O Pai do primeiro responsable da Asociacion de Veciños de Vilaxoan, é decir do seu Presidente.
Mal dia hoxe na familia de Candido e da sua muller, tamen do resto da familia, desde O Faiado da Memoria, enviamoslle a todos eles o noso sentido pesame, en particular a o noso compañeiro no mundo asociativo.
Subidas en SOBRADELO, PERSONAS RECORDADAS, TASCAS EN CENTROS DE TRABALLO é VILAXOAN.
En portada, os Reyes Magos, a finais da decada dos cincoenta en establecimientos EL HOGAR, con sus propietarios Joaquin Porto y Roque Casas.
El Hogar xogou un papel importante en tempos duros, a principios de Decembro, colocaban un Rey Mago na porta da tienda, na man un buzon pra que os nenos botasemos a carta a os Reises...en aquel tempo era toda unha innovacion, eu mesma, que pasaba por ali pra o colexio catro veces a o dia, parabame e soñaba...tiven moitisimas conversacions en voz baixa co Rey Mago, por certo, nunca me contestou...el dabase conta que aquela pequerrecha non era de fiar.
Bos dias, o que teña nenos que os disfrute, o tempo pasa moi rapido. A SER FELICES
Imos comenzar Xaneiro cunha serie de imaxenes, de videos, aviso... vai Gustar!
Comenzamos co grupo LOS IBERICOS, aquelos marabillosos rapaces que, en Decembro de 2009, formaron pàrte daquela gala que foi organizada polo Faiado da Memoria no Auditorio de Vilagarcía.
Un Festival de moitísimo éxito, rememorando a musica dos finais dos anos cincuenta e dos sesenta. Non sei si lembrades que se encheron as setecentas cincuenta butacas, entrando xente clandestinamente e que se acabaron sentándose nas escaleiras do Auditorio.
"...COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS, ese era o seu título xenérico.
Con eles inauguramos un espazo de vídeos que vamos a ir instalando na remozada páxina de YouTube e que está dividida en distintas listas de reproducción temáticas para que vos sexa mais fácil chegar a elas e que se poden ir reproducindo secuencialmente.
Con elo queremos ir facilitarvos outros achegamentos aos nosos fondos e actividades, non só fotográficos senón tamén dos audiovisuais.
Lembrade que seguimos ofrecendo a oferta de poder escanear, aparte das fotografías, as vosas vellas películas de cine domésticas de 8 e Super8 mm que moitos/as aínda tedes polos faiados da casa ou en vellas caixas e que, posiblemente non poidéchedes volver a velas ao non contar cun proxector. Pois xa sabedes que no Faiado da Memoria tedes a posibilidade de transformar esas vellas cintas nun arquivo que podedes ver no teléfono móbil ou no ordenador e poder compartilas cos amigos e parentes. E o precio é o mais gracioso: 0 céntimos de €uro. Quen da mais por menos?.
Subidas en Cea, Santa Lucia, Os Durans é Vamos a Retratarnos estan as subidas do dia.
En portada, o edificio do primeiro Liceo, situado na rua Edelmiro Trillo, con vistas a Praza da Independencia e a Padre Feijoo.
As veces é dificil construir o Faiado, sin erros, pero tamen aseguramos a dificultade diaria do camiño a recorrer, Vilagarcia, as veces e moi grande.
Bos dias, saude
A nosa amiga Oralice Silva estivo de cumpreanos o pasado dia un.... Debido a data, Oralice sempre se sinte un pouco a tras man, a xente dorme ate tarde, logo de pasar a noite de celebracions. Este ano ben sendo distinto, Oralice atopase na sua terra disfrutando da sua xente, dos seus espacios, botados de menos ate o infinito...¡Feliz cumpreanos¡ Que todo vaia bonito, unha aperta
Fai dous dias que o noso amigo Manolo, do Carril estivo de cumpre, pero....¡ESQUENCEUSENOS¡ O tempo non pasa en balde e nos facemonos maiores, o caso é qué apreciamos moito a Manolo e a intencion e a que conta.
Desde esta casa do Faiado da Memoria, moitas felicidades Morgade.
Subidas en OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, SOBRADELO, SAN ROQUE CAMPO DE BARRO, é TRABANCA SARDIÑEIRA
En portada a familia Crespo Varela, do Carril, o neno do cuello blanco, atras de todo é Jose Crespo, concelleiro na epoca de Rey Daviña, pai das nosas colaboradoras e amigas, Margarita, Marilyn e Mariluz.
Aproveitemos que non chove para disfrutar do sol.
A ser felices
As subidas de hoxe aloxanse en UNHA HISTORIA DE GONDOMAR, A VILAGARCIA DE ONTE,TERRA DE ARTISTAS, OS AMIGOS.
En portada, o Bar Xesteira é Mingos no seu traxinar diario, como o lembramos.
Escomenzamos a primeira seman, do ano novo, a normalidade das datas, quedan os Reises pra rematar co Nadal, pensamos nos que é un tempo que somentes fai felices a os cativos.
Pois nada, bos dias, a pensar en clave de normalidade. Saude
Escomenza mal o ano, Antonio Rey, amigo noso, finou para sempre no dia de onte.
Coñecemos a Antonio o dia 3 de Novembro do 2021, cando a apertura da Fosa Comun no Cementerio de Vilagarcia. El apareceu por ali o primeiro dia. Como non estamos acostumbrados a moita xente neste tema, preguntamoslle porqué estaba ali..."Porqué eiqui deberia estar todo Vilagarcia" Non faltou ningun dia, fixemonos amigos, tamen con Loli a sua muller, da familia Vicente do Carril.
Antonio de seguido enfermou, como vemos sin esperanza, onte iniciou a sua ultima viaxe, e doe, porqué non o esperabamos.
A Loli que iremos nun momentiño a vela, o noso cariño, tamen a nosa pena,a os fillos, a toda a sua familia. Adxuntamos unha fotografia do equipo que fixo a apertura da fosa, o segundo pola esquerda e Antonio Rey. Quedanos a sua imaxen presente nos actos de Xusticia e Memoria que se celebraron en Vilagarcia.
Ata sempre Antonio
Mal escomenzamos o ano, no dia de hoxe sacudenos a noticia do pasamento de Jose Luis Pego, "Cachulas". Familia a sua moi coñecida en Vilagarcia.
Pois mal comenzo sin dubida de ano, a os seus fillos-as e resto da familia o noso sentido pesame