lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SEGUIMOS DE SUBIDA |
|
 Nesta fin de semana, con ponte engadida, temos o gusto de comunicaros unha nova subida.
Mentras tanto nós vamos indo polas casas e polos centros xeriátricos buscando testemuñas que nos poidan falar sobre a escuadra inglesa. E os resultados están sendo moi positivos. Ainda que si alguén quere facer algunha aportación o documental que fale agora.
Pero ao que íamos: a subida semanal.
O Carril (27)
Terra de Artistas (con Maiúsculas) (5)
Trabanca Sardiñeira (7)
Creo en Dios Padre... (13)
Disfrutade e descansade, veñen tempos de tormentas, é normal, vamos para o inverno. Isto do verán era unha mala costume que estábamos a pillar. |
|
|
|
O noso deica logo a Anne e Casalderrey |
|
 Están a facer as maletas para porse rumbo ao Brasil. A fotografía ten todo que ver co noso traballo: recuperación de imaxes e posta en valor do noso patrimonio visual. Mediante o noso blogueiro-colaborador e periodista, o grande Fernando Salgado, José Manuel Casalderrey viviu a emoción de atoparse cunha foto do seu pai de moi noviño, unha foto que descoñecía, e que por certo tivo que mandarlla aos seus familiares para confirmar si era, ou non, o seu Papá.
Que teñan boa viaxe, que volvan pronto, que lles vaia bonito, e que...¡lles queremos! |
|
|
|
MOITO TRABALLO |
|
 Almacenáronsenos unha chea de circunstancias que nos impediron avanzar no noso día a día.
Escaneos paralizados, documental sin avances,... Xa sabedes, primeiro temas de saude, que sin non tes saude non tes nada. E agora que o sergas che quere cobrar pola renovación da tarxeta, ou non dar tódalas prestacións se non demostras que non teis necesidade ningunha de ter médico. Unha tolería que nos recordan os tempos mais malos. Pero bueno, seguimos avanzando.
E como estamos mellorando pois arrear estopa e ao traballo.
E aquí está a subidiña semanal neste domingo que non invita a sair da casa senón a estar vendo estas novedades e, a poder ser, coa chimenea, ou no seu defecto, a cociña de ferro ben encendido.
As 23 novas fotografías subidas están postas nestas dúas Galerías:
A Vilagarcía de onte (19)
e catro en Vilaxoán.
Disfrutade na medida do posible. |
|
|
|
FINOU LUISA |
|
 Fai poucos días o dia dez de Septembro os seus fillos, noras e netos, celebraron con ela unha comida de cumpreanos, seus noventa e seis anos... Ela estaba ben. Hoxe de madrugada o seu corazón parouse, deixou de latir.
Luisa Pérez nacera en Vilagarcia, seus pais viñeron a traballar, deixaron o seu Lantaño en Vilagarcía tiñan unha tenda de comestibles frente o concello. Co tempo Marcelino Penide e Luisa namoráronse e casaron. Naceron os seus tres fillos e vivían na praza de Ravella. Logo en Santa Lucía. Luisa puxo unha mercería na rúa do Río e mercou unha máquina de tricotar, era unha cousa modernisima, facía uns jerseys preciosos, e traballou como unha jabata. Luisa, os do Faiado sempre a lembraremos con un paso moi apurado e con unha mirada doce. Era toda unha nai.
A Nito e Carlos, a María e a Pepa, a TODOS os netos, tamén a Lourdes, Lolita e Pepe Redondo, un abrazo cheo de cariño, cheo de pesar. |
|
|
|
Imonos....dous dias |
|
 Ímonos de parranda, de esmorga. Precisamente vamos a vila onde Eduardo Blanco Amor situou a acción da súa novela que leva ese mesmo título: a Ourense.
¿E a que vamos?. Pois a presentar o documental Esta noite, velada que fixemos sobre o grupo de teatro de Asados de Rianxo. Ese traballo foi señleccionado para participar co certamen Internacional de Cine de Ourense. E alá estaremos o luns e o martes.
Iso si, antes estaremos na comida que se celebra o domingo no Boliño.
Pero non nos vamos sen antes deixar unha subida. E aquí están.
Outra forma de vivir (22)
Atopando detalles (9)
Primeiras comuñóns (3)
Gaudeamus Igitur (3)
Agora disfrutade tranquilamente.
Un saudo e bicos. |
|
|
|
A comida do domingo |
|
 Do domingo dia dezaseis, no Boliño de Tremoedo, pois xa non da mais. Temos unhos blogueiros que no nos fan caso ningun. Son moi seus. Puxemos no blog un menú para que elexiran...buenooo. Puxemos un día para cerrar a lista de asistentes, o luns pasado, buenooo... Somos neste momento coarenta e sete, o comedor do restaurante ten capacidade para cincoenta, e o Antonio está un pouco de aquela maneira porque quere instalar un equipo de sonido (imos ter un cha-cha-cha de medo) e ¿onde o imos a colocar?. Bueno, sin medo e para diante.
Pero porfa que non intente apuntarse nadie mais. Stop. E si alguén queda fora que aproveiten e veñan a tomar un café con nos, é o único que se pode facer.
E por último decir que a foto e de Teresa e o seu irmán José Carlos Dasilva. Aproveitamos para felicitala a ela e o seu home Manolo Pérez xa que hoxe naceu Antía, a súa segunda neta, celebrarémolo o domingo. Á recén nacida e aos seus pais, un millón de lúas felices. |
|
|
|
SUBINDO (QUE É XERUNDIO E ESTAMOS EN FIN DE SEMANA) |
|

Cando vin por primeira vez esta foto estaba completamente emborronada de bolígrafo (posiblemente a arma utilizada fose un bic cristal, que escribe normal). Menos mal que o fillo de Pilar e Lito é un manitas (tamén o presunto culpable do desaguisado en edade mais tierna) e fixo un traballo para sacarse o chapeau. Debe notarse o seus estudos de artes gráficas.
Isto vai a servirnos para ilustrarnos unha voa subida fotográfica, non extensa, pero si interesante de ver.
As Galerías nas que están colocadas estas novas fotografías son:
Sobradelo (1)
Sempre emigrantes (16)
Amores (1)
O Carril (10)
Vilaxoán (6)
Agora é o momento de disfrutar e de encher os espacios valeiros con ricos comentarios que a todos nos faran disfrutar mais desa parte gráfica gracias a escrita.
Un saudo e bo fin de semana e para os que están na contorna de Vilagarcía que saian un pouco abrigados que, ainda que luza o sol, non fai demasiada calor. |
|
|
|
Lembrarémola |
|
 Ela era para todos Luisita Rolán.
Era a viuva de Alfonso Rolán, quen nos anos cincoenta fundara o seu almacen de coloniais, moito almacen de coloniais para un pobo como Vilagarcía.
Luisa e Alfonso casaron e tiveron catro fillas, a mala sorte quixo que Alfonso finase moi novo vai facer case cincoenta anos. Luisita (como sempre se lle chamou) exerceu de iso que hoxe se chama mama coraxe, seguiu co negocio adiante, arropada polo seu circulo familiar. Luisita foi unha das primeiras mulleres de Vilagarcía en ter carnet de conducir.
Foi unha muller moi xenerosa e moi pendiente das penurias que había o seu arredor.
A Ángela, Luisa, María Jesús e Beatriz, as súas fillas, aos seus xenros, netos, e a súa irmán o noso pésame.
Hoxe Vilagarcía quedou sen un membro importante na nosa comunidade, imos procurar con todo sentimento e respeto, non esquenzela. |
|
|
|
Subida....ainda que non toque |
|
 Pois pola cantidade de mostras de solidaridade que chegaron a nosa casa, pois porque tiñamos traballo atrasado, porque hai que premiar os amigos, sobor de todo a lealtade mostrada o longo dos ultimos meses, porque nos queredes e os queremos, porque a vida e corta e hai que vivila cas boas cousas.
O Carril (27)
Os Amigos (1)
Sobradelo (1)
Pola tardiña si nos sobra algun minuto subiremos mais.
SAUDE e DISFRUTADE |
|
|
|
Boas festas Vilaxoan |
|

Ainda non remataron as festas da Torre e xa estamos a felicitar a os de Vilaxoán que as teñen o fin de semán que ven.
E que somos así.
Pois comenzamos por esa Galería onde colocamos unha boa renta de fotos como podedes apreciar neste listado:
Vilaxoan (18)
Terra de artistas (con Maiúsculas) (27)
Outra maneira de vivir (3)
A Laxe (8)
A praia de Compostela (1)
Os amigos (1)
Agora só tedes que porvos a disfrutar como enanos (ou enanas).
E vos anuncio un cambio no plan da comida que estaba preciso facer o día 12 de outubro. Pasa a ser o día 16, para que as Pilares disfruten tranquilamente o seu día coa familia. Reproduzo aquí un texto que xa está colocado como un comentario neste blog (lixeiramente retocado):
"Onte estivemos no Bar Boliño de Tremoedo, alí vai a sela comida do Faiado en homenaxe a Anne e Casalderrey. Imos ter un sitio para nós sos, podemos estar as horas que queiramos, o día domingo dezaseis (16) de Outubro. Os que teñan algún tipo de instrumento musical que non se lle esquenza de traelo, se se sabe tocar moito mellor. Búscase desesperadamente un teclado, con tocador engadido.
O menú vai a constar de empanada, tortilla, polbo (pulpo en castelán para os que non sepan idiomas), calamares, etc como entrantes. E de segundo pode ser un churrasco ou zorza, ou un peixe como bacallau ou lenguado, o do peixe, se hai moita xente que o pida, iría o precio a vinte euros, se e só de carne, ou o peixe é unha pequena minoría, queda en quince. Gustounos moitísimo o talante de Ana do Boliño, e unha rapaciña moi nova para levar tanto traballo. Da gusto vela" |
|
|
|
|
|