lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

31 de Xaneiro do 2022

En OS DEPORTES CHEGARON CA ESCUADRA é FAMILIA, integramos as subidas de hoxe. En portada un grupo de amigas, fotografia con moitas caras coñecidas.
Ultimo dia de Xaneiro, despedimolo sin demasiado sufrimento, cruel na perdida de xente de Vilagarcia.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2022 07:42
Finou Luisa Ruiz

A os fillos, noras, netos, irmans, demais familia e amigos, o noso sentido pesame
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-01-2022 22:37
30 de Xaneiro, domingo.

En SOBRADELO ´e OS AMIGOS situamos a subida de hoxe
penultimo dia do mes de Xaneiro, mañan remata, a ver si se leva con el un pouco de frio, nos esta deixando congelados.
Na portada Candido Estevez, cobrador dos autobuses de Pereira, memoria viva de un tempo moi distinto, agradecer a Candido os servicios prestados a xente, a cidadania, era unha persoa moi amable no uso da sua profesion. Na fotografia acompañado da sua muller, natural do Barbanza.
Bos dias, bo domingo
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2022 09:15
29 de Xaneiro do 2022, sabado

En VILAXOAN, é FAMILIA, incluimos as subidas do dia. En xeral dominios dos Duques de Terranova nos seus inicios. Na actualidade os seus propietarios son da familia Gonzalez Garra. O palacete ordenouno construir María Eulalia Osorio de Moscoso y Carvajal, duquesa de Medina de las Torres arredor do 1880. Un lugar marabilloso A Comboa que o tempo e os xestores da cousa publica acabaron por arruinar.
Bos dias, a pasalo ben.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2022 09:06
28 de Xaneiro, venres

En TRADICCIONS é ACTOS é na VILAGARCIA DE ONTE, podemos atopar as subidas do dia.
En portada, Josefita Duran impartindo as suas enseñanzas nos manexos das bonitas maquinas de coser supoñemos na Singer. En aquel tempo as maquinas de coser, mostraronse como un recurso moi util pra as mulleres, algunhas de elas adicaronse a costura e diron independencia pra as xovenes mulleres, nun tempo ben distinto, aqui, as de outros lugares europeos
Pois bos dias, SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2022 08:40
27 de Xaneiro do 2022

Subidas en Rubians é Vilaxoan, son imaxenes que estaban desde fai mais de dez anos no blog, pero recuperamolas de novo co afan de publicitar a nosa paxina de mostrar os seus tesouros.
Na portada, Xardin de Ravella ano 1973, segunda pola dereita Maria Jose Caneda Garcia, natural do noso pobo e residente en Vilanova donde xestiona unha paxina de fotos antiguas que se chama "A MEMORIA DE VILANOVA DE AROUSA" pois animo compañeira, nestas labores as veces sentimos moitisima soedade, temos a impresion que no outro lado non se nos escoita.
Bos dias SAUDE
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2022 08:35
26 de Xaneiro do 2022

En OS AMIGOS é A VILAGARCIA DE ONTE atopamos as subidas de hoxe. En portada bautizo de Angel Garcia Fernandez, fillo mais pequeno do matrimonio de Tinita e Miguel.
Bos dias, coidado co frio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-01-2022 09:16
25 de Xaneiro, martes

En TRADICIONS E ACTOS, tamen en TERRA DE ARTISTAS, temos as subidas de hoxe, na portada fotografia do Axuntamento recien construido sendo alcalde o catalan Francisco Ravella.
Bos dias, coidemos a saude
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2022 08:52
Falleceu Jose Vicente Villamediana

Un home profundamente ligado a o mar, fai anos enseñaba a os rapaces os secretos da vela latina no Carril, seguindo o camiño de aquel lembrado Verino Diz. Eses rapaces e rapazas que el axudou a gañar regatas choran a sua perdida. Ese sentimento nos fala da humanidade de Jose Vicente Villamediana.
A sua familia, o noso sentido pesame
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-01-2022 20:36
24 de Xaneiro do 2022

Pois subidas en ATOPANDO DETALLES, OUTRA FORMA DE VIVIR é en portada partido grande do Arosa contra o Leixoes, pobos hermanados a raiz dunha traxedia maritima donde Vilagarcia expresou de maneira especial a sua solidaridade. O partido foi no 1953 e vemos entre outros a Elias Penide concelleiro e a dereita Celso Callon, Presidente do Arosa.
Bos dias moita forza contra o frio
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2022 08:53
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0