lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

10 de Xaneiro do 2023, martes

As nosas subidas son en Vilaxoan, Tascas e Centros de Traballo, Cornazo
En portada, fotografia, preciosa fotografia, creacion de Balbino Costa, dunha regata na nosa ria.
A disfrutar do que temos, non é pouco, bos dias, Saude.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2023 08:16
Na memoria de Tomas Hermo

De Sobradelo, dos de Librada, cuñado do noso maior mentor, aval, Antonio Neira, Tomas estaba casado con Rosa Maria Boveda Lorenzo, filla de Manuela e Luis, os meus padriños, a ela, o seu fillo, netos e a toda a familia, enviamoslle o noso sentido e respetuoso pesame.
Que Tomas, a sua memoria, quede para sempre con nos.
Comentarios (9) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-01-2023 23:06
9 de Xaneiro do 2023, luns


Subidas no Carril, Faxilde, Tascas e Centros de Traballo.
En portada, Vilagarcía como era, unha fermosa bahía, o seu mar, compañeiro cotidián dos veciños, as retinas cheas de salitre, así vivíamos, así éramos.

Hasta que decisións tomadas desde un punto de vista cicateiro e personal, remataron por botar terra e pichi nesa bahía, muros e fronteiras, separando Vilagarcía do mar.

Na actualidade, desde as institucións democráticas fanse cousas parecidas (ou peor se cabe).

A Praia de Compostela, tamén a da Concha, está tomada por unhas varas, cravadas nos areais que marcan aos propietarios de parques ou viveiros as suas propiedades, as súas concesións. Mentras tanto os usuarios da Praia, PATRIMONIO dos vilagarciáns, non somos libres a hora de bañarnos.

Esto, faise co permiso e aval da Consellería de Pesca.

Xa sabedes o que está a pasar con esa porta aberta no peirao do Ramal, acaba de pecharse, para entregar a chave aos Parquistas do Carril para almacenaxe dos seus produtos. Decisión da Autoridade Portuaria.

O Concello de Vilagarcía (debe de ser cómplice), non se manifesta.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2023 08:47
Maestros da DEMOCRACIA
Sari Alabau e Rafael Pillado na sede do Faiado da Memoria.
Con motivo do 40 aniversario das primeiras elección demócráticas celebradas neste país, tanto ao Congreso e Senado como as administracións locais, O Faiado da Memoria realizou unha exposición que ocupaba todo o local da Praza de Ravella. A exposición que recibía o nome xenérico de TEMPOS [de] GRISES, contou con un apartado para a fotografía xornalística do tempo da transición, tanto a nivel local como galego, diversas vitrinas con material (orixinal na súa maior parte) cedido por diversas organizacións políticas, sociais e sindicais así como de coleccións privadas, tanto de revistas, documentos, panfletos, manifestos etc. Unha sección de cine gravado por distintas personas, a nivel estatal e galego, que nos mostraban as incidencias e loitas que se levaron a cabo naquela transición que non era, precisamente de cor rosa. Culminando todo realizáronse unha serie de charlas e debates con personas que foron protagonistas naqueles anos deses movimentos. Estes debates estaban divididos por zonas xeográficas: Sari Alabau e Rafael Pillado, presentados por Olalla Bouza, falaron do finais do franquismo e das loitas que tiveron lugar en Ferrol en 1972.