lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

INTRODUCIÓN Ó PROXECTO
rúa a Marina a partires da rúa de Colón no tempo previos ós recheos.Ábrese este blog (con galería de imaxes) co fin de dar a coñecer e transmitir o traballo que se está a realizar tanto desde a Asociación "O Faiado da Memoria" como do "Arquivo Social da Memoria" dependente da Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

A función, tanto da asociación como do arquivo do concello é a de recuperar todo tipo de material gráfico, audiovisual, documental, sonoro e oral do concello de Vilagarcía e comarca.

A día de hoxe, febreiro de 2009, cóntase con máis 7.000 elementos gráficos de diveros pobos como A Illa, Catoira, Baiona, Gondomar, Oia, Cangas e Vilagarcía. Sendo, a maior parte, uns 6.000, desta última vila. A isto emos que sumarlle as 30 horas de testemuños personais gravados en vídeo sobre as súas vivencias. Son relatos de vida que, de non telas recollido a tempo poden desaparecer irremedablemente.

E só estamos comenzando.

Por iso nace este blog, para que todos podan ter acceso desde a sua casa ou traballo, desde Vilagarcía ou desde calqueira lugar do mundo. Este é un espacio aberto a participación. Non só un escaparate do traballo realizado, tamén é unha porta para poder pasar, deixalo comentario sobre as imaxes que vamos colocando. As impresións ou recordos que lles traen. A identificación das mesmas. A correción dos datos que figuran nelas xa que moitas non contan cunha identificación precisa nen o seu donador ten unha información precisa sobre ela. Este é un lugar para colaborar.

Pero esta porta tamén invita a pasar fisicamente. Nun espacio preparado pola Concellería de Cultura donde calqueira persona poderá porse en contacto con nos para recoller (exactamente en copiar) as súas testemuñas ou documentos e poder así seguir facendo crecer este Arquivo Social.

¿Cal é a nosa forma de actuación?

Unha vez postos en contacto cunha persona ou familia, ben por iniciativa nosa ou pola de ela, acercámonos o seu domicilio levando con nos levando un ordenadr e un escaner para realizar, no propio fogar do donante, o copiado de todo o material que el teña a ben de cedernos. Isto é importante xa que é premisa importante do proxecto non sacar nin fotografías nin documentos das casas para evitar "desaparicións" dos mesmos.
En caso de elementos como grandes negativos fotográficos ou películas que non podemos realizar copias alí mesmo teíamos que vernos obrigados a levalas pero sempre mantendo a seguridade do que se nos entrega.

Este material formará parte dun arquivo que estará na Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía para uso e disfrute de calqueira persona ou ente, público ou privado. O material estará catalogado co fin de que cada elemento gráfico, sonoro ou audiovisual sexa facilmente localizable.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2009 18:35
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Desde que FEXDEGA comenzóu a funcionar, o mar o foron achicando para dar paso a ésas edificacións que agora forman parte do noso Patrimonio arousán. Estóu de acordo que hay moitos anos o mar o tíñamos máis cerca, pero, non obstante, as fanecas pasaban de largo e non viña ningunha para a pota.

É gracias a todo cánto se fixo alí nos terrenos de FEXDEGA temos unha chea de metros cuadrados que son unha gloria velos é ben que a xente disfruta de todo canto vemos. ¡Os cines! O Salón de Actos (ou cómo se chame), ¡todo está la mar de ben! É tamén creo que todo cánto sexa roubarlle ó mar, tampouco está tan mal, porque o mar é moi grande. Se fixo un lugar de ocio, para que o povo disfrute. Haiche boa diferencia entre ése povo é o que eu deixei no 1956. ¡Non había outra cousa, máis que pasear desde o Teatro Cervantes hasta o final da Alameda (Calicó). Hasta que as suelas xa non podían máis... É daquéla, unhas medias-suelas costaban 25 pesetas daquélas... Quizá o amigo "Subela" o fixera máis barato, pero...

Aquéles desagües que salían ó mar, tampouco eran un motivo de beleza. Porque daquéla... Xa sabemos cómo estaba todo. Eu teño visto tirar ó río animales domésticos de gran ta#blgtk08#maño na zona próxima á casa dos Gallego... ¡E naide se asustaba! Agora con éso da caducidad o mundo se volvéu tolo. Pasa na miña casa con moita frecuencia. Antes non había nada de esto, é non morría ninguén. Agora, a fecha "ésa" é moi importante. Sinceramente, eu aínda sigo naquél mundo de antes, porque sempre me berran polo mesmo, cando compro cousas de alimentación. É berramos coma cáns, porque os vellos pensamos "pola vella"... Agora sei
que hasta caduca o aceite. ¿É o sabrán tamén nos Restaurantes? Porque aquí, sempre houbo moita picaresca, como sabemos todos... ¿Quén di a verdade?
¿Quén sabe o que se come nos Restaurantes?

Hai máis de 50 anos había en certa cidade de Galicia un Bar que traballaba moito, porque había calidade no viño que se vendía. Cando na taza quedaba algún líquido do Ribeiro, volvía para a xarra... Polas mesmas fechas, había outro Bar, dónde non se lavaba a louza. E podo asegurar que a clientela era do mellorciño que había na cidade. ¡Aquélo era unha mina! Tanto nun Bar, como no outro... É todo-los clientes sabían da escasa sanidade que había. Hoxe non existe ningún dos dous Bares... ¡Puto mundo!
Porque non todo é o que parece.
Comentario por E. García - Santiago (13-04-2015 11:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0