lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O millo era importante |
|

Xente de Cornazo escronchando no millo na casa das Bolicas
donado por pili abalo
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
gustame moito esa foto |
|
|
Comentario por (04-05-2011 21:09) |
|
|
2 |
O máis vello de todos o da foto, é o abuelo, o Sr. Manolo (O Pelado). Non sei si este alcume lle sentaba ben oílo ou non. Tampouco o digo de mala fe. Ademáis fumos moi amigos, alá polos anos 50 e siguientes. Todos nos imaxinábamos que non está con nós, porque pasaron moitos anos. E os anos, pasan para todos, non para uns poucos.
En esta foto se pode ver, ademáis do vello, a súa dona (A Bolica). Ademáis dos fillos, e netos que enchen por completo a fotografía presente. Vívía esta xente nun Lugar chamado Loureiro. Un grupo de media ducia de casiñas que todo-los veciños se levaron sempre moi ben, gracias a Dios. En realidade se levaban tan ben, que todos parecían da familia. Conste que eu non minto.
Foi xente que sempre me caeu moi ben porque nunca foron interesados á hora de obsequiarnos con unha boa taza de viño "da casa". E xuro que aquélo era como falar con Dios. O vello che poñía na taza viño branco ou tinto, e calquera salía de alí cantando mellor que Manolo Escobar, cando andaba buscando o seu "Carro".
Cando nos encontrábamoslo camiño da Veiga, charlábamos das nosas cousas como fixemos sempre. E sempre me agradóu moito oír falar ós vellos, porque os vellos son os portadores da historia de calquer aldea ou familia.
Sinceramente, eu apreciábao moito porque era un veciño-vello. Eu, como veciño, e como vello, lle tiña a miña estima. Era un home de xenio ¡lástima fóra! Pero era unha persoa moi apreciada por todo o que representaba.
Ignoro canto tempo hai que se foi para non volver, pero algo de descanso tamén lle viña moi ben o pobre Manolo.
Tiña varios fillos meu amigo Sr. Manolo
Bautista, Josefa, Otilia e Manolo. Daquela sólo casóu Otilia con seu home chamado Angel Negro, como as cancións de Antonio Machín. Pero, con negro e todo, era boa persoa e vivía na parte alta da casa familiar. Tiñan varios cativos por aquél tempo...
E para rematar estas letras quero mandar un saúdo a toda esta familia.
E que Dios, tamén mire un pouco para esta familia nosa.
.......................................
"Non veñas con que me queres,
andando tanto en parolas;
que auga que moito se parte,
non mata á sede, nin molla"...
................
De M. Leiras Pulpeiro en
"POESIA GALEGA COMPLETA". ¡Vaia livro! |
|
|
Comentario por E. García - 24.03.2013 (24-03-2013 20:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|