lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os tempos son chegados |
|

Estimados/as Amigos/as:
Non sen tempo estamos activando o blog no que concerne a subida de fotos.
Un tanto agotados, con medio Faiado coas pilas postas (Margarita estivo coidando o forte durante a ausencia do señor Antonio), intentamos satisfacer as peticións, como facían os antigos programas radiables, dos nosos queridos internautas.
O problema é satisfacer estas peticións (que sempre van cantando aquilo de mas y mas y mucho, mucho, mas...) e o mesmo tempo escanear novas fotografías e dixitalizar películas de super 8 que nos van chegando.
Isto é un sin vivir.
Bueno, pois aquí vai unha nova remesa de material. Vamos a ir contando según vai increscendo a cantidade de material subido:
Na galería de Os amigos, unha fotografía, o mesmo na de Soan Campás de Voda e Tempo de entroido. Na de A Vilagarcía de onte, tres, na de Personas recordadas, 8 e na de Familia, outras oito. Damos un salto cuantitativo con Dando a nota con 18 fotografías e chegaron por correo...electrónico con 25.
En total 65 novas fotografías.
É o momento de retirarme os meus aposentos e encomendar o meu corpo a Morfeo nun acto sublime e redentor. E, mentras tanto, vostedes disfruten, para poder ver, o despertarnos nós, eses centos de comentarios que teremos que recolocar no blog.
¡dios mío,... máis traballo!
P.D. ¡Perdón!. O que é ter a cabesiña mal colocada por isto do calor e o exceso de traballo, esquenciame de decir que tamén se subiron 21 fotografías na galería de O Carril. Casi nada, como se me poden esquencer tal cantidade de fotografías. Coido que terei que volver para Andorra posto que non se me deberon recargar ben as pilas.
Ou sexa que ó final subíronse 85 fotografías.
Sigan disfrutando. Desta si que vou para a cama. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|