lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O cartel do festival anos 60



Despois de darlle o callo de forma somera e esmerada temos xa un avance do cartel que anunciará o festival do día 4.



Por iso non hai movemento nos comentarios. Non se pode facer todo o mesmo tempo, mais que nada porque somos humanos.



...coa axuda dos meus amigos, pretende ser un encontro de personas e destas cunha música. Non só é un encontro xeracional senón de sensacións donde poder estar lembrando e o mesmo tempo mostrando.



No cartel ainda faltan os logos do organizador (concellería de Cultura) e de algún colaborador (a concellería de Xuventude e Benestar entre eles).



Dentro duns días será oficial e será o pistoletazo de saida para a adquisición de entradas, cuia compra poderá facerse no auditorio en horarios que se especificarán no seu momento.



Vedes que os precios son de tipo simbólico co fin único de darlle un valor o acto, non para sacarlle ningunha rendabilidade, de feito o diñeiro será entregado, como xa se dixo, a algunha entidade de Vilagarcía.



Gracias a todos e todas polo apoio.



Desde este enlace podedes acceder o artigo de Serxio González que sae na Voz de Galicia e que fala da participación de Los Ibéricos o programa "salto a la fama" de TVE.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2009 21:48
Subindo mais fotografías (1ª parte)

Despois de facela dixestión da cena, e como xa estábades cansos de facelos comentarios nas mesmas fotografías tivemos a ben, a rectoría, de ofrecer unha nova selección de fotografías.

Vamos a subilas en dúas tandas (sendo moi positivos). A primeira delas consiste en 54 fotografías repartidas en nove galerías.

De menor a maior, en cantidade de fotografías, están De barrios (1), Soan campás de voda (2), De bares e Os deportes chegaron coa escuadra (ambas con 4), Os amigos (6), Dando a nota (7), Atopando detalles (10) e Familia (11).

Destacamos a galería Dando a nota, mais que nada polo festival anos sesenta que estamos a montar para o día catro (de decembro). Non queremos ser pesados por aquilo de repetilo tantas veces pero é que estamos a punto de ser papás (artisticamente falando, claro) e isto nótasenos na cara.

Espero que disfruten e enchen de comentarios estas novas subidas sen necesidade de que mañan (ou pasado) chegue a segunda parte da mesma.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 30-10-2009 00:27
Despois da cena...os comentarios

Tras levantarnos da cama constatamos os perfidos efectos da resaca. Da resaca de encontros que tivo lugar no restaurante Pampero do Carril.

Neste enlace
poderemos ver algunhas das instantaneas que se fixeron durante as seis horas que pasamos ali pechados.

Daniel Garrido Castroman recitounos un poema inspirado

A CEA DO FAIADO

Xuntáronse no Pampero
os amigos do Faiado
que conversaban no ?blog?
mais non se daban ollado.

É bó verse cara a cara
que, ó falar, non hai cabreos
pois tratanse con respecto
tanto os guapos coma os feos.

Nestas ceas de traballo,
beban auga ou beban viño,
co bandullo posto a punto
medra dabondo o cariño.

E seguro que ós blogueiros,
cando acaben de cear,
coa lingua ben engraxada
non pararán de falar.

Que non falen do ?Bar Miño?
Haber´que vixiar
pois, se comeza a carreira,
todos terán que calar

Din os vellos da bisbarra
que, desde os tempos da guerra,
non se falou tanto tempo
da xente de Salvaterra.

Mais o importante da festa
é facer unha mestura
de xentes tan diferentes
nunha mesma singladura.

Como estamos en familia
e ademáis, vou para vello,
permitídeme a licenza
de darvos un bo consello:

¿Vou vello ou non?

Para ser feliz na vida
hai que ter moi boa vista,
ver o lado bo da xente
e ser persoa optimista.

Isto non é para tomar con arroz

Finamos agradecendo
ista xuntanza exquisita
brindando todos xuntiños
con Antonio e Margarita.


E as suas irmans e compaña crearon unha letra en plena sobremesa e rapidamente a puxeron no aire acompañadas a guitarra por Pilar:

O Faiado da Memoria
celebra a primeira cea
no Pampero, vaia chea.

Levamos xa mais dun ano
metidos neste fregado
mirando centos de fotos
dos nosos antepasados.

Por non perder a costume
e como era de esperar
no noso blog tamen houbo
un choque xeracional.

Queremos que no futuro
esto non sexa un problema
e sigamos moitos anos
disfrutando desta cea.


Aqui haberia que facer unha puntualizacion: a pesares de que o tempo voa que non da parado, realmente levamos (como blog) nove meses. Ainda que pareza que e toda unha vida.

E como o sutil trasego de alcool desatasca os musculos faciales deusenos por engadir os ultimos comentarios que se fixeron no blog. E unha axuda para aqueles que lles costa viaxar polo Faiado sen gepeese.

Disfruten este espacio e dentro de pouco novas fotografias seran subidas.

De momento perdonen por non poder colocar ningun acento pero temos problemas para evitar este fallo ortografico.
Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2009 15:45
Amigos nos cinco continentes

Artigo de Serxio González, saido na Voz de Galicia de hoxe sábado, 24 de outubro de 2009.

Nel faise referencia ó blog, a súa expansión, a cena de hoxe, ó festival do catro de decembro e a Casalderrey.

Podedes leelo acedendo desde este enlace.

Disfrutade.
Comentarios (1) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 24-10-2009 09:34
...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS



¿Que farías se cantara fora de tono?
¿levantaríaste e deixaríasme só?
Presta atención e cantareite unha canción
e intentarei non desafinar.

Intentareino cun pouco de axuda dos meus amigos.
Arreglome cun pouco de axuda dos meus amigos.
Póñome cego cun pouco de axuda dos meus amigos.


Así comenza a canción creada por John Lennon e Paul McCartney e que forma parte do álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band de 1967.

Ainda que a min sempre me gustou mais a versión de Joe Cocker que cantaba alá no festival de Woodstock de 1969 e que lle daba unha volta total a ese tema.

E é este fragmento deste tema que nos sirve para iniciar o espectáculo en lembranza daqueles anos sesenta.

Os distintos grupos e solistas que formaban parte daquel mundo musical reúnense desde hai días en distintos lugares de Vilagarcía para alcanzar a destreza que nos farán vibrar o día catro de decembro no Auditorio de Vilagarcía.

Nas fotografías, que podedes observar na galería Preparando o festival dos sesenta, vemos algúns momentos destes ensaios.

As entradas para este espectáculo, que levará o nome extraido desa canción co que iniciamos o blog, ... coa axuda dos meus amigos, terán un precio simbólico (de 3, 2 e 1 ? según a zona do auditorio) co fin de darlle valor a este acto cultural. O diñeiro recadado será donado a unha ONG ainda sen especificar.

Aparte dos que xa aparecen nos ensaios esperamos contar coa presencia de Casalderrey que nos servirá, coa súa armónica (xa que non contaremos ca súa habilidade co guitarmonium) para unir as dúas partes da que constará o festival.

Esperemos que o disfruten agora e que o fagan máis ese día catro.
Comentarios (8) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 23-10-2009 22:48
O que madruga...

Quen vos ía a decir que un pequeno problema de ansiedade vos permitiría ter unhas cantas fotos mais preparadas co almorzo. Pois aquí estamos, as seis da mañán introducindo fotografías no blog.

Son a parte que faltaba do que comenzamos onte a subir, con aquelas oitenta fotografías. Esta vez son menos, 49, pero non está mal para pasalo fin de semana.

As galerías donde están son: O Carril (6), Outra maneira de vivir (14), Posando (9), Primeiras Comuñóns (6), Vamos a retratarnos (5) e Tradicións nosas, festas e actos (9).

Esperamos que disfruten. Eu espero facelo tamén, ou polo menos descansar.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 16-10-2009 06:17
VOLVEN OS 60 e as fotos

Queridas e queridos, continúa a preparación da homenaxe os pioneiros dos anos sesenta. Nun post que se porá mañán veremos algunha fotografía deses ensaios. É unha pena que non poidades escoitala música pero o que levamos escoitando é para soñar e donde o noso corpo non debería deixar de estremecerse. Vai a ser un concerto para ir de parella...ou para facela alí.

Pero antes de que isto suceda vamos a colocar unhas cantas fotografías. Está é a primeira tirada: 80 novas.

Decidimos cubrir case tódolas galerías que temos por iso espallamos fotografías por todo o blog para que teñades a posibilidade de visitar espacios que nunca exploráchesdes.

Estas están colocadas en A Vilagarcía de onte (4), Os Amigos (17), Tempo de antroido (3), Aqueles traxes de baño (4), Dando a nota (6), Terra de Artistas (con Maiúsculas) (5), Atopando detalles (7), De bares (1), Soan campas de voda (1), Creo en Dios Padre... (4), Os deportes chegaron coa escuadra (10), Familia (2) e Gaudeamus Igitur (9).

Pois esas son para hoxe, mañán máis.

De momento vaian disfrutando.

Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-10-2009 22:12
pequena GUÍA PARA ENTENDELO BLOG
Durante uns días estivemos plantexando a idea de non subir máis fotografías, de momento, xa que estábades moi preocupados polo o que acontecía na fotografía de "Bar Miño".

Non podía ser posible que unha foto, en pouco tempo, alcanzase os cento e pico comentarios sendo a que hasta agora tiña máis (onde hoxe esta radio Arousa) non superaban as oitenta a pesares de formar arte do blog desde os seus comenzos. Pero o peor era que os comentarios, na súa maioría, non se correspondían co espíritu co que foi creado o blog.

Polo tanto se estábades tan entretidos cunha fotografía ¿para que engadir mais?.

E o que nos temíamos era certo: que había centos de fotografías que ninguén tiña mirado. O comentario de Mary Gallego no apartado "reportaxe da Voz sobre os anos 60" así nolo demostra. Polo tanto facemos un inciso para dar unha pequena explicación sobre os apartados do blog e a súa forma de seguilo.

O primeiro que atopamos ó entrar no blog é esta pantalla. Nela podemos distinguir tres apartados importantes: A última información subida ó blog (1) co título sobre fondo verde na parte superior, a veces cunha foto ou vídeo engadido e, cando se trata de avisar de novas subidas ou enlaces, cun texto en negrita e coloreado (6) que, se é un enlace, o pasalo cursor por riba del cambia o estado do punteiro (flecha en man, etc). Iso significa que clicando sobre el nos vai levar directamente o que anuncia sen necesidade de ter que buscalo.
Na parte baixa de cada texto (así como de cada fotografía das galerías) aparecen os comentarios que se fixeron sobre os mesmos e mais abaixo uns recadros onde se pode engadir un comentario. Só é necesario colocar o nome da persona que envía (permítese o anonimato, en caso de que este sexa insultante, xenófobo, racista, antidemocrático, ou que atente, sen xustificación algunha, contra personas ou entidades, será borrado sen mais. A decisión de todo isto corre a carrego dos rectores), e realizalo comentario na parte máis ancha. O correo electrónico ou a páxina web ou blog (URL) son optativos e non son necesarios só se quere informar dos mesmos o noso blog para recibir informacións aparte.

O segundo punto de interés é o de ESPACIOS (3). Nel temos, hasta o momento, sete apartados:

Actualización da Galería de Fotos. Se presionamos sobre el aparecerá na pantalla principal só as informacións sobre as fotografías engadidas no blog, comenzando pola mais recente e rematando na primeira realizada en febreiro de 2009. Na parte inferior da pantalla veremos unha serie de números correlativos que indican o número de páxinas que ten cada apartado e que iremos tocando para pasar de unha a outra. Isto é común a tódalas pantallas.

Galería de Vídeos. Na pantalla principal aparecerán os distintos vídeos que fumos subindo o Faiado en todo o tempo.

LIBRO DE VISITAS
. O lugar no que deixar algún comentario, solicitude, suxerencia, petición, etc, que non teña referencia expresa con ningunha fotografía.

NOVOS COMENTARIOS. Aceso para ver cales foron os últimos comentarios realizados no blog. Como a actualización deste apartado non é automática senón manual, a aparición do comentario no blog non vai parello a que se indique aquí instantaneamente senón cando os señores rectores teñan a ben subilos, iso quere decir: cando teñan tempo.

O PASEANTE. Aceso directo a ese blog de difícil actualización.

Os Artigos do Faiado. Espazo non actualizado totalmente e que nos mostra os artigos publicados en "La Voz de Galicia" polo periodista Serxio González e que nacen das fotografías deste Arquivo.

Xeral. Aceso directo a pantalla principal que non ten ningunha referencia con todo o anteriormente descrito.

E o terceiro punto de Interés, e a parte esencial deste blog, é a GALERÍA DE FOTOS (4). Nel e por orde alfabética atópanse tódalas galerías de fotografías que temos no "Faiado da Memoria". No momento de escribir esta guía temos un total de 1.500 e pico fotografías subidas ó blog, dun total de 15.000 que xa están recollidas no noso "Arquivo Social da Memoria" que poderíades ver na Concellería de Cultura dentro do noso espacio "real". As Galerías van precedidas dun título xenérico que pode ter unha relación clara co que mostra (De bares, sobre os distintos bares de Vilagarcía, Familia, retratos das distintas familias que vamos atopando, A Vilagarcía de onte, sobre esa vila que pouco a pouco vai transformándose, etc) e outros son máis abstractos (Creo en Dios Padre..., sobre actividades relixiosas, Dando a nota, sobre a música e os músicos, Gaudeamus igitur, sobre as escolas, etc).
Unha vez entrado en calqueira das galerías veremos unha serie de fotografías cun tamaño pequeno e que levan debaixo un título e o número de comentarios que se fixeron sobre a mesma. O clicar sobre elas estas ampliaranse e nos permitirá ver os comentarios feitos sobre ela ou o que esta inspirou para contar outras memorias, así como a posibilidade de engadir un comentario noso.
Debaixo de cada fotografía ten unha somera descripción e tres menús (anterior, volver a galería e seguinte) que nos permite continuar vendo fotografías dentro desa galería.

O noso correo electrónico para dar calqueira información, aviso, etc, de carácter personal e que non se queira facer público polas razóns que sexan está na parte superior esquerda (2) do blog.

Con esta información esperamos que toda aquela persona que nos visita viaxe mais pola memoria gráfica de Vilagarcía dándonos a coñecer a súa experiencia vital sobre ela, as súas anécdotas, os seus coñecementos,... pero, a poder ser deixando atrás elementos que non veñen a conto e que transforman un espacio creado para activala memoria e a comunicación nun patio de madres sen sentido, nun foro vulgar e que alonxa mais que atrae.
Gustanos que a xente chore diante do ordenador, que saque os seus sentimentos que se agochaban nese rincón escuro e cheo de arañeiras do cerebro, que as bagoas limpen a desmemoria. Como di a escritora Rihana Jamaludin, a choiva e as bagoas son as correntes que lavan a mugre da vida. Pero non queremos que as bagoas sexan pola rabia. Non.

Reconstruamos o camiño.
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2009 12:23
Reportaxe na Voz sobre os 60
No seguinte enlace de La Voz de Galicia podedes ler un artigo de Serxio González sobre a música pionera dos sesenta. É un dos primeiros reportaxes que se van a realizar como anticipo ó espectáculo do día 4 de decembro no Auditorio de Vilagarcía.

O Faiado, como espectador que é deses ensaios, está asombrado da súa marcha máxime cos poucos días que o levan facendo. O entusiasmo dos distintos compoñentes dos grupos e dos solistas foron capaces de romper, en algúns casos, con corenta anos de inactividade musical. O acoplamento entre voces e instrumentos é fantastica polo que coidamos que o espectáculo vai a ser do agrado de todos aqueles, maiores e xovenes, que asistan.

Queremos facer unha corrección a un apartado do artigo no que nomean a Manolo Suárez e Maite Fiuza. De Manolo, que xa nos gustaría que estivese por ese chorro de voz que ainda posee, está unido o grupo Los Duendes e ainda que este naceu a finais dos sesenta a xente o identifica como un grupo dos setenta. Maite esperemos que esté con nós, ainda que non será posible vela actuar por causas familiares.

Seguiremos informando.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2009 11:54
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0