lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Boda na casa

Con esta espectacular imaxen que reflexa o traballo das familias e amigos nas bodas que se celebraban na casa.
Con ela marcamos as subidas de hoxe en Cortegada e Cornazo.
Bo dia SAUDE
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2021 08:43
Venres de Faiado da Memoria

“Regalo de memoria” é unha forma de chamarlle a un libro, a unha serie documental e a outras accións que queren darlle utilidade aos recordos a través das experiencias humanas.

No libro do mesmo nome, o seu autor, Ghaleb Jaber Ibrahim, membro dunha familia numerosa na Palestina dos anos cincuenta, séntese en débeda coa súa irmá Karime, a súa alter ego na infancia e o seu gran apoio na adolescencia; o Alzheimer tena atrapada nunha burbulla de esquecemento que manexa os fíos do día a día da familia desde hai décadas, pero el non se resigna a que ela se vaia disipando no tempo, como area das dunas do deserto.

Nun xesto de amor infinito, Ghaleb Jaber narra para a súa irmá como foi a súa vida antes de que a terrible enfermidade deixásea sen presente, sen futuro, pero sobre todo sen pasado. Negándose a aceptar o irremediable, el recrea para ela as pasaxes familiares máis intensos e dos que os dous foron protagonistas para que no seu inabarcable soidade, no seu silencio máis impenetrable, Karime poida sentir, aínda que só sexa un instante, a calor do seu amor incondicional, do seu amor puro.

Fiel á estrutura creativa da tradición oral árabe, “Regalo de memoria” é unha recompilación de relatos tenros, persoais, descarnados en ocasións pero cheos de verdade e sentimento. Un paseo guiado polos recordos e vivencias dunha familia humilde e traballadora que non parou no seu empeño, no seu soño de prosperidade.

Regalo de memoria é, en si mesma, unha dádiva literaria pletórica de sensibilidade, de sentimento, de humanidade... de vida, á fin e ao cabo.

Con este fío argumental, Ghaleb enlaza cos seus máis de cincuenta anos de vida nesta terra e por qué se considera un “galego por dereito”.
Arrancamos o noso OUTONO CULTURAL.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2021 18:25
O noso agradecemento a Rosita

Rosa Bueno viuda de Rañó, autora e creadora de tanta memoria visual da nosa vila e das suas xentes, onte falleceu e hoxe dase o ultimo adios no Tanatorio de Arousa. Para Vilagarcia e unha perdida sin lugar a dubidas, para a sua familia tamen, para os seus fillos e resto dos seus seres queridos, o noso homenaxe e pesame
Gracias Rosita
Comentarios (27) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-09-2021 13:13
Lembrando a xente da Torre e Trabanca

Nestas datas se celebraban en tempos pasados as festas dos lugares da Torre e Trabanca, os veciños botabanlle moito humor e amor a os seus festexos, na imaxen a nosa Rosa Torres, xunto a Bugallo e Manolo o fillo de Dito facendo o saque de honor nun partido de futbol do programa de festas.
A subida de hoxe encuadramola en TRABANCA E A TORRE
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2021 08:46
Vida Vivida

“Regalo de memoria” é unha forma de chamarlle a un libro, a unha serie documental e a outras accións que queren darlle utilidade aos recordos a través das experiencias humanas.

No libro do mesmo nome, o seu autor, Ghaleb Jaber Ibrahim, membro dunha familia numerosa na Palestina dos anos cincuenta, séntese en débeda coa súa irmá Karime, a súa alter ego na infancia e o seu gran apoio na adolescencia; o Alzheimer tena atrapada nunha burbulla de esquecemento que manexa os fíos do día a día da familia desde hai décadas, pero el non se resigna a que ela se vaia disipando no tempo, como area das dunas do deserto.

Nun xesto de amor infinito, Ghaleb Jaber narra para a súa irmá como foi a súa vida antes de que a terrible enfermidade deixásea sen presente, sen futuro, pero sobre todo sen pasado. Negándose a aceptar o irremediable, el recrea para ela as pasaxes familiares máis intensos e dos que os dous foron protagonistas para que no seu inabarcable soidade, no seu silencio máis impenetrable, Karime poida sentir, aínda que só sexa un instante, a calor do seu amor incondicional, do seu amor puro.

Fiel á estrutura creativa da tradición oral árabe, “Regalo de memoria” é unha recompilación de relatos tenros, persoais, descarnados en ocasións pero cheos de verdade e sentimento. Un paseo guiado polos recordos e vivencias dunha familia humilde e traballadora que non parou no seu empeño, no seu soño de prosperidade.

Regalo de memoria é, en si mesma, unha dádiva literaria pletórica de sensibilidade, de sentimento, de humanidade... de vida, á fin e ao cabo.

Con este fío argumental, Ghaleb enlaza cos seus máis de cincuenta anos de vida nesta terra e por qué se considera un “galego por dereito”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2021 08:21
As subidas de hoxe

Son nos arquivos de Vilaxoan e Personas Recordadas, disfrutade nun domingo de outono, tranquilo na Ria de Arousa.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2021 07:53
Na subida do dia

Incluimos as fotografias no arquivo da VILAGARCIA DE ONTE e ATOPANDO DETALLES.
Na tarde de hoxe participaremos en Rianxo, en concreto no Pazo de Rianxiño nas IX Xornadas Arredor da Música Tradicional, nos acompañaran Cristian Silva e Carlos Rey, grandes no mundo da musica tradicional galega e autores de obras en libro editado polo Faiado da Memoria.
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2021 08:33
Na memoria de Loli Mora

Loli finou no dia de hoxe deixando tras si un longo valeiro, o da sua familia, o inconsolable dor do seu home Julio, noso querido Julio, tan apegado a Loli, o dos seus fillos, noras, netos, a presencia de Loli era moi importante no entorno familiar, Vilagarcia perde unha veciña a que se lle deben moitisimos coidados a os enfermos do ambulatorio, unha boa profesional.
Que o mar de Arousa sexa compañeiro de Loli na ultima viaxe. Paz e consuelo para a sua familia. O noso sentido pésame e cariño.
Comentarios (66) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 20:02
Preciosa fotografia

Aboiña ca mirada chea de orgullo e cariño polo neto querido.
As subidas hoxe son en Sobradelo e Cea Castroagudin
Bos dias, Saude
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2021 08:40
Finou Blanco Mariño

Veciño da rua das Mulatas no entorno entre San Jose e a Caldihuela, Manolo traballou nos talleres da Renfe, como forma de homenaxe, as palabras adicadas a sua figura de Cruz Lopez A familia de Blanco Mariño o noso sentido pesame.
Conservo un par de fotos daquel día, do que xa pasaron máis de 20 anos.
Manuel estaba feliz.
Acompañábao na presentación do seu poemario, o seu admirado Xesús Alonso Montero.
Traballador como carpinteiro nos talleres da Renfe en Vilagarcía, de escasa formación académica, pero amante dos clásicos e autodidacta, publicou a súa obra durante máis de 40 anos nos principais xornais galegos, na revista Galicia da Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, en programas de festas, revistas, folletos…
Foi da man do profesor Alonso Montero pola que eu cheguei á figura de Blanco Mariño, como traballo final de carreira. Espertara a miña curiosidade aquel poeta que, nunhas coordenadas socioeconómicas e culturais tan pouco favorables, teimara en facer da poesía a súa arma de combate fronte a inxustiza social, e tamén, porque a diferenza doutros autores coetáneos, Blanco Mariño escribiu a totalidade da súa obra en galego.
Ese traballo académico foi o alicerce de Sentimentos da alma galega, o libro que, no ano 2000, publicou e presentou o concello de Vilagarcía (as fotografías son dese acto), a raíz dun artigo do profesor Xesús Alonso Montero no que conminaba a recompilar esa obra espallada,.
Con ilustracións de Xaquín Chaves, limiar e edición ao meu coidado, presentamos no verán do ano 2000 unha humilde antoloxía poética que recolle parte do seu poemario, publicado ou inédito, ao longo de máis de 50 anos.
Foron moitas as horas de conversa compartidas, de lectura, revisións de poemas, correccións, apuntamentos, transcrición de textos… e tamén o comezo dunha amizade que se prolongou ao longo da vida.
Asinou varios dos seus poemas como o poeta carpinteiro , ou o poeta proletario. Gustáballe definirse como un poeta de denuncia.
A miña voz cando eu morra
ha de seguir camiñando
ha de vivir entre a xente
contra a inxustiza berrando (…)
Desde novo foi un obreiro da palabra, un artesán da poesía, que converteu na súa principal ferramenta para denunciar a opresión da clase traballadora: labregos, mariñeiros, obreiros, xunto a outros temas como a emigración, o capitalismo feroz, a pobreza, a inxustiza social, as desigualdades… nun momento no que, como o mesmo autor definía, “a verdade na palabra era delicto”. Sen baixar a cabeza perante o franquismo, nin a censura da época, que petou en varias ocasións nos seus versos.
Non lle tremeu a man ao escribir louvas, en plena ditadura, a Fidel Castro ou a Federico García Lorca ou a denunciar o espolio dos nosos recursos como refire no poema de 1966 sobre a represa de Castrelo do Miño:
(…) O camiño do progreso
asulaga a nos aterra
comendo as mellores veigas
e sen deixar rastro delas (…)
(…) Nin que os galegos naceran
para emigrar a outras terras!
Sendo Galicia tan rica
que pobre é quen nos goberna!
Coa súa primeira publicación no ano 1961 en La Noche, este vilagarcián de adopción inicia unha andaina literaria que será recoñecida por intelectuais como Alonso Montero ou Méndez Ferrín, quen na súa obra, De Pondal a Novoneyra, o integra na chamada Promoción de Enlace, constituída por poetas nacidos entre os anos 20 e que constitúen un elo, aínda que feble, entre a xeración do 36 e a terceira xeración do século XX.
Polos seus versos de denuncia nunha longa época de cabezas baixas e silencios, polos poemas moitas veces xostregados pola censura, pola valentía do que non se arredou ante as circunstancias merece que a súa voz non fique no esquecemento.
A historia local debería formar parte do currículo escolar, por iso me gustaría reinvindicar o coñecemento, cando menos na nosa contorna, da figura de Manuel Blanco Mariño, porque, como ben apuntaba o profesor Alonso Montero, xa “facía excelente poesía social en Galicia antes de Longa noite de Pedra (1962)”.
Na súa memoria,
Manuel Blanco Mariño
(Iria Flavia, 1929- Vilagarcía, 2021)
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 24-09-2021 07:44
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0