lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A tarta foi de doce pisos
A tarta foi de doce pisos

15 de Octubre do 1961 boda na familia dos Camiño. ¡Casabase Pepe¡ Foi no Balneario, bodaza pra a epoca, na foto estan os noivos, Tutu que levaba un traxe rosa precioso, Juanita e o seu home (pais do noivo)Pura, casada con Manolo o irman do noivo, e tamen esta Carmen a de Cortegada, nai de Mercedes a noiva que ese dia especial, irradiaba distincion




foto donada por Manolo e Pura

Anterior Volver á galeríaSeguinte

5 Comentario(s)
1 Da tarta no me lembro, o que non se me esquence, é a nena que iva coma unha princesa, vestida de branco, peinada cun moño e porriba unha coroa, era Margarita Teijeiro, eu levaba unha saia plisada gris, de principe de gales, e un xersei amarelo feito á man, ¡ tería celos !
A nai de dita nena, Margarita, iva gupisima, era a madriña e lebaba sombreiro.
Miña nai,estaba seria, por que andaba no dentista arreglando a boca, daquela botaban unha chea de tempo, ¡ iso que era Rita Shelmán !
Anena que está no colo de Pura, é a filla Mª Esther.
Comentario por lolita camiño (18-08-2009 23:24)
2 O meu drama e que eu...¡Non queria ser princesa¡
De todolos xeitos Lolita e mais eu que compartimos unha parte da familia, vivimos algunhas das etapas da vida xuntas, ela non me tiña celos, e unha comedianta, queriamonos e tamen aprendimos xuntas...e seguimos aprendendo
Comentario por margarita (18-08-2009 23:33)
3 No voy a entrar en las discusiones de amigas, de princesas, de celos, ...
Quiero decir que me alegra que Lolita escriba comentarios. Me gusta lo que escribe. Tiene una memoria fotográfica increible.
Ahora falta que haga lo mismo Elena.
Comentario por Paco Salgado (19-08-2009 11:14)
4 Paco, non son discusións, son recordos da infancia, era meu irmán o que casaba, quen me traía os contos de fadas do quiosco de María, e as lambonadas da de Prada ó sair de traballar da caixa de vigo. Os celos son cousas de nenos, xa hai moito que deixamos de selo, pero o humor non o perdemos ¡ por moitos anos !
Agora, como di Sabina, las niñas ya no quieren ser princesas
Comentario por lolita camiño (19-08-2009 23:31)
5 Miña aboa Xoanita desde moi nova tivo que botarlle arreos a vida, quedou a cargo de seus irmans cando seus Pais morreron pero miña Aboa Xoanita conmigo sabia ser a Aboa mais tierna do mundo...Non sabia que facer cando ollaba os netos, non sabia que darnos, que ofrecernos era...¡Unica¡Por iso non podo esquencela.
Comentario por Susana Camiño (28-09-2009 19:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0