E non serán as últimas destes días.

Tamén lembrar, ainda que con un pouco de tardanza, de que no Diario de Arousa, hoxe domingo 29 de novembro, saiu un artigo a páxina completa de "...coa axuda dos meus amigos" dentro do espacio "Cultural". Como non ten acceso a web non podemos engadir o link ainda que moitos de vos xa o recibíchedes por correo electrónico.

Que disfrutedes
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 29-11-2009 22:25
Vamos subindo que é xerundio

Estimados e estimadas internautas, amantes (ou non) do Faiado da Memoria, complácenos comentaros que están dispoñibles para que vos poidades deleitar unha serie de fotografías que recén acabamos de subir.

Deciros que o peso maior está na galería de "Dando a nota" con 56 fotografías. É a nosa particular forma de darlle as gracias a tódalas personas que levan colaborando con nos estes últimos meses e que van a estar presentes, xunto con vos, no festival "...coa axuda dos meus amigos. Non son as únicas que vamos a subir con este motivo, senón que en vindeiros días faremos unha nova subida sobre este tema.

As demais galerías son A Vilagarcía de onte, Gaudeamus igitur, Vamos a retratarnos, Tradicións nosas, festas e actos e Primeiras comunións todas con unha foto, O Carril con 15 e De bares con 3.

Esperemos que disfruten e verémonos o día catro no auditorio de Vilagarcía.

Por certo, quen non leeu o artigo de Serxio González na Voz de Galicia sobre os cantantes solistas que van a actuar ese día ten a aoportunidade de facelo so con clicar eiquí. Que fácil facemos as cousas as veces.

As gracias non se merecen.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-11-2009 23:22
Xose Luis Sanz, ARTISTA

Aviso para as masas, no blog "O Paseante" (Podedes entrar polo Faiado ou pulsando aquí)fixemos unha subida de fotografias dos ensaios do festival "...Coa axuda dos meus amigos". Non estan todos os que son, pero os que están, e os que non, son os millores.

Onte no xornal "A Voz de Galicia" seccion Arousa, saliu unha reportaxe sobor o grupo 8+X. Pinchando aqui accededes a el.

Pola semán faremos unha nova subida de fotografias no Faiado, onde se fará especial fincapé nos Artistas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2009 21:16
Seguimos xerando expectación

Hoxe, sábado 14, o periodista de "La Voz de Galicia", Serxio González, escribe na súa columna "o faiado da memoria" unha reportaxe sobre o grupo "strikkes" e a súa vida nos anos 60.

Podedes leelo pinchando aquí, ou comprando o periódico en papel, claro.

Para todo aquel que ainda esté dudando se ir ou non o festival temos que contarlle que quedan unhas escasas vinte entradas (dun total de 750) ou sexa que non se o pensen moito...que nos las sacan de las manos, oiga!.

Disfrutar co artigo.
Comentarios (2) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 14-11-2009 10:24
o Festival no Vieiros


Artigo aparecido en Vieiros sobre o festival "...coa axuda dos meus amigos".

Podedes botarlle unha ollada pinchando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 12-11-2009 22:07
Unha década marabillosa

Artigo do noso amigo Rogelio Diz aparecido no Xornal.com.

Esa evocación do seu Vilaxoán querido e, realmente, marabillosa.

Como estades ansiosos/as por leelo só tedes que premer aquí mesmo.

Disfrutar.
Comentarios (13) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 11-11-2009 16:01
pequena solución para Auto-actualizalos comentarios

Co fin de dar información dos comentarios, ofrecemos este espacio para que, o que queira, deixe aquí os datos de donde o fixeron. Para a boa información colocar quen fixo o comentario, entre paréntesis colocar o número do mesmo, e, como non podedes facer un link que vos leve automaticamente a foto, o nome da foto e a carpeta xenérica donde está.
É complexo e molesto pero de momento é o único que podemos ofrecer. Esperamos poder mellorar.
Como vedes este espació estará na cabeceira do lado esquerdo do blog.
Comentarios (63) - Categoría: ACTUALIZA O TEU COMENTARIO - Publicado o 10-11-2009 20:15
...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS na prensa
Onte, luns, tivo lugar a presentación oficial do festival ...coa axuda dos meus amigos a prensa.

O acto tivo lugar no escenario onde se vai desenvolvelo acto, o Auditorio de Vilagarcía.

Alí e co espacio dominado polo gran piano de cola e a presencia de parte dos actuantes, o concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, iniciou o acto marcando as claves de como será o festival e a súa repercusión na vila (demostrada pola rápida venda de entradas). Para rematalo acto os presentes cantaron a coro a canción "tus manos en mi cintura" co acompañamento de Juan Carlos Porto o piano, logo, Marita Gómez deu unha espectacular mostra da súa maestría interpretando un tema de música española co acompañamento do seu marido Antonio Castaño.

Aquí deixamos unha mostra do que a prensa conta no día de hoxe:

Diario de Arousa (aquí hai que buscalo entre as noticias de Vilagarcía)
Faro de Vigo
La Voz de Galicia

que o disfruten.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2009 09:24
Outra tanda fotográfica

Como é fin de semana e o tempo está bastante desagradable coidamos que xa era tempo de subila segunda parte prometida fai uns días.

Esta vez consta de 49 fotografías repartidas en sete galerías que veñen a ser as seguintes:

Personas inesquencibles (2)
Posando (5)
Creo en Dios Padre... (5)
O Carril (7)
Traballando duro (8)
Gaudeamus Igitur (9) e
Outra maneira de vivir (18)

Agora é o momento de deixaros para que disfrutedes con estas novas pingueiras de memoria que os haberá de refrescar. Facelo lentamente, sen presas, recuperando os detalles e enchelos de comentarios con todo aquilo que vos traen os recordos.

E falando de comentarios, desde fai uns días deixáronse de actualizar por dous motivos, o esencial é que nos come demasiados recursos de tempo e ultimamente cada minuto é importante para o desenvolvemento deste proxecto (en cada actualización invírtense de dúas a catro horas) e a outra é por razóns prácticas, moitos vades os comentarios directamente "haber o que contan" sen pasar por outras fotografías (por iso quedan tantas imáxenes interesantes sen un só comentario) polo que alguhas subidas parece que foron inútiles de que se fixeran. Polo tanto desmontamos esta función para que todo mellore (esperemos). Logo xa veremos o que vamos a facer.

E agora comentamos que a venda de entradas, por vía teléfonica e directa, está sendo todo un éxito. A día de hoxe só quedan butacas da zona C. O posto de venda está montado, como xa dixemos, na Concellería de Cultura, no segundo andar do auditorio en horario de mañán (de 9 a 3). Alí tamén se poden retirar as reservas realizadas.
Comentarios (13) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-11-2009 20:44
As entradas xa están a venda



As entradas para o festival ...coa axuda dos meus amigos, xa se atopan a venda.

O punto vai ser no espazo do Arquivo Social da Memoria na Concellería de Cultura (2º andar do Auditorio de Vilagarcía) e, de momento, polas mañáns. Así como se acerque a data do festival instalaremos un punto na entrada do auditorio tanto polas mañáns como polas tardes. Iso se para aquela queda algunha entrada, xa que polas reservas efectuadas hasta o momento, as butacas da zona A (a mais perto do escenario) están a punto de esgotarse.

Lembrar que as entradas reservadas xa poden ser retiradas dos mesmos puntos de venda antes ditos.

Lembrar que os prezos, de caracter simbólico e cuia recaudación será entregada a unha ong, son de 3 ?uros para a zona A, 2 ?uros para a zona B e 1 ?uro para a zona C.

Non haberá fila 0, xa que este non é un festival de tipo benéfico, o feito de cobrar entrada e por darlle valor o acto en si e cobro da mesma non sirve para cubrilos gastos, só ten ese valor simbólico.

Gracias.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2009 11:12
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0