lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Viña de Nueva York |
|

Luis Carus tivera unha unica filla. Cando seus pais se separaron a nena era un bebe. Cando voltou era esta moza guapisima, que posaba asi para o seu pai na casa de S Lucia.
foto donada por Maricruz-realizada por Luis Carús
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
A moza é guapísima, sin dúbida, pero creo que esa finca é na casa de Trabanca Badiña, o muro tirouno a " piqueta " estes días, ( a ver que sae de aí )
Nesa casa naceu meu pai, sempre foi da familia Carus, a razón é que meus abos Anxel Camiño e Teresa Otero, eran os criados, alí casaron e tiveron dous fillos, Manuela e José ( meu pai ) Anxel facía as tarefas do campo, e Teresa o labor da casa, acomodaba os animais..ata fixo de ama de cria, dado que Luis Carus era do tempo do seu fillo José, mamaron a un tempo, ( irmáns de leite )
Alí viviron ata que compraron un terreo alí cerca, e fixeron unha humilde casiña, cun prestamo que lle fixo a familia Carus, unha especie de hipoteca ou algo así,
Anxel morreu cando os fillos tiñan 15 e 11 anos, xa na súa casa sin terra de seu, pra comer , tiñan vacas á ganancia ( en arrendamento ) José foi traballar á fabrica da madeira ós 13 anos pra trer un xornal á casa e paga-la deuda.
Hoxe vivo eu en dita casa. |
|
|
Comentario por lolita camiño (12-10-2009 18:15) |
|
|
2 |
ADICADO A MEUS ABOS
LABREGOS
Toda a miña xente
de labregos foi
xunguidos á terra
con xugo de bois.
Meu pai é labrego
labrego nacéu
e labra nos eidos
traballando a tren.
Meu pai é labrego
labrego nacéu
meu pai é labrego
sin terra de seu.
Meu pai é labrego
labreguiño eu son
pasarei a vida
xunguido ó terrón |
|
|
Comentario por lolita camiño (12-10-2009 18:23) |
|
|
3 |
La historia resumida, clara y concisa, del comentario 1, se complementa magníficamente con la poesía del comentario 2, configurando ambas un relato entrañable y familiar, como únicamente Lolita es capaz de hacer. Un abrazo. |
|
|
Comentario por Roberto Núñez Porto (13-10-2009 00:47) |
|
|
4 |
Voume permitir engadir este retallo.
A probiña de miña aboa, botou toda a súa vida " abafada " por ser filla de solteira, non tivo pai, nin apellido, cha mábase Teresa Otero, ( sin segundo apellido ) así figuraba no Xesistro Civil
¡ que tempos ! |
|
|
Comentario por lolita camiño (13-10-2009 14:38) |
|
|
5 |
Lolita,por suerte esos tiempos ya pasaron,lo que le ocurrio a tu querida abuela, paso con muchas familias ,incluida la mia,por eso se lo mal que lo pasaron esas personas.Un abrazo |
|
|
Comentario por Margarita Coello Nuñez (13-10-2009 16:04) |
|
|
6 |
Si tiña apellido o da sua Nai, o que pasaba era o oscurantismo creado pola cultura relixiosa. Os fillos de solteira eran como borrallas da sociedade, e suas Nais, unhas calqueira ¡Quen no lo iba a dicir¡ As solteiras adoptan nenos, os probeta, as de alquiler, como imos dando pasos pra diante. Porque a situacion da actualidade nin e contaxiosa, nin obrigatoria.Eu tamen quero lembrar aquelas mulleres que tiñan un fillo de solteiras e xa era botar terra por riba dos ollos, nin paseaban mais, nin mais mozo, nin mais cine, nin mais vivir, e marcadas co dedo toda a vida |
|
|
Comentario por margarita teijeiro (13-10-2009 16:12) |
|
|
7 |
Perdon polo erro na poesía, trabuqueime quixen decir A TREU ( que non é o mesmo ) |
|
|
Comentario por lolita camiño (14-10-2009 12:41) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|