Juana Gonzalez Alonso naceu o 31 de Xaneiro de 1909 filla de Manuel Gonzalez Chouza e de Rosa Alonso Tarela.
Seus pais eran de Boiro, " emigraron " O Carril en procura de millor vida, eiquí naceron os seus nove fillos, agas Juanita da que foi sua nai dar a luz a Boiro para que a coidaran, ela sempre dixo que era do Carril.
Pasou unha infancia moi feliz, eran unha familia humilde, seu pai andaba embarcado e ibanse defendendo, ela contaba, cando seu pai viña de permiso era unha festa, tría de todo, arroz, fariña, azúcre...e galletas das boas, ata lle truxo un sombreiro de Nueva York,
Contaba, que sua nai era moi agarimosa, e falaba baixiño, facía un caldo de castañas maias moi rico, e papas de fariña triga, que tiña o pelo loiro e o peinaba con unha trenza, que cando iba a Santiago o médico gastaba saia larga de terciopelo e botíns de ante, a ela parecialle moi guapa e elegante.
Cando morreron seus pais, Juanita so tiña 16 anos, aí escomeza a súa loita
Comentario por lolita camiño (07-02-2010 18:32)
O meu sentimento, esa memoria que tanto reivindico levame a ver a Juanita como si estivese aqui a o meu caron...non sei porqué non se pode inventar algo que remate ca sangria de perder a xente que queres.
Os meus quereres para Juana que hoxe estaba de cumpre, tamen para o seu neto Alejandro Vazquez fillo de Lolita e Manolo que tivo a ben nacer o mesmo dia.
Unha aperta e moitas lembranzas para toda a Familia
Quedan dous ou tres flecos de xente que nos pidiu uns días para dar a súa aportación a campaña, pero o resto pechámolo xa. Só unha semana durou o tempo de colaboración, e non somos capaces de expresar o noso agradecemento e a nosa enorme satisfacción pola resposta recibida.
Daremos conta pormenorizadamente do que alcanzamos e estaredes invitados/as a ver os vosos nomes (ou de quen elixístedes) postos nelas. E sacaremos fotografías con vos sentados en cada unha delas :D.
GRACIAS A TODAS E TODOS.
Ide preparando a fotografía da persona que queredes quue leve o nome na silla, nun tempo escomenzaremos a pedilas. Debe de ser dun primeiro plano, case de carné de identidade, pero mellor, a poder ser.
SILLAS
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2
PEPE ALVAREZ 2
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO
ROBERTO OCAÑA
ALBERTO-ANONIMO
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA
ANONIMO
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ
EDUARDO GARCIA
ABERTAL 6
MANUEL AURELIO CRESPO FREIJEIRO
MARILO REY DIZ
LUIS CARLOS PENIDE
GERMAN TORRES
KATI SILVA
FERNANDO BLANCO
JOSE CARLOS TERROBA
ANGELA SOUTO
XOSE LOIS LEIROS
ORALICE SILVA
JOSE LUIZ OUBIÑA
ANONIMO
MARIA CONSUELO MARIÑO CASAL
TERE BRIONES BERRIDI
ESPERANZA ALCALDE DOMINGUEZ-CARMUCHA
ANDREA FERNANDEZ MANEIRO-RAQUEL GUILLAN BOUZÓ
CARLOS ALVAREZ PUGA
Serán parte do patrimonio de todos no FAIADO DA MEMORIA
En portada unha desas demolicións que merecerían un bó castigo. Unha mansión, casa ou chalé, diseñada e creada por Jenaro de la Fuente, frente a estacion vella, na actualidade Museo do Ferrocarril. Esta fotografia esta datada arredor do ano 1974. A dereita, as dúas casas altas, eran propiedade de Juan Vazquez Herves, un emigrante a Estados Unidos con moita fortuna. A casiña que da a praia, tamén formaba parte da súa propiedade. Nela viviron moitos anos, Candida Bernárdez e os seus fillos, Marisa, Gina, Manolo, Luis e Tarano. O pai andaba embarcado. Si nos fixamos na fotografía, vemos unha especie de caseta anexionada a casa: era o water, nunha forma de vivir moi distinta.
A casa daba a praia, si estaba a marea chea e habia temporal, o mar salpicaba o domicilio da familia Bernárdez. Para pasar, había que mirar o ritmo das olas, aproveitar cando collían impulso e botar a correr.
Co paso do tempo (cando a familia Bernárdez xa se mudara), chegaría Dona Laura, a súa profesión fora a de comadrona en Compostela. Gustáballe moitísimo o mar, quixo pasar a última etapa da súa vida nese lugar.
A continuación, existía outra casa, propiedade da mesma persona, na que residiron un tempo José Luis Vila e Maruja, a súa muller, coas dúas primeiras nenas do matrimonio, Bibita e Marilín. Logo, Maruja Abuín e Andrés Ureba, con Monchita, a súa filla.
Pasando o chalet, chegaba a chamada casa de Pou, durante anos coidada pola familia Gallego, Julio e Mirita, que vivían enfrente, nas Casas da Renfe.
Esto forma parte da miña memoria personal, xa que desde os nove aos vintetres anos, vivimos nese primeiro piso, arrendados, na casa de Juan Vázquez, que lindaba coa mansión marabillosa de Jenaro de la Fuente. Lugar dos meus xogos de infancia. Forma parte desas imaxes prendidas nas retinas e sobre todo, no corazon, de ver un mal día, como as máquinas do horror desfacían parte do espacio, do lugar de xogos e soños, soños de infancia que son os que en realidade marcan as vidas.
É, o mais importante, que fixeron desaparecer unha parte do PATRIMONIO, de tódolos vilagarciáns.
Despedimos Xaneiro, foi bastante duro no climatolóxico, primeiro asoballóunos a choiva e logo o frío. Coma sempre Xaneiro, duramente.
Que escomenzamos o crowfunding casero para pedir axuda na financiacion de sillas e escaner no noso local, no voso local.
Hoxe cumprimos unha seman é estamos a punto de pechalo. GRACIAS, mil GRACIAS
SILLAS
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2
PEPE ALVAREZ 2
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO
ROBERTO OCAÑA
ALBERTO-ANONIMO
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA
M OTILIA GARCIA CONDE
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ
EDUARDO GARCIA
ABERTAL 6
MANUEL AURELIO CRESPO FREIJEIRO
MARILO REY DIZ
LUIS CARLOS PENIDE
GERMAN TORRES
KATI SILVA
FERNANDO BLANCO
JOSE CARLOS TERROBA
ANGELA SOUTO
XOSE LOIS LEIROS
ORALICE SILVA
JOSE LUIZ OUBIÑA
ENRIQUE LEON
MARIA CONSUELO MARIÑO CASAL
TERE BRIONES BERRIDI
Subidas en OS VECIÑOS, A LOMBA,GUILLAN é O CARRIL.
En portada, boda dos pais de Edu Recio, nunha foto preciosa que nos permite ver parte da fachada do Carril.
Pois bos dias, penultimo dia de Xaneiro é primeiro da seman.
CÁMARA EN MAN! SOBREVOANDO A BRECHA DIXITAL
Memoria, apoderamento, diversión e aprendizaxe das novas tecnoloxías. Este é o enriquecedor resultado dunha simbiose con moitas potencialidades e grandes camiños que percorrer por diante: a das persoas maiores cunha plataforma como YouTube. O certo é que de primeiras, cando pensamos nunha youtubeira ou youtubeiro ao uso, o máis habitual é que nos veña á cabeza algunha persoa moza que xa case nacese sabendo utilizar YouTube. Mais, como adoita acontecer, non é de todo xusto quedármonos nesa primeira impresión: o YouTube galego é para todas as xeracións, para todas as idades!
Boa proba disto son canles de YouTube coma Contos do mar, Cóntallo a Cambados ou Memorias da Pontragha. As tres buscan poñer en valor a través do vídeo as vivencias de quen xa leva moita vida ás costas. Un particular taller de memoria, unha aula dixital e a ansia de buscar novas historias que contar foron a semente destes tres proxectos cos que moitas persoas non familiarizadas coas redes sociais e co YouTube entraron nestes lares dixitais.
Para coñecer de primeira man estas experiencias e achegármonos ás aprendizaxes e dificultades que puideron atopar polo camiño, falamos con Fátima Rodríguez, parte de Promove Consultoría, impulsora de canles como Contos do Mar, a Memoria dos Lugares ou Muros Memoria; con Maca e Balbina, profesora e alumna da aula de informática na que agromou Memorias da Pontragha (en Ordes); e con Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, creadores da webserie Cóntallo a Cambados, do Faiado da Memoria.
E non só se viralizaron entre a veciñanza máis achegada. Un poder das creacións audiovisuais das persoas máis maiores no YouTube ten que ver coa gran capacidade de alcanzar proxección internacional a conta da poboación galega migrada en países latinoamericanos e europeos, onde resoaron as historias que contaban. “Esta foi unha parte moi chula do proxecto, houbo persoas de fóra que deixaron comentarios, e nas estatísticas de visualizacións víanse perfectamente as conexións destes vídeos coas colonias de persoas emigradas”. Sabemos ben que o YouTube non ten fronteiras, e as memorias destas youtubeiras teceron así un valioso fío entre a emigración e Galiza.
Isto mesmo tamén o conseguiu a webserie Cóntallo a Cambados, creada por Faiado da Memoria, unha asociación que ten como obxectivo a busca e a dixitalización de material gráfico, audiovisual, sonoro e documental sobre Galiza en xeral, e Vilagarcía de Arousa en particular. “Chegaron mensaxes dende Arxentina! Foi emocionante. Elas estaban tremendamente encantadas de recibir este apoio emocional a esa idade, cando nunca pensas que vas ser parte do mundo virtual”, relatan Antonio e Margarita, quen dirixiron o proxecto. Participaron nel un total de 15 persoas de entre 50 e ata 96 anos de idade. “Viviron o proceso de gravación dun xeito moi natural, rápido se desinhibían”, comentan.
O Faiado da Memoria ten xa unha longa traxectoria na Internet, e esta canle supón o salto a YouTube a través dunha webserie. Grazas a isto, moita xente maior, especialmente de Cambados e de Vilagarcía, está pulando por rachar coa fenda dixital e manterse conectada aos proxectos da asociación. “Hai quen nos pide pola rúa que lles expliquemos como ver os vídeos ou a páxina web, e nós creámoslles accesos directos ao YouTube para que entren máis facilmente”, explican Antonio e Margarita, que non descartan levar adiante unha segunda parte da webserie. “Hai moitas historias aínda por contar!”.
Voltamos a decir que a especie de crowfunding casero que lanzamos pra conseguir sillas para o local do Faiado da Memoria, esta seman que entra pechamolo, porque imos conseguir as coarenta sillas e tamen o escaner.
Eso que decimos sempre, somos moi afortunados por contar coa vosa axuda e amistade.
A nosa consideracion é agradecemento.
SILLAS
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2
PEPE ALVAREZ 2
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO
ROBERTO OCAÑA
ALBERTO-ANONIMO
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA
M OTILIA GARCIA CONDE
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ
EDUARDO GARCIA
ABERTAL 6
MANUEL AURELIO CRESPO FREIJEIRO
MARILO REY DIZ
LUIS CARLOS PENIDE
GERMAN
KATI SILVA
FERNANDO BLANCO
JOSE CARLOS TERROBA
ANGELA SOUTO
XOSE LOIS LEIROS
ORALICE SILVA
JOSE LUIZ OUBIÑA
ENRIQUE LEON
Gala das YOUTUBEIRAS en Carballo, no Auditorio Municipal, un auditorio con moita vida cultural. Estabamos nominados polo traballo CONTALLO A CAMBADOS. A o final o premio non poido ser, pero desde eiqui felicitamos a os gañadores, por suposto tamen a os organizadores. Todo moi ameno, unha aperta especial a os creadores de PIRATAS SIN PARCHE é a EDUARDITA, tamen a Fran de LOBEIRA TODAY.
A o resto ate o ano que ben.
🔴 PREMIO DO PÚBLICO: “BEMBIBRE COAS TANXUGUEIRAS” de XABI GÓMEZ.
🔴 PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA: FALEMOS DO REINO DE GALICIA.
🔴 PREMIO REDE: A LOBEIRA TODAY.
🔴 PREMIO PIONEIRO: PINGANDO - LAURA VEIGA.
🔴 PREMIO VÍDEO: PIRATAS SEN PARCHE por "EDUARDITA".
Subidas en OS VECIÑOS, GAUDEAMUS IGITUR, CORNAZO.
En portada a Praia Compostela, nunha fotografia con unha forma estrana, nada que ver ca maravilla de foto creada polo fotografo.
Somentes queriamos compartila, a dereita a casa da familia de Mary e Juan Luis Patiño entre outros .
Ahi vamos, transcurrindo Xaneiro, con moito frio
Bos dias, saude para todos
A recaudacion para a compra das sillas e o escaner, vai indo de unha maneira alucinante. Para que as cousas queden claras colocamos a ultima das listas.
Gracias compañeros.
SILLAS
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2
PEPE ALVAREZ 2
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO
ROBERTO OCAÑA
ALBERTO-ANONIMO
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA
M OTILIA GARCIA CONDE
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ
EDUARDO GARCIA
ABERTAL 5
MANUEL AURELIO CRESPO FREIJEIRO
MARILO REY DIZ
LUIS CARLOS PENIDE
GERMAN
KATI SILVA
FERNANDO BLANCO
JOSE CARLOS TERROBA
ANGELA SOUTO
XOSE LOIS LEIROS
Por certo, as sillas que leven nome, tamen queremos colocar unha imaxen pequena da persoa que se homenaxeada. Ide buscando, por favor que sexan nitidas as caras. Gracias, todas as gracias