lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Fai anos os de Guillan vendian piñas
Fai anos os de Guillan vendian piñas

Baixaban as mulleres cos sacos na cabeza a vender

Anterior Volver á galeríaSeguinte

5 Comentario(s)
1 Así era polos anos 50 e 60.Xente de Guillán facian a "recolléita" de piñas pra iren a vendelas polas casas da vila(na maioria dos casos xa ian a onde llas encargaban).Nalgúns casos eran os únicos ingresos que tiñan, e noutros ,como axuda á uns ingresos paupérrimos cos que contaban ou contábamos pra ser mais exacto, na maioria dos fogares.Ian tamén nalgúns casos xente da Caldihuela, pero moitísima menos que de Guillán(unión piñera por excelencia).As casas da Caldihuela estaban ocupadas mais ben, en réximen de aluguer, por persoas que viñan de afora (Monforte ,León,etc) pra traballar nos talleres da RENFE .Dicir que cando baixaban á vila pra vender as piñas, ovos, galiñas, porcos,etc, habia que pagar no fielato o importe correspondente.No caso de Guillán o dito fielato estaba ubicado onde oxe se atopa o busto do Dr Moreira Casal,pegado mesmo ó lado da via do tren do ramal...Así era naqueles anos .Enrriba de caldo...sopa..Somos de Guillán de la unión piñera..........O do centro da fotografia é Torrado que foi empregado da RENFE. Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (13-01-2013 23:59)
2 Gracias Roberto gustounos moito o eu relato
Comentario por FAIADO (14-01-2013 08:49)
3 Creo que nunca conocí a nadie de esta parroquia. De Carril, Vilaxoán, Bamio, Cea, Sobradelo, Cornazo, etc. Ni chica, ni chico. Fui a Verbenas y fiestas de la comarca y nunca conocí a nadie de esta zona del Concello. Palabra, pero fue así. Si íbamos a las fiestas de Villanueva, por ejemplo, no se nos ocurrió ir a GUILLAN. Lo siento.
E mozas guapas hainas en todas partes.

"Lévame, lévame, lévame,
lévame a beira do mar;
lévame a mín queridiño,
Comentario por E. García - 16.01.2013 (16-01-2013 17:12)
4 Todo na vida ten unha explicación. Porque cando eu moceaba, p.ex., non había servicio de autobuses a lugares separados do centro da nosa vila, como Guillán. Eu nunca fun a esta Parroquia, si Parroquia é, que non o sei. E con outros lugares dentro do Concello, pasóume o mesmo.

Si foras ás festas de Guillán, non sabías o que te ibas encontrar... Un camiño malo. Máis lexos do calculado. Antes había lugares que non eran nada pacíficos, xa me entendedes por dónde vou. Teño estado nas festas de Cornazo, dónde eu vivía, e aquélo tiña de todo, porque non faltaba nunca a parexa da Guardia Civil, cos seus cabalos aparcados cerca, e dispostos sempre a "traballar" ó estilo da Benemérita, en aquél tempo.

Había na festa xente das parroquias cercanas, que non sabían vivir sin a correspondente gresca e sempre se buscaba algo que os provocaba, según eles. Era cando a parexa da G.C. os "poñían a andar" daquéla maneira que sabemos todos os que temos xa uns anos. Pero era raro que faltara algo deste tipo de "folclore".

Indudablemente estas cousas solían pasar despóis de certa hora, xa bastante avanzada, dónde solían estar casi sempre os mesmos, e se buscaban uns a outros, en vez de divertirse na festa rachada. Nas cantinas corría o viño coma no río e a xente estaba feliz. As veces había un descanso para que a charanga, orquesta, ou grupo de gaitas, foran cear e aproveitábase para rifar un carneiro, que tamén nos acompañaba na festa. E logo...

En aquéles tempos, anos coarenta e pico, en certos lugares do Concello non se aceptaba nada ben a presenza de mocitos do meu tempo, que iban á festa do lugar. Éramos moi finos, si os comparamos cos nativos da aldea... E como as mociñas nos viñan bailar, se armaba unha batalla campal. ¡Dios mío! Gracias a Dios a xente se foi poñendo en vida e todo eso foi desaparecendo das romarías. Tamén os chavales da Vila deixaron de ir lexos, para evitar líos.

Para acabar con esta crónica vou decir que antes, non tiñas medios, como hoxe. Nin coche, nin moto, si acaso unha bici, pero te podías quedar sin ela mentras ti o estabas pasando bastante ben. Pero o regreso che daba medo...
Nin luz había en certos camiños de esos mundos tan cercanos á civilización...
Vou deciros un secreto: Nin fun a esos sitios apartados, nin me pesou quedar, donde estiven sempre. Desprecio nunca.
.......................................
"Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar;
arboriños que plantei,
fontiña do cabañar"...
...............
"Cantares Gallegos"
de Rosalía (nosa Rosalía)
Santiago, 1837-1885

Comentario por E. García - Santiago (20-06-2013 09:58)
5 o señor do medio chamabase jose o Ferreiro vivía en frente a tienda de pedro ///oseñor dadereita eluis o rápido vivía frente o pilon ofrente taberna Troncoso//oseñor da izquierda señor ramón rey vivía no altodeportas
Comentario por raquel (13-07-2014 21:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0