lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A illa de Cortegada |
|
Roque Ramos naceu na illa de Cortegada. Alí tiña a súa casa, as súas fincas, o seu barco. Transcurrido o tempo casouse cunha veciña súa que, só un ano despois da voda, morría a consecuencia dun parto. Contan que Roque criou a nena, nacida daquel fatal alumbramento, metendoa nun forno de pedra que tiñan na casa.
Volveuse a casar con Dolores Cea, coa que tivo varios fillos. Roque morreu por causa dunha caida do cabalo na illa. Os fillos fóronse casando e marchando do lugar. Só quedou Pepa, a súa filla máis pequena que, en 1900, casouse con José, un veciño do Carril. A voda foi en Cortegada e cóntase de que os pasteles do convite encargáronllos a pastelería de Poyán, en Vilagarcía, e que, enriba, estaban malos e que a consecuencia daquelo moitos tiveron que utilizar a flora da illa da illa para limpar os efectos do que o corpo lle pedía desaloxar.
A parexa quédase a vivir en Cortegada, na casa de sempre. José vaise embarcado na compañía Transmediterránea, onde o irmán maior de Pepa tiña un cargo importante.
O 15 de agosto de 1905 recibe un telegrama no barco co remite da súa muller. Acababa de ter un fillo. E como eran moi ?orixinais? puxéronlle de nome, José.
Pouco tardaron en chegar pola illa os rumores das ideas dun ?grupo de notables? de Vilagarcía e contorna de que querían regalarlle a illa ó rei. E, claro, regaláronlla.
A Pepa déronlle unha casa no Carril preciosa. Polas mañás abría as contras e Cortegada estaba enfrente. Pero ela estaba na orela contraria. Era como sentirse dentro dun espello. Agora era parte da paisaxe que levaba ollando toda a súa vida desde a ?súa casa?. Nunca sentiu súa esta outra casa, nunca lle gustou. Tamén, como compensación a expropiación forzosa, déronlle unha cantidade de diñeiro coa recomendación de que o ingresase na ?banca Deza? propiedade dun daqueles notables que ofreceron o regalo. O pouco de ingresalo diñeiro na ?Deza? esta creba, quedándose con todo o diñeiro dos illanos que confiaran nos seus consellos. Agora xa estamos sen terras nen diñeiros.
Pero esta historia non podería rematar mal, pero como isto non é un conto nin unha película, senón que é un feito verdadeiro, as cousas acaban ben para quen non son os nosos protagonistas: os herdeiros da ?banca Deza? volveron a abrir outro banco en Santiago anos despois.
Na parte superior temos unha fotografía donada por Paca Berride, onde vemos a un grupo de mariscadoras traballando nos viveiros coa illa de Cortegada o fondo. Desde a dereita a esquerda temos a Carmen, Xefa e Paca Berride Teijeiro. A súa beira o seu home, González. Paca, que estaba embarazada de Chicho Berride, deu a luz o día seguinte de sacar esta fotografía. |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
no es porque me toque en la familia pero no e visto otra fotografia mas bonita #blgtk08#en el ordenador. gracias. ramon berridy fernadz chito. |
|
|
Comentario por +chito (09-12-2010 13:17) |
|
|
2 |
¡Si que verdade¡ ¡¡Preciosa fotografia ¡¡E o digo si pasión xa que non c#blgtk08#oñezo a naide da mesma.¡Con que ledicia ian o traballo¡Maravilla¡.Saudos |
|
|
Comentario por Roberto Ocaña (10-07-2011 01:36) |
|
|
3 |
Tienen razón es una de las fotografías más bonitas de o faiado,la de la derecha es Juaquiniña,mujer de Elixardomadre de Elix#blgtk08#ardo,Mº Jesús Joaquina y el pequeño,que tenía el Xentes en Villagarcía ,qepd,muy querida su familia entera en mi casa
|
|
|
Comentario por Isabel Garrido Castromán (13-07-2011 02:04) |
|
|
4 |
Bueno !! estaba dando un repaso ó blog e o mirar esta foto, publicada os comezos, 07 02 2009 sorprendéronme os recentes comentarios.
Roberto, sí que é bonita a fotografía, xa no da ledicia... non te creas, a que está mais sonrrinte, ( Xefa ) por que é a mais nova, pero o resto...xa non poden ca alma.
Ar#blgtk08#re demo !! Isabel, non me digas que non recoñeces a ningén, sonche meus tíos, Juan Gonzalez Alonso ( o bicho ) e Paca Berride Teijeiro ( a grou ) e as irmans, Xefiña e Carmen ( a Margarita ) no viveiro de Cortegada. Si leedes ben o pé de foto, xa está todo dito, por certo ! Chicho, chámase Antonio Gonzalez Berride. |
|
|
Comentario por lolita camiño (08-08-2011 00:49) |
|
|
5 |
Esta foto é fermosa de verdade. Se ve que hai moitos anos que se fixo, porque daquéla non había tasa (que eu sepa), para coller o marisco que se quixera. Despóis viñeron os tempos de vacas flacas e esto nótase moito, porque nunca podes saber hasta cándo vai durar ésto...
Xa sabemos que hai moita diferencia entre o que perciben os mariscadores e o que pagan os interesados... Sempre foi así. "Non o que máis traballa e o que máis gaña". Moi certo o texto deste refrán... Pero ten que pensar o mariscador que unha empanada de berberechos, pagados por kilo, costa un huevo ésa empanada. Eu, que xa non son ningún rapaz, teño que decir que a mín esto, de cobrar por báscula, me parece que estamos falando de outra cousa. Si pagamos o marisco a 20 euros, esto sale a 3.200 pts. kilo. Si descontas as cunchas ¿cánto me custa o que se come? ¡Despóis falamos do precio do caviar!... ¡Manda carallo!.
De#blgtk08#ntro de pouco, non se vai poder facer unha empanada. Os berberechos, as sardiñas, o bacallau con pasas. ¡E a xente no paro, sin cartos!
Sin necesidade de facer números, reconózcamos que o bacallau, co caro que é, nos demostra que é o máis barato para unha familia... Cantos máis barcos hai no mar, o peixe e moito máis caro. Vale a pena ir hasta o extranxeiro de fôra a comprar marisco barato. ¡De pena! Por éso non deixan comer catro berberechos nas praias. ¡De vergonza!
Para facer unha empanada de berberechos necesitamos máis de 50@.
Non me extraña que os mariscadores (algúns), teñan coches caros...
......................................................................
"O San Benito de Lérez,
o que lle foron a armare;
que tiña un homiño morto,
que tiña un homiño morto,
debaixo de seu altar"...
..................
|
|
|
Comentario por E. García - Santiago (31-01-2014 21:13) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|