lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Manolo, o neno da marmolista

Fai mais de setenta anos celebrouse en Vilagarcia a voda de Mercedes Rey e Manuel Abalo, os dous de familias moi coñecidas da vila, naceron os fillos, millor dito as fillas, catro, duas de elas finaron moi pequeniñas. O Pai, quería un home a todo trapo, un varon que levase adiante o seu apellido…e chegou o neno, Manolito, que foi criado por unhas mans de muller, o Papa finou de seguido, Manolito foi mimado polas suas irmans e pola sua Nai que non veía por outros ollos. Foi un neno mimado e querido, moi querido. Manuel Abalo Rey, irman de Merceditas e Noly-Sefa, que se atopan tremendamente abatidas e tristes pola morte a seman pasada do seu querido irman pequeño. Un ciudadano de Vilagarcia con quen nos hemos criado os da sua xeneracion, e a quen sin dudalo imos botar de menos.
A o seu fillo e as suas irmans o noso sentimento polo pasamento de Manuel Abalo Rey
Comentarios (9) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-08-2021 18:21
Cousas do viaxe a Cortegada

Por cuestions da marea saimos da rambla da Alameda sobre as once e media da mañá, cada un leva o seu xantar, imos facer unha visita guiada, ese dia celebrase o aniversario das romerias en Cortegada e honor a virxen, que en aqueles tempos tiñan a imaxen na propia capela.falaremos de todo iso e tamen de outras cousas.
Cortegada é un paraiso, un paraiso que bamboleou moi perdido, a punto de urbanizarse an datas pasadas, a presion cidadan evitouno. Tamen o contaremos.
A subida de hoxe vai en Familia e Os Amigos
Bos dias Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-08-2021 09:02
Tristeza e loito na familia Garrido

Inconsolables Isabel e Benito no pasamento da sua nena Chapi. Isabel Garrido e Benito Perez non merecen pasar estes momentos que viven, momentos que repercuten en toda a familia Garrido, GRANDE familia Garrido Castroman, non hai dereito a irse tan xoven, tan nova. Dia triste no Carril, ali naceron e se criaron os Garrido, ali son queridos, hoxe sintese esa ultima viaxe de Chapi e a todos nos veñen a memoria seus abos. Doña Concha Castroman e D Jesus Garrido.
A Isabel e Benito, enviamos desde o Faiado da Memoria unha oleada de apertas cheas de calor, respeto e cariño.
Comentarios (52) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 17-08-2021 17:29
Viaxe a Cortegada

En O Faiado da Memoria intentamos recuperala memoria da romería a Cortegada que se facía cada ano en torno a capela da Virxe,e que a organizaban os propios veciños, mais ou menos hasta o ano 1907.

Imos intentar facer unha viaxe orientado a levantar historias que se están a vivir na propia Illa, ímolo facer na compaña da xente de Parques Nacionais que están a traballar pola recuperación da memoria dos antiguos habitantes de Cortegada e pola historia da propia Illa.

Por suposto os do Faiado aportamos a información coa que contamos e fotografias da época.

Anotádevos, ainda temos sitio. Podedes facelo a través do correo electrónico (damemoria@gmail.com) ou no teléfono 986 186 893.

Lembrar que cada un debe levar a súa propia comida, que o lixo hai que levalo de novo para o continente e que vamos a pasar un día de lecer (histórico).

Bos dias e boa Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-08-2021 09:03
Francisco Alvarez Ferrer

Coñecido por todos como Pacucho. El forma parte da nosa Memoria colectiva, en aquel pais en que nos criamos tan cheo de clases, o traballador da banca pensaba que era o dono do chiringuito Pacucho foi un ser utilizado por xente que non merecia o aire que respiraba.
Traballador incansable, asistia a chegada dos trens para transportar as maletas a quen lle poidera dar unha propina, Pacucho dormia baixo o palco da musica na Alameda, todos os vilagarcians de boa vontade temolo clavado no corazon, nunca se metia con nadie forma parte dos nosos recuerdos mais tiernos, hoxe dia de festa local facemos un sitio na nosa mesa e na cabeceira sentamos a Francisco, a noso Pacucho.
Subimos tres fotografias a Os Amigos
Bos dias, boa festa, Saude
Comentarios (10) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 16-08-2021 09:07
Metade de Agosto

A nosa vila celebrando as suas festas de forma especial, mediatizados pola pandemia, pero con animo encarando os tempos futuros baixo o amparo da ciencia, as vacunas dan vida e animo.
Na fotografia vemos a o matrimonio Granja Guillan, Auritina e o seu home nun evento en Galloufa.
Na subida de hoxe integramos tres fotografias na seccion de Familia.
Boas festas, Saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-08-2021 08:55
Comenzan as festas 2021

Esta claro que non van a ser para destacar, non se pode, o Covid impide calquer acto multitudinario, non vai haber Festa da Auga nin Combate Naval pero aferremonos a o que temos e sexamos positivos, Vilagarcia esta a rebosar de xente, é tempo de festa, e tempo da nosa vila.
A subida de hoxe a integramos en Os deportes chegaron ca Escuadra é Personas Recordadas
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-08-2021 08:56
Finou Tucha

Antonia da familia Rodriguez Cuervo de Cornazo, familia importante no eido do traballo, tamen do respeto que nos merecen os veciños que colaboraron co engrandecemento da nosa vila como Antonia,desde O Faiado da Memoria enviamoslle a os fillos netos, irmans e toda a familia en xeral o noso sentido pesame nas horas tristes que estan vivindo.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 13-08-2021 23:11
Subida de hoxe

A imaxen e de Sobradelo en festas no ano 1964, xa choveu, a subida de hoxe se fai en TRADICIONS E FESTAS, e OS AMIGOS.
Escomenzan as festas patronais de Vilagarcia, hai que celebralas, van faltar moitas cousas, pero hai mais anos mentras disfrutemos da vida, animo e a coidarse.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-08-2021 08:59
Avanzando a seman.

A subida de hoxe e na seccions de AQUELES TRAXES DE BAÑO, O CENTINELA, é OS AMIGOS,
Na imaxen un veciño moi querido da rua Matosiños na Lomba
Bos Dias, moita Saude
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2021 08:35
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0