lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

23 de Xaneiro, domingo

En FAMILIA,POSADOS é OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA, colocamos as subidas de hoxe.
En xeral, na portada unha bonita boda de principios dos anos setenta, a novia Angela del Rio Figueiras do barrio do Castro, nacida e criada no barrio mais antiguo de Vilagarcia, unha familia que no dia da fecha reunironse felices, nun restaurante da praia das Sinas a celebrar a voda de Angela.
Bos dias, Saude
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2022 09:05
Finou Marisu

Seus abós na memoria longa da xente do Carril, da panaderia Cornechos, familia Calvo, Marisu foi unha colaboradora do Faiado cos seus tesouros feitas imaxen, feitas fotografia. Acompañamos as suas fillas no sentimento da perdida de Marisu, a toda a sua familia que atopen o camiño pra xestionar o vacio que deixa atras Maria Jesus.
Comentarios (23) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 22-01-2022 12:25
21 de Xaneiro, venres

En OS AMIGOS, O CARRIL é POSANDO, atoparemos as subidas de hoxe, en xeral Andrés Roo de Cornazo, fillo de José Ramón Roo. Na data de hoxe, cúmprense oitenta e cinco anos de que asesinaron ao seu Pai, ao seu tío Luís Iglesias Galáns e ao veciño que os tiña agochados, Luís Aragunde, os tres de Cornazo.

Quitáronlles a vida nos Martices, a un por ser da UGT, a Roo por ser de esquerdas. O seu fillo Andrés nunca esquenceu ao seu Pai, tiña cinco anos cando se foi a despedir del.

Bos días, XUSTIZA e REPARACIÓN nas nosas vidas.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2022 07:18
Aqueles helados

Manolo durante un tempo, foi un de aqueles heladeros que os rapaces recoñeciamos en sitios dispares. Era moi pouco tempo de vran, por certo con sueldos de miseria. Manolo, un dia armouse de valor colleu unha maleta e primeiro Bilbao, logo Brasil, Inglaterra...
Sempre me gustaron moito os helados da Montañesa. Fresa e nata eran a especialidade máis agradables para mín. Ainda recordo cando O PAVITO de Carril, era heladero na praza do Obelisco. Pode facer tranquilamente, 70 anos(?). Eu era un neno é hoxe xa levo ó lombo 81 "tacos". Daquela cada helado custaba un real. Aquela moeda cun buraquiño. Era 0,25 céntimos. Pero o amigo Pavito, home rubio, bigote e amable cos nenos, portábase moi ben con nós. Quizá nos daba algo máis de helado do que debía darnos. Meu amigo era primo do Pavito. Algo se tiña que notar... digo eu. A familia está para algo. ¿Non é así?

Cando iba a miña Vila e se poñía a tiro o heladero da Montañesa, sempre parábamos diante do carro. A os meus fillos, sempre lles gustaron moito...
Como o vello estaba na súa Vilagarcía, había que complacelo, dicindo que os helados eran máis ricos que os outros.
Sempre houbo pillería para todo...
Pero, eu, prefiro os da Montañesa, fresa e nata. Me encantan. É difícil por non dicir imposible retroceder no tempo para comprobar a calidade que se menciona nesta páxina.¡Van alá 70 anos!
.......................................

Comentario por E. García - 17.02.2013 (17-02-2013 19:04)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2022 17:13
Finou Jose Angel

Compañeiro e amigo do Faiado da Memoria, hoxe iniciou o seu ultimo viaxe deixando un importante oco na sua familia, amigos e seres queridos. Desde o Faiado da Memoria o noso sentido pesame.
Comentarios (0) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 20-01-2022 13:19
20 de Xaneiro, xoves

En A VILAGARCIA DE ONTE é en FAMILIA contamos ca subida de hoxe. En Xeral aproveitamos pra felicitar a o noso amigo de sempre, de toda a vida, Jose Carlos Daponte que hoxe esta de cumpreanos, boa data, bo motivo pra celebrar, o cumprir anos é maravilloso, quere decir que chegamos. Jose Carlos bo dia, ese homenaxe como traballador do sector do automovil que recolle a fotografia, facemolo extensible a tua persoa como ser human, porque sempre mereceches ser respetado, e querido. Unha aperta
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2022 08:32
19 de Xaneiro, mercores

Subidas do dia en OS AMIGOS, É FAMILIA. En xeral un grupo de xente, veciños Dos Durans, a foto sirve para anunciar apertura no blog de varios arquivos de barrios que fixeron historia e marcaron o rumbo da Vilagarcia contemporanea, entre eles Os Durans
Bos dias, Saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2022 08:15
18 de Xaneiro do 2022

En Cornazo, Outra Forma de Vivir e Primeiras Comunions temos a subida de hoxe.
A portada facemos un dia especial, cumpreanos de Esperanza Alcalde, a nosa amiga Esperanzita, estes dias estrenouse como aboa por segunda vez, naceu Sabela, e sua aboa que sempre foi unha chorruda esta que non cabe en si.
Como as suas alegrias tamen son nosas, dia grande e feliz, xa brindaremos con champan cando poidamos. Bo dia,felicidades e unha aperta chea de cariño.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2022 08:45
Finou Tito Rey Porto

Tito, un home moi discreto, educado pola sua nai Luisa,sempre nos pareceu que tiña unha expresion moi triste nos seus ollos. A o Pai de Tito, Paco Rey, asesinarono o 1 de Decembro do trinta e seis no cementerio de Vilagarcia, esa ausencia quedou moi presente na vida dos seus tres fillos. Hoxe Tito iniciou o seu derradeiro viaxe, desde aqui a Concha a sua viuda que tanto o coidou, os seus fillos, a toda a sua familia o noso sentido pesame.
Comentarios (11) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-01-2022 13:29
17 de Xaneiro, luns

En FAMILIA é TASCAS COMERCIOS E INDUSTRIAS, colocamos as subidas, na portada Elisita Troche e o seu irman nun dos parvularios de Vilagarcia, teñen na man o primeiro grado da enciclopedia Alvarez que o sabia todo..
É luns, comenza a seman, animo, bos dias
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2022 08:37
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0