lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA

Nominada aos premios Youtubeir@s 2022

REMOVENDO A TERRA

Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022

RESONANCIAS DO PASADO

Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022

Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021

EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.

Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)

Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo

THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Facendo os deberes da mañán

A quen madruga... pero non creo que sexa sano.

Iso debe de pasar porque isto de levantarse as seis e media da madrugada, porme diante do ordenador e comenzar a preparar fotografías para logo, no auditorio, comenzar a subilas a rede non creo que sexa de personas que teñan a cabeza ben amoeblada. Polo menos non con madeiras nobles, como moito contrachapado barato.

Pero é o que hai, pouco e mal repartido.

E, entre arreglo dos retoques para a instalación da exposición unha década de historias na rúa (o remate deste post indico onde) e outras actividades, vou subindo pouco a pouco unha nova serie de fotografías.

Estas 17 que acabo de instalar no blog corresponden as galerías O carril e Atopando detalles, con 12 e 5, respectivamente.

O longo do día intentarei ir colocando algunhas mais, que xa preparei, nos distintos estantes das nosas galería para que vós podades recollelas tranquilamente e alimentar as vosas memorias para que xurdan do voso interior esas historias que tíñades afastadas nun recuncho do cerebro.

Porque non só vivimos de identificacións, que é o mais importante, tamén queremos historias saidas, vividas personalmente ou que os vosos pais ou avós os contaron ou contan. Historias que nos reencontren co noso pasado. Co noso vivir (ou malvivir). Queremos crear esa historia de microhistorias que conforman unha vila como esta na que vivimos ou nacéchedes. E historias do recorrido. Do que tivéchedes que andar. Do que estades ainda andando. De emigración e inmigración. De traballo e festa. Só vos sabedes o que tedes que contar posto que só vos o vivíchedes.

En canto a exposición dos anos 60, en colaboración con Zona Aberta, podemos contaros que estará nos seguintes establecementos: Boutique del Fumador, Santa Rita, Para el, Xoguetería Codi, Calzados Yosu, Tenda Nosa, Galerías Eduardo, Moto Bazar e Muebles Saavedra.

Posteriormente daremos cumplida información, plano e ubicación dos distintos paneis e vídeo.

De momento esperamos que disfrutedes co que acabamos de subir.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-08-2009 13:45
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Queridos amigos yo tampoco puedo dormir y tambien voy a enfermar,"por vuestra culpa".Pero yo en#blgtk08#cantada,SARNA CON GUSTO NO PICA.Gracias por vuestro esfuerzo,cada día este blog es mejor .bicos
Comentario por margarita coello (11-08-2009 03:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0