lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Remata Outubro

Estamos escomenzando o longo inverno, nas terras de Arousa a invernada suele resultar un pouco longa...mañan damoslle a benvida a Novembro, imos desde o Faiado, agradecer como sempre o apoio da nosa xente a riada de actos que programamos datas pasadas ca sua asistencia, tamen coma sempre.
Bos dias, moita saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2019 07:59
Unha charla preciosa

Sobre o Arosa, como estaba previsto, ca asistencia de ex-xogadores como Nito Cambre, Fernandez Caneda , mais coñecido como Tata, Carlos Coira, Seso Millan, Javier Garcia-Toriello, Maxi Lojo, Antonio Casabella, Nacho Fernandez, Fernando Lezcano, Garcia Barrio, Alfonso Gonzalez, Ex-Presidentes como Martin Abalo, Jose Manuel Gomez que foi Presidente, xogador e entrenador, Manuel Abalo actual Presidente, directivos como Jose Fajardo, Moncho Fungueiriño, ou Victor Mendez Felipe Suarez que no seu programa deportivo LINEA DE FONDO da Cadena Ser ten salvado a o Arosa de moitos apuros, Estivo con nos Javier Bouzada, autor do libro AROSA SC 60 AÑOS DE HISTORIA,nos contou os inicios do Arosa e do campo da Lomba. O moderador Fernando Salgado contou ca axuda de identificacion do colaborador e amigo do Faiado Candido Castro, fixeron unha charla cercana amena, e moi emotiva. Moitas gracias a todos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-10-2019 23:05
CHarla sobre o Arosa

Eso quere decir moitas cousas ¿ Que vilagarcian non ten grabado algo do Arosa nos seus sentimentos? Pois de iso se trata, de reunir ex-xogadores, ex-directivos, ex-presidentes (Os actuais tamen) e falar,lembrar....todo en torno a o Arosa, a ver si somos capaces de facer unha charla amena, que aprendamos a saber mais dos interiores de un equipo que todos levamos con nos.
Mercores dia trinta as oito da tarde na sede do Faiado da Memoria e moderado por Fernando Salgado. ¡ALA AROSA¡
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2019 18:43
Bodas de Ouro

Sin lugar a dubida son uns privilexiados...datas pasadas chegaron os cincoenta anos da sua voda, concretamente o dia 26, sabado pasado. Para eles sera un dia marcado, primeiro polo amor que se siguen a ter. polas lembranzas de aquel outro dia, polas lembranzas de tantas cousas que viviron xuntos os dous. Sita Calvo e Angel Fresnedo, a sua historia de amor forma parte do noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR. Eles non estiveron presentes o sabado porque estaban a disfrutar ca sua familia de unha boa festa rachada e intima. Esperamos a velos pra poder darlle esa aperta que merecen, por campeons dos sentimentos, da fidelidade e do AMOR.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 29-10-2019 17:46
Pasamento de Lino Gonzalez


" Rogad a Dios que conceda la Vida Eterna a su hijo "
D. Lino González Castiñeiras
(Precón y Cámara)
(Ex-Directivo del Arosa Sociedad Cultural)

Que falleció cristianamente el día de ayer,
a los 78 años de edad.
D.E.P.

Su esposa, Isabel Penela Santiso; hijos, Lino (U. Arosa Asesores) y Ana, Begoña y Tim, David y María; nietas, Ainhoa, Antía, Iria y Daniela; padres, José(?) y Ángela(?); padres políticos, Manuel(?) y Elisa(?); hermanos, José(?) y María de los Ángeles; hermanos políticos, Manuel, Ramón, María Flor y Josefa; sobrinos, primos y demás familia.

Ruegan a sus amistades y personas piadosas lo tengan presente en sus oraciones y asistan a la conducción de sus restos mortales que tendrá lugar MAÑANA MIÉRCOLES, a las CINCO MENOS CUARTO de la TARDE, a la Iglesia Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, donde se celebrarán los funerales por su eterno descanso y seguidamente al traslado de sus restos mortales al Crematorio Arosa, favores por los que les anticipan gracias.


-
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 1
Vilagarcía de Arousa, 29 de octubre de 2019

Acompañamos a toda a sua familia no seu dor.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 29-10-2019 17:36
No festival de CURTAS

Estreamos en Vilagarcia o noso documental EU TAMEN NECESITO AMAR, un exito de publico e que conste que casi non chamamos a xente porque a non ser organizado por nos, iñorabamos a capacidade que se podia ter no espacio do Mercantil. Cando chegamos, ali estaba a nosa xente, a de sempre, e cando rematou os aplausos non paraban, por duas veces irrumpiron con potencia no salon, xa sabedes que os de Vilagarcia non somos moi dados a eses xestos de calor. O traballo encantou, damos as gracias de novo a xente que botou unha man, inclusive a quen non a botou, porque non se lle solicitou. Gracias a todos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-10-2019 06:58
Presentacion do libro GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936, HISTORIA DUN PASADO INCÓMODO

Ca presencia no noso local de Xavier Buxeiro, Conchi Lopez e Lourenzo Fernandez Prieto, autores da investigacion entre outros do libro presentado.Fixeron un relato preciso do seu traballo, unha charla tan amena que durou casi duas horas, porque en realidade, nos estaban a falar de situacion que se diron por igual en cada pobo e lugar.
Agradecemos moitisimo a os responsables do proxeto Histagra que pensasen no Faiado da Memoria para presentar o seu libro, sempre estamos ca porta aberta pra estes retazos de historia, da verdadeira Historia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2019 23:41
Presentacion do libro GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936, HISTORIA DUN PASADO INCÓMODO

Presentacion do libro GOLPISTAS E VERDUGOS DE 1936, HISTORIA DUN PASADO INCÓMODO

Estes son os traballos fruto de unha investigacion seria, de arquivos, de tempo de memoria oral, porque si non investigas con seriedade pode sair unha chapuza que perxudica a labor de tanta xente que durante moitos anos adicamoslle o noso tempo a Historia da represion, do terror que se viveu neste Pais.Xavier Buxeiro, Conchi Lopez e Lourenzo Fernandez Prieto acheganse a sede do Faiado da Memoria pra mostrarnos o seu libro fruto do seu traballo e da sua investigacion .
Decir que pra nos é un honor contar con eles, con Lourenzo catedratico da USC, colaboramos desde o ano 2007, decir que foi o responsable do proxeto interuniversitario AS VITIMAS OS NOMES AS VOCES, un proxeto referencial, no que traballaron laboriosamente unha chea de nomes que fixeron grande, grandioso todo aquelo, non podemos esquencer a Xurxo Pantaleon ou Gustavo Hervella entre outros.
Deciamos que e un pracer o acto do hoxe, xente de solvencia memoristica nos visitan, moitas gracias e ata logo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2019 08:40
Finou Juan Cores




" O SEÑOR "
D. Juan Cores García
" O CARRIZO "

Pasou á presenza do Señor,
o día de hoxe,
aos 95 anos de idade.
D.E.P.
A súa dona, Ramonita Fariña Baltar; fillos, Manoli e Juan Francisco Cores Fariña; fillos políticos, Xosé Castro Ratón, Rocío Rosales e Pili Sobrino; netos, Roi e Martín Castro Cores e Iván e Iria Cores Sobrino; neta política, Alicia Saavedra; irmáns, Francisco (?), Gerardo (?), José (?), Consuelo (?) e Carmen; irmán político, José Maneiro; sobriños, curmáns e demáis familia.

Agradecen unha oración pola súa alma e maila asistencia á condución do cadáver MAÑÁ VENRES, ás CINCO E MEDIA da TARDE, á Igrexa Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, onde se celebrarán os funerais e de seguido recibirá sepultura no Cemiterio Xeral de Vilagarcía.

Sairán 2 ómnibus ás 16:30 h., un dende Caldas de Reis (Abanca e calle Juan Fuentes Echevarría), pasando por Rubiáns (Zamar, Igrexa, Estudiante, Sentín e Churrasco) e outro dende a Igrexa Parroquial de Sta. Eulalia de Arealonga, ambos para a asistencia ao sepelio e regreso.

T. 986 501 101 - www.ppffa.com
Casa mortuoria: Tanatorio de Arosa, Sala nº 4
Vilagarcía, 24 de outubro de 2019

A sua familia o noso sentimento de pesar polo pasamento de Juan
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-10-2019 22:43
Documental pra as mulleres

Da man da xornalista Fatima Frieiro que no Diario de Arousa entrevista a Antonio Caeiro Director do Documental EU TAMEN NECESITO AMAR. O documental e unha leccion de Memoria na boca das suas protagonistas, as mulleres que foron as peores vitimas de unha dictadura cruel, na sua educacion, na sua cultura, en definitiva nas suas vidas, por certo hai ticks de toda esa realidade que ainda estan sin superar. Siguen a mandar os machos. Vemonos o sabado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2019 12:00
1 [2] [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0