lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O noso documental na prensa

No Faro de Vigo, a periodista Maria del Carmen Gonzalez fala do noso estreo o proximo sabado no Salon Garcia, pra nos o Mercantil, as oito da tarde. EU TAMEN NECESITO AMAR ESCOMENZA a sua andadura publica, escomenza nun dia significativo, especial,estan exhumando o restos do Dictador de un lugar publico patrimonio de todos, feitos baixo a esclavitude das condicions en que foi creado o Valle.
Con esta Reparacion, o Pais ten un chisco mais de Xusticia.
Nos imos seguir co noso documental
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 24-10-2019 11:46
Presentacion do libro GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936, HISTORIA DUN PASADO INCÓMODO

Estes son os traballos fruto de unha investigacion seria, de arquivos, de tempo de memoria oral, porque si non investigas con seriedade pode sair unha chapuza que perxudica a labor de tanta xente que durante moitos anos adicamoslle o noso tempo a Historia da represion, do terror que se viveu neste Pais.Xavier Buxeiro, Conchi Lopez e Lourenzo Fernandez Prieto acheganse a sede do Faiado da Memoria pra mostrarnos o seu libro fruto do seu traballo e da sua investigacion .
Decir que pra nos é un honor contar con eles, con Lourenzo catedratico da USC, colaboramos desde o ano 2007, decir que foi o responsable do proxeto interuniversitario AS VITIMAS OS NOMES AS VOCES, un proxeto referencial, no que traballaron laboriosamente unha chea de nomes que fixeron grande, grandioso todo aquelo, non podemos esquencer a Xurxo Pantaleon ou Gustavo Hervella entre outros.
Deciamos que e un pracer o acto do venres, xente de solvencia memoristica nos visitan, moitas gracias e ata de aquela
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2019 11:55
A Toledo
Esta seman, xa sabedes que esta seman é especial na cantidade de actos que temos, tamen na calidade, o proximo sabado estreamos no antiguo Mercantil, na actualidade Salon Garcia, o ultimo documental de Antonio, EU TAMEN NECESITO AMAR, pois aparte de todo iso os de PHOTTIC, asisten a dous congresos, un na Coruña e vai de Envellecemento Activo, outro en Toledo, no congreso de Arquivos e Dixitalización, ali falaran de nos e proxetaran o video que estamos a ver de cando se lanzou o libro PEDALEANDO POR VILAGARCIA. Estamos moi ledos de que se fale do noso traballo, xa que non temos nomina polo menos ter satisfaccions. Bos dias, moitas gracias a os de PHOTTIC.

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-10-2019 22:25
Seman importante para nos

O proximo xoves dia vintecatro, as vinte horas (Oito da tarde) temos un acto de musica e poesia na sede do Faiado, Manuel Lage ca sua arma fatidica as letras, esta vez a poesia entrelazada ca musica da guitarra de Roberto Abal, non o perdades nun mundo tan estridente, tan cheo de ruidos e pelexas nos fai moi ben cousas como esta. Esperamosvos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2019 08:47
NA MEMORIA DE MARIA DEL CARMEN

Unha gran perdida en todolos sentidos, primeiro como persoa, como Nai, como Muller, como irman, logo como investigadora, proxetos como o alzheimer e outras cousas moi serias que afectan a humanidade as investigou Maria del Carmen, Maria del Carmen Villaverde Cameron, filla de Piluca e Jesus (Achiño), Catedratica na Universidade de Compostela de Quimica Organica, o mundo perde hoxe un cerebro privilexiado, Vilagarcia alguen moi importante que deixa unha soedade a o seu arredor, un espacio dificil de encher. A o seu home Fredi, unico fillo Daniel, unha aperta chea de sentimento. A Piluca e Cuco desexamoslle que atopen unha porta aberta a calmar o dor da perdida de Panchi a sua irman pequena. Os do Faiado sentimola moi cerca, Carmen Villaverde non perdia alguns dos nosos eventos cando estaba laboralmente de descanso. Eso sirviu pra coñecela millor e para no data de hoxe sentir a sua falta, irreparable.


" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hija "
Dña. Mª del Carmen Villaverde Cameron-Walker

Que falleció cristianamente el día de hoy,
a los 66 años de edad.
D.E.P.
Su esposo, Fredy Solomon Sussman; hijo, Daniel Kallman Sussman Villaverde; hermanos, Mª del Pilar y Jesús María; hermanos políticos, José Lorenzo y David Sussman; sobrinos, José María, Jesús María, Pablo, Noelia, Edith, Tamy y Sandy; sus cuidadoras, María y Sole; primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA DOMINGO, a las CINCO de la TARDE, al Cementerio General de Vilagarcía, favores por los que les anticipan gracias.


T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 3
Vilagarcía, 19 de octubre de 2019


Comentarios (49) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 19-10-2019 14:06
Finou Carmen Poyan Vega



Datas pasadas, concretamente o día dezaseis finou en Ibiza, donde residía, Carmen Poyán Vega, filla de Daniel Poyán e Lucía Vega, súa Nai por certo posou para o pintor Joaquín Sorolla na súa estadía na nosa vila alá polos anos vinte.

Carmen nacera en Vilagarcía, donde se criou, estudiou maxisterio e co tempo casouse co capitán de fragata da marina española José Bermejo de Blas, tiveron tres fillos, José Manuel, Daniel e Teresa. O seu home foi durante un tempo o responsable máximo do noso gardacostas Centinela, logo destináronno a Ibiza donde foi comandante da cidade uns vinte anos.

Sentimos desde o Faiado da Memoria a dor da súa familia sobre todo dos seus sobriños, Guillermo, Nacho, Miryan e Manolo Poyán Álvarez, moi apegados a súa tía, tamén mostramos o noso pesar a Teresa, a filla de Carmen, aos seus netos e biznetos, O noso sentimento
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-10-2019 22:32
A XENTE CA VOLTA

Asistiron familiares como Aldo e sua Nai, pero nestes cinco anos en que non se poido proxetar no pobo de Baiona, morreron fillos dos asesinados na Volta, dos asesinados en Baredo. Loxicamente a satisfacion de ver o documental en Baiona e irrecuperable. Pola nosa parte sentimolo profundamente, somentes nos alegra o feito de telos con nos en outros lugares, sobor de todo na primeira estrea en Vigo, no concello o vintesete de Septembro do dous mil catorce. A Memoria sae para diante, imparablemente, saltando trabas, proibicions e zancadillas. Somos resistentes, a verdade é a XUSTICIA danos forza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2019 08:27
Por fin estrea da VOLTA DOS NOVE en Baiona

A VOLTA DOS NOVE e unha historia documentada no concello de Baiona, unico lugar do Valmiñor en que non se habia estreado, porque a autoridade competente, ou non, se habian negado a proxetala. Non imos falar de cousas feas, hai uns novos responsables municipais, unha concelleira de Cultura, Miryan, é un Alcalde Carlos encantados de ver o documental con nos e formar parte do apoio a verdadeira memoria democratica.
A sala estaba chea, o documental xa foi visionado en Nigran e Gondomar, estreouse no Auditorio do concello de Vigo, fai cinco anos, pero estaba moi pendiente de poder proxetalo en Baiona, e chegou o dia, sempre chega ese dia, e o que ten a democracia, afortunadamente.
Moitas gracias a todos os que fixechedes que a tarde fose moi grande nos nosos corazons
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2019 08:16
Moitas felicidades desde Vilagarcia

El é Jose Scotto Vazquez, xa sabemos que en Francia donde naceu e vive non se leva o apelido da Nai, pero nos estamos eiqui, non imos facer caso dos franceses, decir que Jose e fillo de Marisa, neto de Luisa e Jose, bizneto do lembrado Arousan, afillado da nosa amiga moi querida nesta casa Maria Josefa Vazquez.
Ben, Jose, cumple hoxe cincoenta anos, lembranse cando naceu que Luisa sua aboa, colleu mil trens e se foi ca sua filla Marisa a VILLEFRANCHE-SUR-MER queria estar presente no nacemento do seu primer neto José, logo quedouse en Francia hasta Xuño e asi como era Luisa de valiente e arriscada, colleu o bebe, bolsos, roupas, biberons, transbordos de tren, xa Luisa non era unha nena, pero ca sua ilusion viaxou hasta Vilagarcia pra que o resto da familia poidese coñecer a Jose....¡Canta emocion¡
Hoxe dezasete de Octubre o bebe xa creceu, a sua madriña Maria Jose sinte moitisimo non poder darlle esa aperta de cumpleanos, pero nos desde aqui felicitamos a José polos seus cincoenta anos, é polo privilexio de haber chegado a o mundo en esa familia que tanto lle quere.
PARABENS
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-10-2019 07:43
A VOLTA DOS NOVE EN BAIONA

O día 15 de outubro, martes, é o 83 aniversario do asasinato dos nove da Lombardeira, ou da volta, e fará 5 anos que fixemos o documental A VOLTA DOS NOVE. Logo de proxectalo documental por toda Galicia nestes anos quedábanos un sen visitar: o do propio escenario da matanza, Baiona.
Iso vai cambiar neste aniversario xa que recalaremos na vila para proxectar alí o documental.
A VOLTA DOS NOVE, estrearase en Vigo, no auditorio do Concello, o mais preto de donde nos gostaria que se proxetase, de aquela o Valmiñor en pleno estaba gobernada por quen non quere nin escoitar falar da realidade, da memoria historica que conta a verdade do que pasou, non do bodrio que nos contaron. Deciamos estreouse en Vigo un vintesete de Septembro en homenaxe a os ultimos fusilados de Franco, moi en especial a Jose Humberto Baena.
A medida que pasaron os anos fumos proxetando nos outros concellos, Nigran, Gondomar, quedaba Baiona o pobo donde transcurren os feitos recollidos no documental. Pois ben este martes dia quince se estrea en Baiona con cinco anos de atraso A VOLTA DOS NOVE.Non nos falles, e HISTORIA, e MEMORIA
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-10-2019 18:12
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0