lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Entrevista no FARO DE VIGO

Entrevista a Manolo Abad no Faro de Vigo polo xornalista Diego Doval.
Hoxe no Salon Garcia se proxeta o documental feito por Manolo, SEXO, ENTRE O CEO E A TERRA. Trata de como abordamos os galegos o tema do sexo e tamen fala de aquel espectaculo que se trouxo a Fexdega no marco do Salon Atlantico fai dez anos coñecido como SEDA.sale no documental moita cara coñecida, non deixa de ser interesante o que provocan estes espectaculos nos seres humanos.
Non faltedes e gratuito, as oito da tarde no Salon Garcia
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-10-2019 18:04
Hoxe no Mercantil, as oito

Teo Manuel Abad: "La tolerancia de los gallegos con el sexo es mayor que en el resto de España"
Es el creador del documental "Sexo entre o ceo e a terra", que se emite hoy en Vilagarcía

Diego Doval Periodista do Faro de Vigo en Arousa


Hay que facerse suscriptor da prensa escrita, dos periodicos, a xente cobra polo seu traballo. OFAIADO DA MEMORIA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2019 06:40
GRACIAS CARMEN ARCA E HASTA SEMPRE



Fai uns días, faleceu María do Carmen Arca Cores, amiga do Faiado da Memoria.

Resulta que nos enteramos hoxe. Sabemos que a súa familia, entre elas Jesús Pérez Arca e Gonzalo Arca, entenderán que cheguemos tan tarde, sentímolo, pedimos disculpas, tamén sentimos perder a Carmen. Está sendo un ano moi cruel nas pérdidas, nas ausencias. Isto é irremediable, somentes nos quedará o seu recordo e lembranzas, a súa memoria.

A toda a súa familia o noso afecto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-10-2019 18:51
PARA SEMPRE CON NOS


Hai días difíciles para a vida, para vivilos. Acabamos de recibir a chamada da familia da irmá pequena de Lola, da familia de Pilar Blanco Rodal, para decirnos que a nena que Lola levaba da man en aqueles días de terror, cando apresaron ao seu pai, cando deron por morta a súa nai, cando asasinaron a Angel, cando non tiñan quen mirara para elas, mais que nada por medo, finou no día de hoxe, dous de Outubro de 2019.

Para Pili, Gelu e Antonio que coidaron e adoraron a esa nai con pedagoxía, con amor, con exemplaridade, sentimentos que xurden somentes si se teñen e eles, sen dúbida os tiveron.
Para nos, que estamos xestionando o crowfunding do documental LOLA, tamen é duro, porque desde pola mañan a noite todo nos fala da familia RODAL BLANCO. Hoxe é un dia triste para nos tamén, era a última filla dos pais de Lola.

Emoción polo que vivimos con eles, que son unha chea de cousas, desde o 2007.

Nunca esquenceremos a Pilar e mañán a despediremos en Cangas, ela vaise nunha última viaxe, como anteriormente os seus seres queridos.

Desde Vilagarcía unímonos a todos os que en Cangas están de loito por Pilar Rodal Blanco.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-10-2019 18:25
Hasta sempre Manuel

Deixounos para sempre Manuel Abalo Lopez, fillo de Pilar e Jose, sobriño de aquel Andres que encheu de volteretas a nosa infancia, Manuel era un amigo de toda a vida que loitou como un superman contra o raio da enfermidade. Hasta hoxe, a morte sempre gana, neste caso, desgraciadamente tamen. A sua muller, fillos, a Pilar sua irman, cuñados, sobriños, tios, primos, a todo o que sea Tecelan, unha aperta do Faiado da Memoria que os quere é comparte o seu pesar.


" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Manuel Abalo López

Que falleció cristianamente el día de hoy.
D.E.P.

Su esposa, Mª Dolores; hijos, Dolores, Manuel y Paola; hijo político, Borja; nietos, Lara y Emma; hermana, Pilar; sobrinos, Gonzalo, Manuel, Henar y Jacobo; primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA JUEVES, a las SEIS de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso. Seguidamente, sus restos mortales serán trasladados al Crematorio de Arosa para su incineración ,en la intimidad familiar. Favores por los que les anticipan gracias.



T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 4
Vilagarcía, 2 de octubre de 2019
Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-10-2019 16:24
Todo chega

o día 15 de outubro, martes, é o 83 aniversario do asasinato dos nove da Lombardeira, ou da volta, e fará 5 anos que fixemos o documental A VOLTA DOS NOVE. Logo de proxectalo documental por toda Galicia nestes anos quedábanos un sen visitar: o do propio escenario da matanza, Baiona.
Iso vai cambiar neste aniversario xa que recalaremos na vila para proxectar alí o documental.
Dentro de dúas semanas.
Avisar as amistades, especialmente de Baiona xa que non temos contactos alí.
E compartir con todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-10-2019 08:25
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0