lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A dorna de Villar Iglesias

Esta e unha fotografia de Manolo Eiras na dorna de Villar Iglesias, nos veranos cando non se podia mariscar, Manolo como todos os mariñeiros adicabase a o que salia. Temos varias grabacions donde nos conta a sua vida no mundo das regatas de dornas, ala polos anos cincoenta. Na casa nova adicamoslle a Manolo cinco fotografias donadas por el de unha regata que patroneaba, na dorna de Villar Iglesias.

Enderezo da casa nova:


http://ofaiadodamemoria.org/album.php?idioma=gl
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2015 08:22
Un pouco de alegria

Imos celebrar por exemplo que xa pasamos o ecuador de Xaneiro, que A VOLTA DOS NOVE se proxeta en Compostela o xoves dia 22, é decir nunha seman, por suposto invitamos a todos os que poidan e queiran acompañarnos ( Gentalha Do Pichel, Santa Clara, 21 ás 20:30)e logo SÁBADO, 24 DE XANEIRO EN CACHEIRAS-TEO (Mediateca O Grilo ás 20:00) organizado pola asociación A OLIVEIRA de Teo.
Saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2015 08:43
Morreu Manolo

O lembro desde que teño nocion das cousas, das persoas, viña a nosa casa a falar con meu pai de ir a o mar, Manolo foi patron do ?Teijeiro Carril? a nosa motora. Meu Pai e Manolo tiñan xuntos moitas vivencias, teño a satisfaccion de haber grabado a Manolo, quedame a sua lembranza, quedame a sua voz, os seus rasgos a sua bondade, o seu cariño, o seu xenio que sacaba as veces. Formou parte dos testimonios de DESDE DENTRO DO CORAZON o noso documental, porque Manolo era unha parte importante da memoria do mar, dos poucos mariñeiros que quedan para contar o que se viveu en outras epocas. ?Ahora ir a o mar...non e nada? eso decia sempre Manolo. A ese ilustre mariñeiro que hoxe nos deixou para surcar o mar do infinito, boa travesia e hasta sempre meu querido Manolo.

O noso pesame a familia

O seu enterro sera mañan as cinco menos cuarto da tarde con un oficio na igrexa de Rubians e posteriormente o seu enterro no cementerio parroquial de Rubians
Comentarios (12) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-01-2015 16:20
Colaboradores novos

Xa sabedes que o Faiado conta con alguns colaboradores, referimonos a esas persoas que unha vez a seman deixan todo e veñen a nosa casa a recoñecer xente nas fotografias entre outros Esperanza Alcalde, Pilar Alcalde, Candido Castro, Jacobo Rey...esta seman escomenzan dous mais, Justo Lameiro e Moncho Paredes, a os que damos a benvida e tamen as gracias por botarnos esa man que tanta falta nos fai para identificar as casi duascentas mil fotografias con que conta o arquivo do Faiado da Memoria, e sigue a crecer. Moita saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2015 08:51
Nolete de cumple

O noso blogueiro pero sobor de todo amigo Nolete Carbia de Valga, hoxe cumple anos, os mismos que imos cumplir nos nun mes de nada, Nolete a o que queremos moito, merece todo o bo do mundo, porque el é a solidaridade bondade xustiza feito persoa. Amigo de hoxe en un ano, PARABENS



Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-01-2015 08:30
Os Cans de San Roque

O trailer oficial OsCansDeSanRoque , o documental sobre San Roque, o patron de Vilagarcía de arousa, e a interesante evolución sobre a celebración das suas festas.

E un traballo creado por Varinia Doce que se estrea o 17 de Xaneiro as oito da tarde no salon do Mercantil. Non faltedes e un bo traballo sobor as festa do San Roque




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2015 21:02
Proxetos de xuntanzas

Estamos pensando en argallar unha comida pra o mes de Marzo, falta moito pero ´xa o falaramos, é algo asi como unha xuntanza para homenaxear a Rita Garrido pola sua recuperacion da saude, xa sabedes que nas duas ultimas xuntanzas non poido estar. Tamen é unha xuntanza para vernos para estar xuntos e celebrar que chega a primavera. Nos gustaria que non faltase naide, por eso avisamos con tempo suficiente. A finais de Marzo....imos poñer unha cancion para ir poñendolle musica a idea...


Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-01-2015 09:11
Rematou o Nadal

Un tempo no que moita xente disfruta, e outra xente...non tanto. Decimolo por nos mesmos que moi navideños non somos. O que si nos gusta e ir cumplindo etapas e pensar que casi tres meses de invernada xa van ala...con outros tantos..imos cara a primavera. Queremos aproveitar para desexarvos o primer mensaxe de saude do ano novo
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-01-2015 08:51
Finou Fernando Quintela

Foise como el era discretamente, Fernando era un galeguista exemplar, unha persoa exemplar, un home exemplar. Un cacho de ser human. Durante moitos anos Presidente da Fundacion Alexandre Boveda, tivo a sorte de enamorar a Lolita Gallego, compartiron sesenta anos xuntos. Hoxe Lolita necesita o calor de todos, a Lolita se lle foi o seu amigo, o seu home, o seu compañeiro. E nos mandamoslle a Lolita, fillos e netos o nosa aperta e o noso pesame.
O enterro celebrase mañan con un oficio relixioso na igrexa parroquial, con saida do tanatorio a unha menos cuarto.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 05-01-2015 16:28
Fue un placer conocerte

Maria Dolores Mariño de Vilaxoan esta hoxe de festa porque esta de cumpleanos. A filla de Florita, lembrada Florita é amiga nosa desde as catacumbas, tempos do colexio Filipense. Blogueira e asistente as festas do Faiado, hoxe facemola protagonista do noso blog e a felicitamos con un bo bico de cumpleanos.



Comentarios (3) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-01-2015 08:49
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0